Archive | septiembre 14, 2016

CARLOS ALBA PROFUNDIZA EN EL ALMA DEL ESTE LONDINENSE A TRAVÉS DE SUS NIMIEDADES

unnamedLa exposición, que se inaugurará el próximo 17 de septiembre, recoge el trabajo del fotógrafo español a su llegada a Londres 

Como inmigrante en una ciudad nueva y en cierto modo, inabarcable, Carlos Alba, fue construyendo su propio mapa de Londres y de sus habitantes a través de los objetos que iba encontrando por las calles de la ciudad 

La Fábrica ha editado un libro con el mismo título de la exposición que reúne las imágenes que ahora se exponen 

The observation of Trifles podrá visitarse hasta el próximo 1 de noviembre

A exposición ‘Festas do Cristo do Porriño’ bota unha mirada aos últimos cen anos

expo-imaxe-a70 fotografías, pertencentes ao Fondo de Imaxe Municipal, e tomadas nos últimos cen anos, son o tema central da exposición que se inaugura este xoves, día 15, ás 8 da tarde, no Centro Cultural Municipal, baixo o título ‘As Festas do Cristo do Porriño’,e que son unha das partes centrais do programa das Festas do Cristo deste 2016.

Precisamente, esta festividade, as máis importantes do ano para os veciños, son o núcleo desta exposición que bota unha ollada á celebración do Cristo, con imaxes de 1913, 1915, das décadas do 20, 40, 50, e seguintes do século pasado.

Acompañadas con textos explicativos, a exposición, que estará aberta ata o 7 de outubro, amosa a evolución da Festa do Cristo, das procesións, co seu ‘carro triunfante’, no que se trasladaba a imaxe, dos costumes, o xeito de vestir, dos músicos, os xigantes, os cabezudos, os cativos e toda a escenografía ao redor dunha tradición que chega coa mesma forza e o mesmo interese ata os nosos días.

Reinicio das actividades do Punto SmartPeme do Porriño

Os Puntos SmartPeme retoman este xoves, día 15, os talleres de capacitación tecnolóxica con unha nova proposta ‘ A túa páxina web en 90 minutos’, que terá lugar ás 19:00 h. no Punto SmartPeme de O Porriño (Multicentro do Concello do Porriño  en Torneiros).

Neste taller amosarán coma se pode crear a web dun negocio de xeito rápido e áxil, cunha ferramenta sinxela de empregar, sen necesidade de coñecementos técnicos e que permite xestionar e dinamizar a coito os contidos da mesma. Ela será o noso escaparate en Internet e onde os usuarios e clientes poderán atopar os nosos datos e información sobre servizos e produtos.

Os interesados poden confirmar a súa asistencia chamando ao 886 20 20 20, darse de alta no portal SmartPeme- http://www.smartpeme.depo.es- e cando sexa validado coma usuario, xa será posible a inscrición neste e noutros talleres o unas sesión de asesoramento TIC, sen custo algún, para autónomos e pequenas empresas da provincia.

Concentración para esixir o soterramento das vías do tren ao seu paso polo centro do Porriño

Todos os grupos da Corporación do Porriño, acordaron este martes, durante a reunión da Xunta Municipal de Voceiros, convocar unha concentración o venres día 30 de setembro, para esixir o soterramento das vías que pasan polo centro da vila.

O Concello dirixirase ao Goberno do Estado e aos responsábeis do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF )para concretar a aprobación dun proxecto que acabe co paso do tren polo medio do Porriño, unha reivindicación que data da metade do século pasado e que nestes 60 anos non foi atendida, maila aos accidentes e a perda de vidas nestas décadas.

Hai exactamente un ano, a alcaldesa, Eva García de la Torre, mantivo en Madrid unha xuntanza con Javier Gallego, daquela director xeral de Explotación e Construción de ADIF, na que Gallego comprometeuse a que o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias financiaría a metade das obras de soterramento.  Aquela reunión fora solicitada por García de la Torre logo dos persistentes fallos de seguridade nas barreiras do paso a nivel, que non se baixaban cando pasaba o tren, co conseguinte perigo extremo para os cidadáns.

Pasado este tempo sen ter máis novas de ADIF, e logo de que a Corporación aprobase pedir á Xunta a cesión da titularidade de  Progreso y Buenos Aires- dúas calles clave porque nelas hai que acometer varias obras que permitan o soterramento das vías- o pasado 31 de agosto, apenas dúas semanas antes do accidente, a alcaldesa solicitou unha xuntanza coa actual directora xeral de Explotación e Construción de ADIF, Isabel Pardo, para retomar este proxecto, petición que, a día de hoxe non foi atendida.

Unha vez máis, a alcaldesa,no nome da Corporación, volverá a dirixirse aos máximos responsábeis das comunicacións e infraestruturas de España, o presidente do Goberno e o ministro de Fomento, que estiveron no Porriño o mesmo venres do accidente e puideron comprobar, en persoa, os danos, e aos directivos de ADIF, para que concreten os prazos para o inicio deste proxecto.

A Corporación cre que a traxedia ocorrida o pasado venres, día 16, na que perderon a vida catro persoas e outras 49 sufriron feridas de distinta gravidade, é unha dolorosa e terrible proba de que é necesario que o ferrocarril deixe de transitar polo centro do concello, de xeito que se garanta a seguridade, tanto das veciñas e veciños do Porriño, coma dos usuarios dos trens que pasan pola vila.

 

Gabinete Prensa Concello do Porriño                             prensaoporrino@concellodoporrino.net