A XUNTA FORMA E AMPLÍA AS OPORTUNIDADES LABORAIS DE 15 MOZOS E MOZAS MENORES DE 30 ANOS DE REDONDELA CO OOEE EMPREGA XOVE II

  • Este programa mixto de formación e emprego conta con dúas 14092016_ooeexuvenilredondelaespecialidades: deseño de produtos gráficos e pintura decorativa en construción
  • A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, deron a benvida aos 15 rapaces no Multiusos da Xunqueira

 

Vigo, 14 de setembro de 2016.- A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, deu comezo hoxe no Multiusos da Xunqueira de Redondela o obradoiro de emprego específico para menores de 30 anos Emprega Xove II, no que se ofrece formación e traballo a 15 mozos e mozas desempregados do municipio durante 6 meses.   

 

A iniciativa forma parte do programa de Garantía Xuvenil e para a súa posta en marcha a Xunta inviste máis de 130.000 euros. Este tipo de programas mixto de formación e emprego se centran na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo para os menores de 30 anos que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

 

Neste caso concreto, o obradoiro formará a 15 mozos e mozas nas especialidades de deseño de produtos gráficos (7 persoas) e pintura decorativa en construción (8) durante 6 meses onde ademais de recibir formación tamén percibirán o salario mínimo interprofesional.

Ademais, ao remate do Obradoiro os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.  

 

O fin do obradoiro é a formación nestas dúas especialidades e, concretamente, entre os obxectos de actuación atópase o arranxo e pintado interior dos parámetros verticais e horizontais do edificio multiusos substituíndo as pezas de pladur ou escaiola que se atopan deterioradas así como o pintado do conxunto do edificio, e tamén a realización de proxectos de deseño gráfico e multimedia para os departamentos de desenvolvemento local, biblioteca, servizos sociais e participación cidadá.  

 

A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, acompañaron ao alcalde de Redondela, Javier Bas, hoxe no inicio do obradoiro, onde deron a benvida aos 15 participantes ademais de saudar ao persoal a cargo do mesmo.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: