COMEZA O CURSO NA ESCOLA INFANTIL DE O GROVE (PONTEVEDRA), DA REDE AUTONÓMICA “GALIÑA AZUL”, DESPOIS DE QUE REMATASE A PARTE ESTRUTURAL DA SÚA REFORMA INTEGRAL E A ADAPTACIÓN DAS AULAS

A Xunta garante o normal desenvolvemento da actividade do centro e a seguridade dos nenos durante os próximos meses, nos que continuarán as obras

  • O xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, pide unha vez máis desculpas aos pais dos alumnos polas molestias que puidera ter ocasionado esa actuación

 

  • “O normal nunha obra desta envergadura é que o centro estivera pechado por catro meses, e só estivo inactivo durante mes e medio”, lembrou o xerente do Consorcio

O Grove (Pontevedra), 16 de setembro de 2016.- A escola infantil de O Grove (Pontevedra), integrada na rede autonómica “Galiña Azul” do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, comezará o curso 2016-2017 o próximo luns, 19 de setembro, despois de que rematara a parte principal das obras de reforma integral do centro (reposición completa da cuberta, instalación dun novo frontal de aluminio…) e a adaptación das aulas para o reinicio da actividade.

 

O xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, pediu novamente desculpas aos pais dos alumnos da escola de Rons polas molestias que esa actuación puidera ter ocasionado, pero non ten dúbida de que, para iniciar o novo curso, era imprescindible “garantir o cumprimento das condicións esixidas pola normativa en materia de seguridade”. “Por iso pedímoslles aos pais” -engade- “adiar a apertura do centro ata o 19 de setembro”.

 

“O normal nunha obra desta envergadura, unha renovación completa da escola infantil, cun investimento superior aos 450.000 euros (incluíndo o equipamento), é que o centro estivera pechado durante catro meses… pero só estivo inactivo durante mes e medio, para xerar o mínimo trastorno posible aos pais dos alumnos”, lembra o xerente.

 

Como inicialmente estaba previsto, os traballos de reforma da escola de Rons, que inclúen tamén  a creación dun espazo de usos múltiples do que carecía o centro e o remozado individual de todas as aulas para permitir nelas a actividade simultánea, continuarán durante os próximos meses, sen que interfiran xa no normal desenvolvemento do curso escolar.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: