A XUNTA FORMA E AMPLÍA AS OPORTUNIDADES LABORAIS DE 15 MENORES DE 30 ANOS DE MOS CO OBRADOIRO DE EMPREGO MOS VERDE

  • 16092016_ooeemosverdeEste programa mixto de formación e emprego conta con dúas especialidades: deseño gráfico e educación ambiental e limpeza en espazos abertos e xestión de residuos
  • A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, xunto á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, deron a benvida aos 15 rapaces no CDL

 

Vigo, 16 de setembro de 2016.- A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, deu comezo esta semana no Centro de Desenvolvemento Local de Mos o obradoiro de emprego específico para menores de 30 anos Mos Verde, no que se ofrece formación e traballo a 15 mozos e mozas desempregados do municipio durante 6 meses.   

 

A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, acompañaron á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, esta semana no inicio do obradoiro, onde deron a benvida aos 15 participantes ademais de saudar ao persoal a cargo do mesmo.

 

Así, a iniciativa forma parte do programa de Garantía Xuvenil e para a súa posta en marcha a Xunta inviste máis de 132.000 euros. Este tipo de programas mixtos de formación e emprego se centran na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo para os menores de 30 anos que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

 

Neste caso concreto, o obradoiro formará a 15 mozos e mozas nas especialidades de deseño gráfico e educación ambiental (7 persoas) e limpeza en espazos abertos e xestión de residuos (8) durante 6 meses onde ademais de recibir formación tamén percibirán o salario mínimo interprofesional. Tamén, ao remate do Obradoiro os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.  

 

O fin do obradoiro é a formación nestas dúas especialidades e, concretamente, entre os obxectos de actuación atópanse: a elaboración de trazados e rutas e preparalos para a súa edición gráfica a partir dos recursos naturais e patrimoniais existentes; completar o inventario de recursos naturais co obxectivo de crear rutas e itinerarios do Precurso da Auga e desenvolver proxectos de produtos gráficos ademais de tratar imaxes e elementos gráficos; elaborar materiais didáctico-divulgativos para actividades de educación ambiental; deseñar folletos e carteis sobre recursos naturais e patrimoniais do municipio; deseñar a imaxe gráfica para trasladar a redes sociais ou web municipal deses mesmos recursos; sensibilizar á poboación local coa posta en marcha dun programa educativo dirixido a poboación en xeral e a colectivos e particulares e, por último, actuacións de limpeza en espazos públicos de forma manual e en 7 zonas urbanas do concello que abarcarán o mobiliario urbano, sumidoiros, beiravías, parques e xardíns co obxectivo de conseguir un espazo limpo de residuos.     

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: