CULTURA E EDUCACIÓN ANALIZA COAS EMPRESAS O CRONOGRAMA DA VOLTA AS AULAS DOS ALUMNOS AFECTADOS POLAS CHOIVAS NOS CEIP DE A LAMA E DOUTOR SUAREZ (FORNELOS DE MONTES)

  • A Xefatura Territorial da Consellería na provincia de Pontevedra acordou o remate das cubertas de ambos centros e a limpeza dos mesmos antes do regreso ás clases
  • As empresas comprometéronse a asumir o importe de danos en instalacións e material

     

    Pontevedra, 14 de setembro de 2016.- O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, mantivo esta mañá unha reunión coas empresas que están a levar a cabo os traballos de reposición das cubertas dos CEIP A Lama (no concello do mesmo nome) e no CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes) co obxectivo de acordar un cronograma de traballo de cara a poder concretar o regreso as aulas dos alumnos afectados polo temporal de chuvia do pasado luns.

     

    Na reunión estiveron tamén presentes os responsables da Unidade Técnica da Xefatura Territorial de Educación, así como da Inspección Educativa. 

     

    As dúas empresas comprometéronse a a asumir os danos causados por dito temporal  e a rematar nos próximos días as cubertas principais.

     

    “O obxectivo principal é garantir a seguridade e que os nenos e nenas poidan volver as aulas no menor prazo posible”, explicou Pérez Ares.

     

    Así, no caso do CEIP de A Lama, que sufriu danos de menor contía, os traballos de finalización da cuberta agárdanse que estean listos nos próximos días de cara a que os alumnos poidan iniciar o curso o próximo luns. O venres visitarán o centro os inspectores de educación e o director de obra para comprobar que todo está en orde e que se pode regresar as aulas con total seguridade. “As obras dos remates da cuberta se realizarán posteriormente sempre en horas non lectivas”, engadiu Pérez Ares.

     

    En relación ao CEIP Doutor Suárez de Fornelos de Montes, o xefe territorial insistiu á empresa en que debe traballar para rematar a cuberta o próximo fin de semana, cara a que os traballos estean rematados o luns, día 19.  Ademais, durante os próximos días tamén se limpará o centro e se ventilará para que ese mesmo día o inspector e o director de obra poidan comprobar o centro co obxectivo de que os nenos poidan volver ás aulas o martes ou o mércores, segundo a previsión que manexa a Xefatura Territorial.

     

    A Inspección Educativa xa deu traslado destas decisións tanto aos equipos directivos de ambos colexios como as Anpas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: