Archive | septiembre 15, 2016

A XUNTA ANALIZA COA ALCALDESA E COLECTIVOS DE MOS O PROXECTO QUE INTEGRARÁ A ZONA DO APARCADOIRO E DO CEMITERIO DE PETELOS NA ÁREA DA CASA CONSISTORIAL

15092016_planhurbemos2A secretaria territorial da Xunta en Vigo e o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente achegáronse ata o Concello invitados pola alcaldesa para supervisar o proxecto e o inicio da obra, que está na última fase de adxudicación 

  • O departamento autonómico investirá máis de 385.000 euros nesta actuación, que se inscribe dentro do convenio rubricado ao abeiro do Plan Hurbe.
  • Mos, 15 de setembro de 2016.- A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes Romero, e o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Alberto Fuentes, trasladáronse hoxe ata o Concello de Mos invitados pola súa alcaldesa, Nidia Arévalo, para analizar o proxecto de mellora que permitirá a integración da zona do aparcadoiro e do cemiterio municipal de Petelos na área da Casa Consistorial. No encontro tamén estiveron presentes membros do seu equipo de goberno así como os colectivos de veciños e veciñas interesados pola intervención que vai a levar a cabo a Xunta de Galicia.  
    A actuación enmárcase dentro do convenio de colaboración firmado entre a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a rexedora municipal dentro do Plan Hurbe e polo que a Xunta investirá máis de 385.000 euros. Os representantes autonómicos achegáronse ata o Concello para supervisar tecnicamente o proxecto e realizar o exame previo á adxudicación definitiva da obra, que leva a cabo a Administración galega e que se atopa na súa última fase coa estimación de rematar os trámites administrativos a vindeira semana e o inicio da obra no período dun mes. O arquitecto municipal e redactor do proxecto, Manuel Toucedo, foi o encargado de explicar e resolver as dúbidas existentes.
    Segundo o convenio rubricado, a actuación responde ao programa de humanización de rúas e urbanización e mellora de espazos públicos. Deste xeito, con esta obra se mellorará a calidade de vida dos máis de 15.000 veciños e veciñas do municipio sendo o obxectivo final o de integrar estes espazos na contorna, apostando pola humanización que rodea a casa consistorial. No que se refire ao aparcadoiro, executarase unha área superficial como continuación da praza da igrexa e prolongarase o pavimento e plantarase céspede, dando unidade ao conxunto e permitindo usos puntuais diversos cando sexa necesario (festas patronais, manifestacións relixiosas, etc.). Tamén se delimitará o acceso rodado e peonil ao cemiterio de Petelos, achegando comodidade aos veciños ao mesmo tempo que se mellora o aspecto visual do contorno.
    Trátase da terceira actuación que se executa neste concello a cargo do Plan Hurbe, pois en 2010 levouse a cabo o acondicionamento e pavimentación da contorna da igrexa de Santa Eulalia, cun investimento de preto de 95.000 euros; e no pasado ano executouse a reposición dun muro de contención en A Rans, na parroquia de Tameiga, cun investimento de 45.000 euros. Así, o investimento desatinado ata a data en Mos a través deste programa achégase aos 525.000 euros.

    Plan Hurbe

    Esta actuación inscríbese no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 polo Goberno galego e que ten un triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial en Galicia. Para conseguilo, o Plan Hurbe inclúe tres programas de actuación: humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos públicos, referidos especialmente aos de carácter cultural e social.
    Ao abeiro do Plan Hurbe, téñense executado 105 actuacións, cun investimento total de 112 millóns de euros. Para este ano, o investimento para toda Galicia ascende a uns 11 millóns de euros: 6 millóns previstos nos orzamentos, máis unha ampliación de 5 millóns grazas ao orzamento recibido polo cumprimento da comunidade autónoma co déficit.

Presentación de la revista «Orphanik»

unnamedEl próximo miércoles 21 de septiembre a las 19:30h, La Fábrica acoge la presentación de la revista «Orphanik», una nueva publicación especializada impulsada por el crítico de cine Jordi Costa (El País, Fotogramas) y sus alumnos de la Escuela de Escritores.

«Orphanik» supone un nuevo proyecto editorial de la Escuela de Escritores. Desde los cursos anuales de crítica de cine que Costa imparte nació la idea de crear un blog especializado que terminó convirtiéndose en un proyecto en papel con 250 páginas y más de 70 críticas. Para el acto contaremos con la presencia del propio Jordi Costa y deGermán Solís, subdirector de la escuela. Además estarán con nosotros buena parte del equipo de la revista.

¡Te esperamos!

REY VARELA CELEBRA OS CEN ANOS DA INAUGURACIÓN DA ESCOLA OBREIRA DA SECN QUE “CONVERTEU UN MOVEMENTO INDUSTRIAL, ECONÓMICO E SOCIAL EN PARTE DA NOSA CULTURA”

  • O conselleiro de Política Social participou esta tarde en Ferrol no arranque dos actos conmemorativos do centenario desta institución

 

Ferrol (A Coruña), 15 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no serán de hoxe na inauguración da exposición con motivo do centenario da Escola Obreira da Sociedade Española de Construción Naval (SECN). Na súa intervención, Rey Varela destacou a esta institución como unha entidade que contribuíu a espallar polo mundo o nome de Ferrol e Galicia “primeiro co seu traballo e agora coa súa memoria”. Unha institución, engadiu, que converteu “un movemento industrial, económico e social en parte da nosa idiosincrasia, en parte da nosa cultura”.

 

No acto que tivo lugar na Sala Carlos III da Exponav, o responsable da carteira social lembrou que a Escola Obreira naceu en 1916 “como un recinto onde os fillos dos obreiros convertíanse no futuro da Sociedade Española de Construción Naval”. Así mesmo identificou a esta institución como unha oportunidade que “aproveitamos acadando a innegable capacidade tecnolóxica de enxeñería, deseño e construción que temos hoxe no naval”.

 

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL PON EN VALOR OS BENEFICIOS DA CONCILIACIÓN LABORAL NO MARCO DUN ENCONTRO CON XÓVENES EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA

  • cJosé Manuel Rey Varela participou esta mañá nun coloquio con emprendedores da cidade do Lérez e onde a conciliación foi un dos eixes principais do debate

 

Pontevedra, 15 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu esta mañá a un encontro organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, no que debullou xunto cos asistentes as liñas xerais da Consellería de Política Social en materia de conciliación e impulso do autoemprego. Nesta liña, Rey Varela destacou “o importante que é a conciliación para as persoas pero tamén o importante que é a conciliación para as empresas. Ter empregados e empregadas que poidan conciliar máis, repercute tamén nos resultados empresariais”.

 

O titular de Política Social lembraba o importante papel que vai xogar o tecido empresarial no Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, un órgano colexiado de asesoramento, colaboración institucional e participación social en materia de demografía no ámbito da Comunidade galega. O observatorio, composto polas administracións públicas e organizacións representativas de intereses económicos e sociais, realizará un seguimento permanente da evolución das dinámicas demográficas, das accións desenvolvidas e dos avances acadados; promoverá foros de discusión e debate; elaborará un informe anual sobre a situación demográfica en Galicia e fomentará calquera outra actuación que se considere necesaria en relación coa dinamización demográfica.

 

Durante o encontro, Rey Varela tamén felicitou a AJE Pontevedra pola súa labor asociativa na defensa dos intereses das persoas que desexan emprender un negocio por conta propia. A asociación “fomenta o talento do novo emprendedor na sociedade e consolida ás empresas proporcionando os medios técnicos, humanos e loxísticos necesarios; nun marco innovador”, concluíu o titular autonómico.

 

A ESCOLA INFANTIL DE TOMIÑO-GOIÁN (PONTEVEDRA), DA REDE AUTONÓMICA “GALIÑA AZUL”, INICIOU O CURSO 2016-2017 CUNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS

  • xornada-portas-abertas-ei-tomino3-15-setembro-2016Conta cunha capacidade máxima de 61 prazas e arranca con 42 alumnos matriculados

 

Tomiño (Pontevedra), 15 setembro de 2016.- A escola infantil de Tomiño-Goián (Pontevedra), integrada na rede autonómica “Galiña Azul” do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, comezou hoxe o curso 2016-2017, cunha xornada de portas abertas para pais e alumnos á que asistíu o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, acompañado pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

 

Este centro, que dispón dun máximo de 61 prazas (4 unidades), inicia a súa andaina con 42 nenos matriculados, dos que 2 son pequenos de 0 a 1 anos; 21, de 1 a 2 anos; e 19, de 2 a 3 anos. A eles hai que sumarlles 13 nenos máis, matriculados no período extraordinario de setembro, que iniciarán o curso o próximo 17 de outubro, co que practicamente se completará a capacidade máxima da escola.

 

A escola infantil de Tomiño-Goián é un dos seis novos centros que botan a andar neste curso (2016-2017), xunto cos de A Coruña-A Sardiñeira, Ames-Bertamiráns, Fene-Barallobre, Oza-Cesuras e Marín-Seixo.

 

A esas escolas infantís hai que sumarlle as tres unitarias (Crecente, en Pontevedra; Cartelle, en Ourense, e Sobrado dos Monxes, en A Coruña) que se reabren este ano ante o aumento da demanda, logo de que permaneceran pechadas por falta de matrícula no curso pasado e, no caso da de Sobrado, tamén no 2014-2015.

 

En total, entre as seis novas escolas que inician agora o curso, e as escolas infantís unitarias -que xa o fixeron en días pasados-, a oferta para nenos de 0 a 3 anos nos centros dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, acada as 7.452, incluíndo as escolas infantís que xa estaban funcionando nas catro provincias galegas.

 

Concurso ‘Novos talentos musicais Val da Louriña’

O Concello do Porriño ven de abrir o prazo de inscrición para o concurso ‘Novos talentos musicais Val da Louriña’. O mesmo empezou este mércores, día 14 de setembro, e estará aberto ata este venres, día 16, nas dependencias do Centro Cultural Municipal, de 9 da mañá a 9 da noite.

O concurso desenvolverase no Concello do Porriño e quedará fixado nunha primeira fase preliminar (pechada ao público) ou preselección cuia data a fixará o Concello, nos auditorios do Centro Cultural Municipal do Porriño . As semifinais celebraranse os días 21 e 27 de setembro, e a final o  día 2 de  outubro, no polideportivo municipal. Nestes tres últimos concertos contarase coa votación ou barómetro do público.

Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas físicas sen límite de idade, habendo dúas modalidades: modalidade infantil ata 16 anos e modalidade adulta maiores de 16 anos.

Poderán presentarse en grupo ata un máximo de 5 compoñentes, dúo, trío ou individual. Sendo o tempo de actuación de tres minutos máximo.

No suposto de que resultara gañadora algunha persoa ou grupo excluído da participación, estas perderán o seu dereito a obter o premio, procedéndose a entregar o premio á seguinte persoa ou grupo que quedara no segundo lugar.

A participación neste concurso é de carácter gratuíto e poderán participar no mesmo  persoas tanto do Concello do Porriño como doutros municipios.

Os méritos a valorar serán a voz, posta en escena e se non houbera voz, instrumentos e tódolos artistas partirán coas mesmas condicións (mesmo espazo, backline) e dependerá da súa actuación e calidade persoal o de coroarse como finalista ou finalistas.

De cara á planificación dos concertos, a organización aportará todo o backline e instrumentación necesarios para a realización dos mesmos.

Trala finalización da audición dos concertos o xurado fará unha selección dos posibles finalistas. Os cales actuarán de novo o día 2 de outubro na gran final.

Os premios serán: Primeiro, 2.000€, segundo, 1.000€ e terceiro, 500€. Os mesmos serán persoais e intransferibles, e suxeitos á retención que exprese a lei.

A temática de actuación será libre, aceptándose calquera estilo musical. Non poderán participar, quedando de forma automaticamente excluídos do concurso, aquelas cancións que conteñan termos soeces, agresivos ou intimidatorios, de carácter racista ou discriminatorio contra a muller, home ou calquera colectivo ou relixión así coma contrarios a lei moral ou boas costumes. O idioma é libre.

Derradeira semana de venda de abonos para a tempada de música clásica de Afundación en Vigo

jaime_martin5_websiteDerradeiros días de venda de abonos para a tempada de música clásica que A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) ofrece en Vigo e que poderán adquirirse ata o 23 de setembro. A Real Filharmonía de Galicia e a Orquesta Sinfónica de Galicia estarán dirixidas nesta ocasión por Guy Braunstein, Christoph König, Dima Slobodeniouk, Jaime Martín e Giancarlo Guerrero que interpretarán concertos de obras de Webern, Brahms, Vasks e Beethoven, entre outros. Unha nova oferta de Afundación para os afeccionados á música clásica que dará comezo o 13 de outubro e na pasada tempada reuníu máis de 8000 espectadores, o que representou unha ocupación media nos concertos do 91 por cento da asistencia.

GALICIA É A ÚNICA COMUNIDADE QUE BAIXOU O SEU ENDEBEDAMENTO NO SEGUNDO TRIMESTRE E SEGUIRÁ REDUCÍNDOO ATA FINAL DE ANO

  • Xa é a cuarta comunidade de réxime común con menor nivel de débeda, un 18,9%
  • O diferencial positivo de Galicia coa media autonómica aumenta ata case 6 puntos, o maior da historia da Autonomía
  • A Xunta mantén estabilizada a débeda galega dende o ano 2014
  • Os datos do Banco de España ratifican que Galicia é a comunidade onde menos aumentou o volume de débeda dende 2008
  • O Goberno autonómico está a aforrar cada ano uns 85 millóns de euros en xuros

 

Santiago, 15 de setembro de 2016.- Galicia é a única comunidade autónoma que reduciu o seu endebedamento no segundo trimestre do ano, ao baixar este indicador ao 18,9% do PIB, case seis puntos por debaixo da media autonómica (24,8%), segundo mostran os datos do Banco de España difundidos hoxe. Ademais, Galicia seguirá reducindo o seu nivel de débeda ata final de ano.

 

Os datos do Banco de España volven situar a Galicia entre as comunidades autónomas con menos débeda de España. En concreto, pasa a ser a quinta comunidade –a cuarta de réxime común- con menor ratio de débeda/PIB, só por detrás de Madrid, País Vasco, Canarias e A Rioxa. O diferencial positivo de Galicia coa media das comunidades xa ascende a 5,9 puntos, o mellor da historia da Autonomía.

 

En todo caso, a previsión do Goberno galego é que este indicador siga descendendo nos seguintes trimestres ata situarse no entorno do 18,5% a final de ano, polo que 2016 será o primeiro ano no que a Xunta reduza a súa débeda dende o inicio da crise. Hai que ter en conta que a débeda galega permanece estabilizada dende o ano 2014.

 

En termos absolutos, a débeda galega supón o 3,9% do total de España, xa que a Galicia correspóndenlle 10.727 dos 273.199 millóns do conxunto das comunidades autónomas-, por baixo do peso de Galicia no conxunto do Estado en termos de PIB ou poboación. Ademais, o Banco de España confirma que Galicia é a comunidade que menos aumentou o seu volume de débeda dende o ano 2008.

 

Os datos do Banco de España ratifican que Galicia mellora un posto e pasa a ser a cuarta comunidade de réxime común con menor endebedamento do Estado, e a quinta tendo en conta ás comunidades de réxime foral. Isto significa un cambio de posición sobre o ano 2008, cando a Comunidade Autónoma era a cuarta máis endebedada de España, o que permitiu acadar un aforro anual de 85 millóns de euros en gastos financeiros.

 

Ademais, tendo en conta a ratio global de débeda -incluíndo a das empresas públicas- o diferencial positivo é aínda maior, xa que este indicador en Galicia é inferior en 4 décimas ao conxunto das comunidades autónomas.

 

Máis axilidade nos pagos

Galicia está a combinar o control da débeda e do déficit público cunha maior axilidade nos tempos de pagamento aos seus provedores.

De feito, Galicia pechou o primeiro semestre entre as comunidades autónomas que pagan con máis axilidade aos seus provedores, segundo os datos do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas do mes de xuño. O tempo medio de pago ese mes foi de 17,2 días en Galicia, o que supón 29,2 días menos que a media autonómica, que foi de 46,5 días.

 

Galicia é tamén a terceira comunidade de réxime común con menor débeda comercial, cunha ratio de débeda/PIB do 0,49%, fronte ao 0,66% de media no conxunto das comunidades autonómicas. Este indicador baixou en xuño ata os 284,4 millóns, o que supón un descenso de 60,6 millóns de euros, un 17,6% menos.

 

DÉBEDA POR CC.AA (2º trimestre 2016)
*CCAA de réxime foral

 

Ratio de débeda/PIB

(%)

1 Madrid 14,2
2 País Vasco* 15,6
3 Canarias 15,7
4 A Rioxa 18,6
5 GALICIA 18,9
6 Asturias 19,5
7 Castela e León 20,0
8 Navarra* 20,4
9 Aragón 21,6
10 Andalucía 22,0
11 Estremadura 22,4
12 Cantabria 22,5
TOTAL CCAA 24,8
13 Murcia 28,9
14 Baleares 30,7
15 Castela-A Mancha 35,8
16 Cataluña 35,9
17 Valencia 41,7

Vigo acolle unha manifestación este martes para esixir un cambio radical nas políticas económicas, laborais e sociais

A marcha, que fai parte dunha campaña da Unión Comarcal da CIG, sairá da Doblada ás 20.00 horas
As rúas de Vigo acollerán este martes unha manifestación convocada pola Unión Comarcal da CIG no marco da campaña que vén de iniciar a central para reclamar “emprego digno na nosa terra” e demandar un cambio radical nas políticas económicas, laborais e sociais ante a grave crise que padece a bisbarra. A marcha arrincará da Doblada ás 20.00 horas e rematará na farola de Urzaiz.
2016 09 20 CartazManifaEmpregoDignoVigo01

A mobilización foi presentada hoxe en rolda de prensa polos secretarios Comarcal e de Organización da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves e Anxo Iglesias. Os representantes sindicais explicaron os principais motivos polos que a central decidiupoñer en marcha unha campaña para reclamar “emprego digno na nosa terra”: combater a propaganda oficial, sinalar os culpábeis da situación, achegar alternativas e promover a mobilización social.

En canto ao primeiro aspecto, os responsábeis da CIG de Vigo consideran necesario combater a propaganda gubernamental “que intenta ocultar a grave situación socioeconómica que padecemos, como amosa a existencia de máis de 80.000 persoas que se atopan no paro na bisbarra, moi enriba das cifras oficiais”.

Neste senso, lembran que a pesar dos datos que avalarían a suposta recuperación “vemos como continúa a destrución de postos d etraballo e o esmorecemento dos nosos sectores produtivos, ao tempo que aumenta a temporalidade e a precariedade no emprego”.

Ao mesmo tempo, apostan por sinalar os culpábeis desta situación, “que non son outros que o PP e o PSOE, xa que aprovaron sucesivas medidas antiobreiras e reformas laborais lesivas para os intereses da clase traballadora ao ditado da Unión Europea e da Troika”. Fronte a isto, lembran que a CIG achegou unha serie de alternativas que foron recollidas nunha ILP que o PP tumbou cos seus votos no Parlamento galego.

Finalmente, agardan que esta campaña sexa a inicio dunha serie de protestas que se sosterán no tempo “para derrubar as políticas da dereita mediante a mobilización social nas empresas e na rúa”. Así, fan un chamamento á veciñanza da bisbarra a participar este martes día 20 na manifestación que arrincará da Doblada ás 20.00 horas e que rematará na farola de Urzaiz. “Temos que esixir un cambio radical nas políticas económicas, laborais e sociais para mellorar as condicións de vida da clase traballadora”.

A XUNTA DE GALICIA INICIA HOXE EN VALADARES A NOVA OFERTA DE CURSOS FORMATIVOS PARA PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

15092016_cursosinclusionvaladares

  • A secretaria territorial da Delegación da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes Romero, e a xefa territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias Bueno, deron esta mañá a benvida aos 75 participantes no Centro Sociocultural do Pedregal
  • Ofrécense un total de 5 cursos de: Agricultor Ecolóxico, Repoboación Forestal, Peón Forestal, BioConstrución e Aplicacións Informáticas de Xestión de Inmigrantes e outros
  • Os alumnos e alumnas realizarán un total de 1.320 horas de formación dende hoxe mesmo e ata o 25 de novembro
  • Recibirán unha formación orientada a mellorar a súa cualificación socioprofesional ademais de percibir unha beca de 4,50 euros por día asistido

 

Vigo, 15 de setembro de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, da comezo hoxe no Centro Sociocultural do Pedregal, en Valadares, a nova oferta de cursos formativos para persoas en risco de exclusión social ou desempregados para este ano 2016 con beca de asistencia.

 

A través da Orde para a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e de inclusión social para os anos 2016 e 2017, o Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares recibiu unha axuda de 97.280 euros para levar a cabo 5 cursos formativos que son impartidos polos responsables da asociación viguesa.

 

Concretamente, ofrecen formación nas especialidades de: Agricultor Ecolóxico, Traballador de Repoboación Forestal, Peón Forestal, BioConstrución e Aplicacións Informáticas de Xestión para Inmigrantes e outros. En total, 75 participantes que dende hoxe mesmo e ata o 25 de novembro realizarán un total de 1.320 horas de formación teórica e práctica. Ademais, percibirán unha beca de 4,50 euros por día asistido.

 

Recibirán así unha formación orientada a mellorar a súa cualificación socioprofesional ademais de servirlles para adquirir e desenvolver habilidades sociais e hábitos prelaborais que lles facilitan o exercicio dunha profesión.

 

A secretaria territorial da Delegación da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes Romero, e a xefa territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias Bueno, deron esta mañá a benvida aos 75 participantes no Centro Sociocultural do Pedregal xunto ao vicepresidente do Centro Cultural, Ramón Ledo, e o responsable da xestión dos cursos, o técnico Carlos Alonso.

 

As representantes da Administración autonómica recoñeceron o traballo e a participación activa nestes programas da asociación de Valadares e amosaron a aposta do Goberno galego polas políticas de inclusión social e por programas deste tipo, que son posibles a través das subvencións destinadas a entidades de iniciativa social co fin de que realicen actividades que contribúan ao fomento da inclusión e a integración no mercado de traballo das persoas que máis difícil o teñen.  De feito, o Centro Cultural de Valadares non é a primeira vez que recibe este tipo de axudas. No ano 2015 xa realizou otros 7 cursos formativos co mesmo fin.