PRETO DE 40.000 ESCOLARES DE EDUCACIÓN ESPECIAL, INFANTIL E PRIMARIA COMEZAN HOXE O CURSO 2016/2017 EN VIGO E A SÚA ÁREA
- A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, e o xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación, César Pérez Ares, asistiron ao inicio do curso na EEI Monte da Guía.
Vigo, 12 de setembro de 2016.- Hoxe luns 12 de setembro comezou o curso escolar 2016/2017 para preto de 40.000 nenos e nenas de Educación Especial, Infantil e Primaria dos centros educativos situados no ámbito da área territorial de Vigo.
Concretamente, e segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación, son 39.765 os escolares matriculados na área chegando a cifra de Vigo cidade aos 24.095 alumnos e alumnas, tendo en conta o dato de matriculación dos centros públicos coma dos privados e/ou concertados. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.
No que respecta aos datos de Educación Infantil, neste curso comezan as clases un total de 12.253 nenos e nenas na área territorial de Vigo mentres que no que respecta á Educación Primaria a cifra é de 27.169 escolares. Por último, os alumnos de Educación Especial que hoxe comezaron o curso son un total de 334 tendo en conta os centros de Vigo e área. Tamén comezaron a funcionar os servizos de transporte e de comedor escolar.
EDUCACION INFANTIL 2016/2017 | EDUCACIÓN PRIMARIA 2016/2017 | EDUCACIÓN ESPECIAL
2016/2017 |
|
Salvaterra do Miño | 242 | 537 | |
Cangas | 726 | 1.657 | 5 |
Moaña | 423 | 1.061 | |
Baiona | 241 | 551 | |
Fornelos de Montes | 27 | 56 | |
Gondomar | 399 | 664 | |
Mos | 582 | 1.242 | 7 |
Nigrán | 415 | 986 | 50 |
Pazos de Borbén | 54 | 136 | |
O Porriño | 566 | 1.169 | 34 |
Redondela | 626 | 1.548 | |
Salceda de Caselas | 277 | 561 | |
Soutomaior | 252 | 562 | 5 |
Vigo | 7.423 | 16.439 | 233 |
Total | 12.253 | 27.169 | 334 |
A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes Romero, e o xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación, César Pérez Ares, asistiron hoxe ao inicio do curso na EEI Monte da Guía, que conta con alumnado entre 3 a 6 anos e que, coma resaltou a secretaria territorial, é “pioneira” e todo un referente en proxectos educativos para os escolares. De feito, acadaron diversos premios no curso 2015/2016 a través de Voz Natura ao Mellor proxecto, mellor blog e mellor vídeo. Acompañados pola directora do centro, María Jesús Iglesias, e polo alcalde Abel Caballero, coñeceron as aulas de 4 e 5 anos.