Archive | septiembre 16, 2016

AIMEN y WÄRTSILÄ Ibérica S.A se alían para innovar en el diseño y fabricación de componentes navales

El Conselleiro de Economía, Emprego e Industria de la Xunta de Galicia, Francisco Conde, ha visitado las instalaciones de la Unidad Mixta NEXT-BEARINGS, que cuenta con un presupuesto de 2,3 millones de euros para el desarrollo de una nueva generación de componentes navales para la línea de ejes de buques de alta eficiencia y valor añadido.

umi-aimen-wartsila

  • En base a este trabajo conjunto, Wärtsilä implantará la tecnología láser por primera vez en su planta de O Porriño mediante una celda adaptada a su proceso productivo, con la que llevará a cabo el recargue de material antifricción sobre componentes navales.

 

Pie de foto (de izqda. a dcha.): Jesús Lago, director gerente de AIMEN Centro Tecnológico; Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria de la Xunta de Galicia; y Jesús Fernández, director de Planta de Wärtsilä Ibérica.

COMEZA O CURSO NA ESCOLA INFANTIL DE O GROVE (PONTEVEDRA), DA REDE AUTONÓMICA “GALIÑA AZUL”, DESPOIS DE QUE REMATASE A PARTE ESTRUTURAL DA SÚA REFORMA INTEGRAL E A ADAPTACIÓN DAS AULAS

A Xunta garante o normal desenvolvemento da actividade do centro e a seguridade dos nenos durante os próximos meses, nos que continuarán as obras

  • O xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, pide unha vez máis desculpas aos pais dos alumnos polas molestias que puidera ter ocasionado esa actuación

 

  • “O normal nunha obra desta envergadura é que o centro estivera pechado por catro meses, e só estivo inactivo durante mes e medio”, lembrou o xerente do Consorcio

O Grove (Pontevedra), 16 de setembro de 2016.- A escola infantil de O Grove (Pontevedra), integrada na rede autonómica “Galiña Azul” do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, comezará o curso 2016-2017 o próximo luns, 19 de setembro, despois de que rematara a parte principal das obras de reforma integral do centro (reposición completa da cuberta, instalación dun novo frontal de aluminio…) e a adaptación das aulas para o reinicio da actividade.

 

O xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, pediu novamente desculpas aos pais dos alumnos da escola de Rons polas molestias que esa actuación puidera ter ocasionado, pero non ten dúbida de que, para iniciar o novo curso, era imprescindible “garantir o cumprimento das condicións esixidas pola normativa en materia de seguridade”. “Por iso pedímoslles aos pais” -engade- “adiar a apertura do centro ata o 19 de setembro”.

 

“O normal nunha obra desta envergadura, unha renovación completa da escola infantil, cun investimento superior aos 450.000 euros (incluíndo o equipamento), é que o centro estivera pechado durante catro meses… pero só estivo inactivo durante mes e medio, para xerar o mínimo trastorno posible aos pais dos alumnos”, lembra o xerente.

 

Como inicialmente estaba previsto, os traballos de reforma da escola de Rons, que inclúen tamén  a creación dun espazo de usos múltiples do que carecía o centro e o remozado individual de todas as aulas para permitir nelas a actividade simultánea, continuarán durante os próximos meses, sen que interfiran xa no normal desenvolvemento do curso escolar.

 

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA PARA A POSTA EN MARCHA DUN PROGRAMA DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA E LOGOPÉDICA PARA MENORES

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, asinar‡ un convenio de colaboraci—n coa Federaci—n de Asociaci—ns de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para o desenvolvemento dun programa de atenci—n psicol—xica e logopŽdica destinado a este colectivo.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, asinar‡ un convenio de colaboraci—n coa Federaci—n de Asociaci—ns de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para o desenvolvemento dun programa de atenci—n psicol—xica e logopŽdica destinado a este colectivo.

    Esta acción ofrecerá orientación sobre estratexias comunicativas ás súas familias e a centros educativos, así como asesoramento psicolóxico ás familias

  • A administración autonómica colaborará economicamente e a FAXPG artellará as medidas necesarias para o desenvolvemento e execución de dito programa

 

Santiago, 16 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Iker Sertucha Lista, asinaron hoxe en San Caetano un convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa “Servizo de atención psicolóxica e logopédica para familias e menores xordos implantados ou con prótese auditiva”.

 

Mediante dito convenio, desenvolverase este programa que consiste na atención logopédica a menores xordos de entre 0 e 6 anos e na orientación sobre estratexias comunicativas ás súas familias e a centros educativos (lingua de signos), así como tamén no asesoramento psicolóxico ás familias e/ou contorno de convivencia co fin de fomentar o desenvolvemento normalizado do sistema familiar.

 

Considerando o interese do proxecto que esta entidade leva a cabo e da recoñecida labor social que realiza no eido das familias con nenos e nenas xordas/as e/ou con discapacidade auditiva, a Consellería de Política Social, asinou hoxe este acordo co que o departamento autonómico colaborará economicamente. Pola súa banda, a FAXPG, artellará as medidas necesarias para o desenvolvemento e a execución de dito programa que buscará logra tanto o equilibrio emocional como a aceptación da xordeira por parte das familias dos nenos afectados. Deste xeito, a FAXPG ofrecerá un servizo de logopedia innovador, xa que toma como base a adquisición da lingua de signos española (lingua natural para as persoas xordas) e, a partir dela, inicia a ensinanza da lingua oral co fin de que os nenos e nenas se expresen en dita lingua.

 

A tipoloxía de atencións que se ofrecen mediante este convenio engloban sesións de logopedia; rehabilitación de implante coclear, rehabilitación fonética (praxias, articulación), destrezas lectoescritoras, habilidades de procesamento auditivo; traballo do equilibrio e propiocepción; psicomotricidade, estimulación vestibular e deglución entre outros.

 

O conselleiro de Política Social, saudou a posta a andar deste convenio co que “se mellorará notablemente a calidade de vida dos pequenos e pequenas e das súas familias”.  Así mesmo, indicou que o departamento autonómico e FAXPG comparten o obxectivo de “xerar as condicións que aseguren o desenvolvemento global das persoas xordas de Galicia en condicións de accesibilidade universal e igualdade de oportunidades”. Rey Varela felicitou tamén á FAXPG polo seu traballo diario a carón das persoas xordas.  

 

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

FAXPG é unha organización non gubernamental sen ánimo de lucro, fundada no ano 1979, formada por 7 asociacións de persoas xordas coas que comparte os obxectivos de promover a integración social das persoas xordas e sordocegas e conseguir unha efectiva igualdade de oportunidades no acceso á educación e ao emprego que garantan a integración sociolaboral e cultural.

 

O Teatro Afundación de Vigo acollerá a vindeira semana o espectáculo de danza «As catro estacións» de Vivaldi

4estacions2O vindeiro sábado 24 de setembro terá lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) o espectáculo de danza «As catro estacións» ás 20.30 h. A adaptación da ópera de Vivaldi é unha iniciativa do Centro Coreográfico Galego onde as paisaxes galegas protagonizarán a escenografía a través de fotografías. O obxectivo do proxecto é achegar a danza a públicos que non acoden habitualmente a este tipo de espectáculos. As localidades poden adquirirse mediante as canles habituais de comercialización da entidade a través da web de Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. 

Agenda semanal La Fábrica 19 – 25 Sept.

MARTES 20 DE SEPTIEMBRE 20:00h

presentación
PETER
Carma Casulá y Rosa María Calaf

La artista barcelonesa Carma Casulá presenta en La Fábrica su último trabajo, Peter, un fotolibro editado por RM en el que viaja a la Rusia que nace después de la desintegración de la Unión Soviética. Un trabajo marcado por los contrastes y lo personal de las historias que en cada imagen resaltan. Para la presentación contaremos con la presencia de Carma Casulá y de la periodista y corresponsal Rosa María Calaf.

MIÉRCOLES 21 DE SEPTIEMBRE 19:30h

presentación
ORPHANIK
Jordi Costa y La Escuela De Escritores

El próximo miércoles 21 de septiembre la Escuela de Escritores y el crítico de cine Jordi Costa (El País, Fotogramas) presentan en La Fábrica su nuevo proyecto, Orphanik. Se trata de una nueva publicación especializada en Cine realizada en colaboración con los alumnos del Curso de Crítica de Cine.

JUEVES 22 DE SEPTIEMBRE 19:30h

presentación
SANTOS Y FRANCOTIRADORES
LUIS BOULLOSA

El escritor, periodista y músico Luis Boullosa nos presenta Santos y francotiradores, su último libro editado por 66RPM. En él, retoma el análisis en profundidad de la relación entre música y creación literaria, centrándose en textos y canciones engendradas en España. Durante el acto, el autor estará acompañado del músico Javier Colis, del periodista David Bizarro y del editor de 66RPM Alfred Crespo.

 

A XUNTA FORMA E AMPLÍA AS OPORTUNIDADES LABORAIS DE 15 MENORES DE 30 ANOS DE MOS CO OBRADOIRO DE EMPREGO MOS VERDE

  • 16092016_ooeemosverdeEste programa mixto de formación e emprego conta con dúas especialidades: deseño gráfico e educación ambiental e limpeza en espazos abertos e xestión de residuos
  • A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, xunto á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, deron a benvida aos 15 rapaces no CDL

 

Vigo, 16 de setembro de 2016.- A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, deu comezo esta semana no Centro de Desenvolvemento Local de Mos o obradoiro de emprego específico para menores de 30 anos Mos Verde, no que se ofrece formación e traballo a 15 mozos e mozas desempregados do municipio durante 6 meses.   

 

A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, acompañaron á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, esta semana no inicio do obradoiro, onde deron a benvida aos 15 participantes ademais de saudar ao persoal a cargo do mesmo.

 

Así, a iniciativa forma parte do programa de Garantía Xuvenil e para a súa posta en marcha a Xunta inviste máis de 132.000 euros. Este tipo de programas mixtos de formación e emprego se centran na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo para os menores de 30 anos que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

 

Neste caso concreto, o obradoiro formará a 15 mozos e mozas nas especialidades de deseño gráfico e educación ambiental (7 persoas) e limpeza en espazos abertos e xestión de residuos (8) durante 6 meses onde ademais de recibir formación tamén percibirán o salario mínimo interprofesional. Tamén, ao remate do Obradoiro os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.  

 

O fin do obradoiro é a formación nestas dúas especialidades e, concretamente, entre os obxectos de actuación atópanse: a elaboración de trazados e rutas e preparalos para a súa edición gráfica a partir dos recursos naturais e patrimoniais existentes; completar o inventario de recursos naturais co obxectivo de crear rutas e itinerarios do Precurso da Auga e desenvolver proxectos de produtos gráficos ademais de tratar imaxes e elementos gráficos; elaborar materiais didáctico-divulgativos para actividades de educación ambiental; deseñar folletos e carteis sobre recursos naturais e patrimoniais do municipio; deseñar a imaxe gráfica para trasladar a redes sociais ou web municipal deses mesmos recursos; sensibilizar á poboación local coa posta en marcha dun programa educativo dirixido a poboación en xeral e a colectivos e particulares e, por último, actuacións de limpeza en espazos públicos de forma manual e en 7 zonas urbanas do concello que abarcarán o mobiliario urbano, sumidoiros, beiravías, parques e xardíns co obxectivo de conseguir un espazo limpo de residuos.     

 

Afundación organiza en outubro catro cursos de cociña para todos os gustos na Sede de Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta, a partir do 3 de outubro, un variado programa de cursos de cociña na súa sede de Vigo (Policarpo Sanz, 24 – 26 ). A oferta formativa do mes é do máis variada en canto a públicos e contidos. Un total de 4 obradoiros serán impartidos nas instalacións da entidade en Vigo: «Cociña para principiantes», «¡As verduras de outono explosión de sabores!», «Delicias para ceas informais» e «Cociña para nenos. Galicia no padal». As inscricións poden realizarse a través das canles habituais de comercialización de Afundación, en Ataquilla.com e mediante o teléfono 902 504 500.

A XUNTA SUPERVISA CO ALCALDE DE BAIONA O INICIO DAS OBRAS DO PARQUE INFANTIL E DA ZONA BIOSAUDABLE DE A REGA, EN URGAL

  • 16092016_parquearegaA secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, e o alcalde do municipio, Ángel Rodal, fixeron unha comprobación material das obras que comezan xa

  

Vigo, 16 de setembro de 2016.- A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, realizou esta mañá unha visita técnica ao concello de Baiona, invitada polo alcalde do municipio, Ángel Rodal, co obxectivo de facer unha comprobación material das obras de instalación dun parque infantil e unha zona biosaudable no lugar de A Rega, en Urgal.

Os traballos, subvencionados a través da orde de axudas para Infraestruturas de Uso Público da Xunta de Galicia, contan cun orzamento total de 35.000 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 2 meses. Este mesmo luns comezan coas labores de roce.

 

Deste xeito, a actuación enmárcase nunha parcela duns 250 metros cadrados que contará cun pavimento adecuado para o uso ao que vai a ser destinado (superficie de absorción de impactos na zona infantil e superficie regularizada no resto) e onde os elementos a instalar na zona infantil serán: diábolo, balancíns; columpios e remolinos. Mentres, na área biosaudable os elementos que se instalarán serán: patíns, xiro de cintura, roda grande, un sube e baixa, un esquí de fondo e barras de estiramento. Ademais, as zonas destinadas ao parque infantil estarán delimitadas e cercadas de forma segura para evitar un acceso inmediato á calzada dos usuarios, mediante unha valla de madeira; colocarase mobiliario urbano (papeleira, iluminación, bancos, mesas, arbolado…) e, por último, tamén se colocará un panel informativo.

 

A Orde de subvencións da Vicepresidencia na que se enmarca esta actuación, para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais destinadas a concellos galegos en 2016, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, conta cunha axuda global de 1,7 millóns de euros a nivel provincial.

 

Este programa ten entre as súas prioridades a mellora da calidade de vida nas zonas rurais e por iso o Goberno galego decidiu apoiar economicamente a aquelas actuacións cuxo obxectivo sexa mellorar as infraestruturas e equipamentos de uso público e, por tanto, dos servizos municipais que os concellos prestan aos seus veciños e veciñas.

 

As actuacións subvencionables baixo esta orde son proxectos de construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de espazos públicos -prazas, paseos, rúas, parques públicos e parques infantís-; edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos administrativos; e instalacións deportivas de uso público; así como as súas respectivas dotacións de equipamentos. Ademais, tamén eran subvencionables as instalacións, ampliacións e melloras das redes de alumeado público e a pavimentación de vías municipais que non estean incluídas no programa de mellora de camiños do concello beneficiario.

 

Exposición “101 creadores ante el espejo: Vasco Szinetar, 35 años en segunda persona”

unnamed-1 Desde hace 35 años, el fotógrafo Vasco Szinetar realiza fotografías ante el espejo que muestran a sus amigos ––intelectuales, escritores, artistas, cantantes, arquitectos…—-, y a sí mismo confrontados a una retórica especular; encontrándose en una imagen de ambigua encrucijada.

De tan vasto fondo, hemos seleccionado el retrato de 101 creadores, desde 1981 hasta 2016, para la exposición “101 creadores ante el espejo: Vasco Szinetar, 35 años en segunda persona”. Una reunión singular y visionaria de este fotógrafo que, con sede principal en Caracas, logró entablar este diálogo con nuestra época.

El vídeo de la muestra puedes verlo aquí:
https://goo.gl/KvfQPy

Como comisario de exposición, y en nombre del propio Vasco, me gustaría invitarte al cóctel de inauguración, el 21 de septiembre a las 20 h, en el restaurante Caña de Azúcar (c/ Muntaner 69, Barcelona), con la presencia del fotógrafo. Si estás en la ciudad, o cerca, ojalá puedas asistir.

Adjunto la invitación que cuenta con la complicidad del Archivo Fotografía Urbana.

Un abrazo, Doménico