O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL DESTACA A IMPORTANTE LABOR QUE REALIZA A ASOCIACIÓN BOA VIDA NA LOITA CONTRA A POBREZA E A EXCLUSIÓN

  • CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL. PONTEVEDRA .O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, visita as novas instalacións da Asociación Boa Vida (rúa Marquesa, 5- 2º, Ofic. A).

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL. PONTEVEDRA .O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, visita as novas instalacións da Asociación Boa Vida (rúa Marquesa, 5- 2º, Ofic. A).

    Arturo Parrado visitou hoxe o novo emprazamento desta institución radicada en Pontevedra

  • A entidade conta con novas instalacións nas que desenvolven actividades formativas e de reciclaxe

Pontevedra, 14 de setembro de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe as novas instalacións da Asociación Boa Vida, unha entidade pontevedresa de loita contra a pobreza e a exclusión social.  

O titular do departamento autonómico de Política Social destacou o labor que este tipo de entidades desenvolven en prol da construción dunha sociedade xusta e inclusiva. “Fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e do traballo en equipo é o bo camiño que segue Boa Vida”.

Arturo Parrado destacou a capacidade da entidade de adaptarse e ampliar os seus servizos para dar resposta ás novas realidades e necesidades sociais. A Xunta de Galicia vén colaborando cos servizos que presta esta institución benéfica, a través de axudas para poñer en marcha diversas actividades como a formación no campo da fibra óptica e os obradoiros de reciclaxe téxtil e competencias biopsicosociais e reciclaxe de chatarra téxtil.

Así mesmo, a Consellería de Política Social colabora con Boa Vida na execución do programa Itínere, unha iniciativa especial de formación e emprego enmarcado no Programa operativo do Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9: promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

O director xeral lembrou que na Consellería de Política Social, “temos todos os nosos esforzos postos en axudar a aquelas persoas que se atopan en risco de exclusión social”. Ao fío disto, lembrou a continuidade dos convenios asinados con organización e colectivos sociais, “cuxo traballo a prol das persoas máis vulnerables é unha peza vital dentro do amplo tecido solidario galego”, concluíu o titular autonómico.  

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: