Archive | septiembre 19, 2016

A partir de mañana, el precio de la bombona del butano será de 11,72 euros para los próximos dos meses

  • El precio del butano acumula un descenso del 33% en el último año y medio.

 descarga

19.09.16. A partir de mañana martes, 20 de septiembre, entra en vigor el nuevo precio máximo de la bombona de butano para los próximos dos meses.

El nuevo precio será de 11,72 euros, impuestos incluidos, y supone un ligero incremento de 0,45 euros por bombona frente al precio del bimestre anterior. Con la nueva fórmula de fijación del precio, la bombona acumula un descenso del 33% desde marzo de 2015, donde se alcanzó el máximo de 17,5 euros.

Este nuevo precio estará vigente durante dos meses, hasta el tercer martes de noviembre, cuando se revisará de nuevo según las cotizaciones internacionales.

La fórmula de variación del precio del butano depende de la cotización de la materia prima en los mercados internacionales, los fletes y la variación del tipo de cambio.

Además, las variaciones que se produzcan como consecuencia de la aplicación de esta formula, están limitadas dentro de una banda de +/-5% sobre el precio del bimestre anterior. Es decir, en el caso de que el precio en un bimestre se sitúe por encima o por debajo de esa banda, se genera un remanente que se acumula para el bimestre siguiente.

Aunque para este bimestre la aplicación de la fórmula produce un abaratamiento del precio del 1,2%, no se dispone de remanente acumulado como sí ocurrió en el anterior bimestre y que permitió entonces un abaratamiento adicional del precio.

 

El precio regulado afecta a las bombonas de butano que más comúnmente utilizan los hogares, envases con carga igual o superior a 8 kg e inferior a 20 kg, cuya tara sea superior a 9 kg.

A XUNTA DE GALICIA PRESENTA UNHA NOVA EDICIÓN DO FÓRUM CICERÓN NO QUE 32 MOZOS E MOZAS GALEGOS AMPLIARÁN O SEU CURRÍCULO, A SÚA FORMACIÓN E AS SÚAS POSIBILIDADES DE INSERCIÓN LABORAL

A directora xeral de Xuventude, Participaci—n e Voluntariado, Cecilia V‡zquez, e o director xeral de Orientaci—n e Promoci—n Laboral, JosŽ Alfonso Marnotes, presentar‡n en rolda de prensa a actividade de formaci—n para o emprego de mozos e mozas ÒF—rum Cicer—nÓ.

A directora xeral de Xuventude, Participaci—n e Voluntariado, Cecilia V‡zquez, e o director xeral de Orientaci—n e Promoci—n Laboral, JosŽ Alfonso Marnotes, presentar‡n en rolda de prensa a actividade de formaci—n para o emprego de mozos e mozas ÒF—rum Cicer—nÓ.

Esta iniciativa terá lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío, onde pernoitarán unha noite, e na Cidade da Cultura de Galicia os días 27 e 28 de outubro

 

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destaca que ”a tarefa da administración debe ser facilitar as ferramentas que permitan descubrir e potenciar o talento dos líderes do futuro”
  • O director xeral de Promoción e Orientación Laboral di que o programa “axudará aos mozos e mozas sen emprego a posicionarse mellor no mercado de traballo a través da adquisición de novas competencias”

 

Santiago, 19 de setembro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e mais o director xeral de Promoción e Orientación Laboral, José Alfonso Marnotes, presentaron hoxe en Santiago o Forum Cicerón, un programa de formación e inserción laboral para que o talento dos universitarios galegos se desenvolva en toda a súa expresión.

 

Trátase dunha inmersión de 2 días onde os universitarios participarán nunha serie de obradoiros e actividades que culminarán nunha competición de debate por equipos onde demostrarán os coñecementos adquiridos e habilidades directivas e sociais desenvoltas. Esta iniciativa terá lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío, onde pernoitarán unha noite, e na Cidade da Cultura de Galicia os días 27 e 28 de outubro.

 

O Forum Cicerón conta con 32 prazas. Os participantes seráns seleccionados en base ao seu currículo, que deberá acompañase dunha carta de motivación, e dunha entrevista persoal.

 

Ademais, deberán estar cursando o último ano dun título de grao en calquera das tres universidades galegas ou ben estar titulado con posterioridade ao curso académico 2013-2014. Estes últimos, non poderán ter máis dun ano de experiencia profesional, excluíndo períodos de práctica ou becas. A inscrición realizarase a través dun formulario da web do Forum Cicerón e a participación será gratuíta.

 

As actividades que desenvolverán os participantes centraranse na adquisición de competencias individuais como liderado, comunicación, estratexia, orientación a resultados e obxectivos ou resolución de problemas. Tamén traballarán as competencias grupais, como traballo en equipo, deseño de estratexias ou asunción de roles. As accións do Forum Cicerón serán seguidas en tempo real por responsables de recursos humanos de varias empresas galegas, que buscarán futuras fichaxes entre os participantes.

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, destacou que ”a tarefa da administración debe ser facilitar as ferramentas que permitan descubrir e potenciar o talento dos líderes do futuro mediante a súa participación en programas de educación non formal que amplíen o currículo académico dos nosos mozos e mozas”.

 

Pola súa banda, o director xeral de Promoción e Orientación Laboral, José Alfonso Marnotes, dixo na rolda de prensa que o programa “axudará aos mozos e mozas sen emprego a posicionarse mellor no mercado de traballo a través da adquisición de novas competencias, de xeito que os rapaces e rapazas poidan incorporarse ás empresas ou crear a súa propia idea de negocio”.

 

O Forum Cicerón é unha iniciativa conxunta entre as consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Economía, Emprego e Industria; e Política Social.

 

Vigo acolle unha manifestación este martes para esixir un cambio radical nas políticas económicas, laborais e sociais

As rúas de Vigo acollerán este martes unha manifestación convocada pola Unión Comarcal da CIG no marco da campaña que vén de iniciar a central para reclamar “emprego digno na nosa terra” e demandar un cambio radical nas políticas económicas, laborais e sociais ante a grave crise que padece a bisbarra. A marcha arrincará da Doblada ás 20.00 horas e rematará na farola de Urzaiz.
2016 09 20 CartazManifaEmpregoDignoVigo01

A mobilización foi presentada hoxe en rolda de prensa polos secretarios Comarcal e de Organización da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves e Anxo Iglesias. Os representantes sindicais explicaron os principais motivos polos que a central decidiupoñer en marcha unha campaña para reclamar “emprego digno na nosa terra”: combater a propaganda oficial, sinalar os culpábeis da situación, achegar alternativas e promover a mobilización social.

En canto ao primeiro aspecto, os responsábeis da Unión Comarcal da CIG de Vigo consideran necesario combater a propaganda gubernamental “que intenta ocultar a gravesituación socioeconómica que padecemos, como amosa a existencia de máis de 80.000 persoas que se atopan no paro na bisbarra, moi enriba das cifras oficiais”.

Neste senso, lembran que a pesar dos datos que avalarían a suposta recuperación “vemos como continúa a destrución de postos d etraballo e o esmorecemento dos nosos sectores produtivos, ao tempo que aumenta a temporalidade e a precariedade no emprego”.

Ao mesmo tempo, apostan por sinalar os culpábeis desta situación, “que non son outros que o PP e o PSOE, xa que aprovaron sucesivas medidas antiobreiras e reformas laborais lesivas para os intereses da clase traballadora ao ditado da Unión Europea e da Troika”. Fronte a isto, lembran que a CIG achegou unha serie de alternativas que foron recollidas nunha ILP que o PP tumbou cos seus votos no Parlamento galego.

Finalmente, agardan que esta campaña sexa a inicio dunha serie de protestas que se sosterán no tempo “para derrubar as políticas da dereita mediante a mobilización social nas empresas e na rúa”. Así, fan un chamamento á veciñanza da bisbarra a participar este martes día 20 na manifestación que arrincará da Doblada ás 20.00 horas e que rematará na farola de Urzaiz. “Temos que esixir un cambio radical nas políticas económicas, laborais e sociais para mellorar as condicións de vida da clase traballadora”.

Uns 300 empregados/as de Seaga protestan en Santiago contra a precariedade laboral e a política de prevención e exinción de lume

Os empregados/as da empresa pública manifestáronse polas rúas da cidade antes de iniciar unha acampada diante da Xunta
Arredor de 300 traballadores/as da empresa pública Seaga mobilizáronse este mediodía en Santiago de Compostela para denunciar as condicións de “absoluta precariedade” na que se atopan e a “nefasta política” en materia de prevención e extinción de lumes da Xunta de Galiza. Os empregados/as da empresa pública percorreron as rúas da cidade en manifestación antes de iniciar unha acampada en San Caetano que se manterá até o vindeiro venres.
2016 09 19 ManifaAcampadaSeagaSantiago01

Varios centos de traballadores/as de Seaga participaron hoxe na manifestación convocada pola CIG para denunciar a precariedade laboral que padecen os empregados/as da compañía pública e rexeitar a política de prevención e extinción de lumes forestais que aplica o Goberno galego.

A marcha arrincou da Praza Roxa poucos minutos despois das 12.00 horas e rematou hora e media despois diante do edificio da Xunta en San Caetano.

Unha faixa co lema “Outra política forestal é posíbel. Seaga solución” abría unha comitiva que durante o percorrido berrou lemas como “Máis prevención e menos extinción”, “Quen apaga o lume, nós e non a UME”, “Feijóo, cabrón, traballa de peón” ou “ A culpa de quen é, dos que voton o PP”.

Xa nas inmediacións do edificio central da Xunta en San Caetano, tomaron a palabra o secretario nacional da CIG-Servizos, Paulo Rubido, e o presidente do comité de empresa de Seaga en Pontevedra, Josafat Puente, quenes quixeron deixar claro que “non vai haber paz no Servizo de Protección e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) até que non se solucione a problemática laboral existente en Seaga”.

Ao mesmo tempo, os responsábeis sindicais aproveitaron para criticar a política forestal do Partido Popular, así como o dispositivo de extinción e loita contra os incendios. “O operativo da Xunta é un caos, xa que se poden atopar nos montes galegos para tarefas de extinción máis de 11 entes de diverso tipo: medios propios da Administración autonómica, Concellos, Tragsa e Natutecnia, entre outros”.

Xunto a isto, denunciaron as precarias condicións laborais e económicas que padece o persoal, ao ter contratos fixos-discontinuos dunha duración de tan só tres meses, o que non lles permite acceder nin a subsidios familiares nin ás axudas de 400 euros.

Cambio de políticas

Por todo isto, demandaron un cambio nas políticas para o medio rural e unha nova política forestal e que se unifique o servizo nun único dispositivo público “no que se garantan condicións laborais dignas para todos os traballadores/as”.

Unha vez rematadas as intervencións, os asistentes á mobilización celebraron un xantar popular, tras o que iniciaron a instalación do campamento no que permanecerán 24 horas diarias até o vindeiro venres día 23 de setembro.

A XUNTA ANALIZA COS CONCELLOS DE GONDOMAR E NIGRÁN O PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA SENDA PEONIL E CICLISTA DE 3,7 QUILÓMETROS NA PO-340

O proxecto ten coma obxecto a construción da senda na marxe esquerda da estrada entre Gondomar e Ramallosa para comunicar ambos núcleos de poboación e dar continuidade ao eixe Vigo-Baiona

  • O orzamento base de licitación estimado supera os 1,2 millóns de euros
  • Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, que na súa primeira fase contempla a construción de 170 km de itinerarios en 7 comarcas galegas
  • O propósito desta iniciativa é promover sendas útiles e saudables, ao percorrer a distancia entre núcleos urbanos e centros de equipamentos e servizos como centros de saúde, áreas comerciais, lugares de lecer, escolas ou garderías
  • Trátase de que os veciños e veciñas poidan ter, canto antes, unha senda integrada na paisaxe para realizar os seus percorridos habituais.
  • 19092016_sendagondomarramallosa2clip_image002 asd-2

Vigo, 19 de setembro de 2016.- A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes Romero, e o xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez Yáñez, mantiveron hoxe unha reunión técnica co alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e o concelleiro de Vías e Obras de Nigrán, Rubén Rial, para analizar o proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na PO-340 ao seu paso por ambos municipios que levará a cabo a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI). No encontro tamén estivo presente o xefe de servizo da AXI na provincia, Fausto Núñez, o enxeñeiro director do proxecto, Daniel Romay, e membros dos equipos de goberno e da Corporación municipal de ambos concellos do Val Miñor.

 

Concretamente, a actuación a levar a cabo será unha senda mixta que conta cunha lonxitude de 3,7 quilómetros entre os p.q. 17+650 e 21+360 da PO-340 Gondomar-Ramallosa. O obxecto da actuación é a construción desta senda nunha das marxes da estrada, na esquerda, que permita comunicar ambos núcleos de poboación e que dará continuidade ao eixe Vigo-Baiona. O orzamento base de licitación estimado e que se contempla no proxecto supera os 1,2 millóns de euros, sen IVE. A partires de agora procederase á fase de información pública para licitar a obra o antes posible sendo o prazo de execución de obra de 9 meses. Coma valoraron os representantes da Administración autonómica, “esta iniciativa busca que os veciños e veciñas poidan ter, canto antes, sendas integradas na paisaxe para realizar os seus itinerarios habituais”.

 

Características técnicas

Segundo explicou o director do proxecto, a sección tipo máis habitual que se contempla na actuación para esta senda é de 2,74 metros de ancho, incluíndo un separador de 0,50 metros mentres que os bordos seleccionados serán de 0,22 metros de ancho. Nalgunhas zonas estritas, o ancho da senda será de 2,02 metros. En canto ao trazado, é coincidente co actual alzado da estrada aínda que a senda se disporá cun pequeno chanzo de 3 centímetros con respecto á cota exterior da calzada.

No que respecta ao firme e pavimentos, se prevé a posta en obra dun pavimento de formigón coloreado, armado cun mallazo de aceiro sobre unha capa de zahorra de 20 cm mentres que os bordos executados in situ serán mediante encofrado deslizante. Optouse por este tipo de pavimento dado que a senda está situada nun entorno urbano e de núcleo rural.

 

De todos xeitos, no seu momento executarase un tramo de proba previamente á execución definitiva da senda. A cor da senda será “terrizo natural” mentres que no caso dos bordos se empregará cor “cinza”. Ademais, cada 100 metros se plasmará o logotipo corporativo de “Sendas de Galicia”. A actuación se contempla tamén coa reposición da sinalización vertical, marcas viais, balizamento e pasos de peóns. Se prevé o axardinamento do separador vexetal e a revexetación dos terrapléns do movemento de terras necesario.

Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, que na súa primeira fase concreta a construción de 170 novos quilómetros de itinerarios en 7 comarcas galegas. De feito, na comarca de Vigo se prevé un plan de 11 novas sendas sustentables e seguras na área, que suman un total de 12 quilómetros. Esta actuación entre Gondomar e Ramallosa é unha das máis importante.

 

Os itinerarios previstos nesta primeira fase son os seguintes: PO-325- Zona Monte Lourido; Gondomar- Ramallosa; Amoedo- Pazos de Borbén; Coruxo- Roteas; A Estea; PO-325- Navia; Atín; Parderrubias; Priegue; Santa Marta; e Paseo Marítimo.

Estes proxectos supoñen beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e tratar de fomentar hábitos máis saudables; as vilas, significando menor conxestión de vehículos en tramos saturados e novos espazos de tránsito; e para o medio natural, garantindo menos contaminación acústica e mellora da calidade do aire, ao reducir a emisión de gas.

 

Plan de Sendas de Galicia

O Plan de Sendas está en sintonía co Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, que se fixa como obxectivo estratéxico reducir á metade as vítimas mortais nas estradas galegas. Ademais alíñase co Plan Estratéxico 2015-2020 de Galicia e coa Estratexia Europea 2020, en canto ao fomento dunha mobilidade sustentable.

 

O propósito fundamental desta iniciativa é promover sendas útiles e saudables, ao percorrer a distancia entre os núcleos urbanos e os centros de equipamentos e servizos como centros de saúde, áreas comerciais, lugares de lecer, escolas ou garderías.

 

O citado plan recolle actuacións coordinadas sobre a totalidade do territorio galego na procura de dous obxectivos prioritarios: protexer e incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, os usuarios máis vulnerables das estradas; e promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo desprazamentos alternativos á utilización do vehículo particular.

 

O Plan elaborouse partindo dunha análise global de toda a comunidade, priorizando aquelas comarcas nas que actuar primeiramente, atendendo a factores como:

  • A situación dos núcleos de poboación, os servizos e os equipamentos
  • O tráfico e a sinistralidade que rexistra cada treito da estrada
  • A orografía e as pendentes do terreo
  • O clima
  • A facilidade de implantación
  • A posibilidade de conectar con percorridos xa existentes

 

Nos últimos anos, o departamento de Infraestruturas ten executado varias obras de construción de carrís para uso peonil e ciclista, coma as levadas a cabo na comarca de Vigo nas estradas Vigo-Baiona (PO-325) e Baiona – A Guarda (PO-552). Estas actuacións  supuxeron a posta en servizo de mais de 40 Km de infraestruturas diferenciadas destinadas a favorecer a circulación de peóns e bicicletas, e requiriron dun investimento superior aos 24 millóns de euros. A utilidade destas sendas verase complementada coas novas que se pretenden executar neste Plan de Sendas.

 

REY VARELA GABA O TRABALLO DA DIÓCESE DE MONDOÑEDO-FERROL E DE CÁRITAS NA “PROMOCIÓN, ORIENTACIÓN E COORDINACIÓN DA ACCIÓN HUMANITARIA NO NORTE DE GALICIA”

_a9a4683José Manuel Rey Varela visitou a asociación Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol que atende o territorio do norte de Galicia

 

  • Asegura que a Xunta de Galicia seguirá colaborando con esta institución para facer realidade os seus obxectivos en prol dos colectivos máis desfavorecidos

 

Ferrol (A Coruña), 19 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe a sede de Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol, organismo oficial da diócese Mondoñedo-Ferrol e da que destacou o seu traballo en prol da “promoción, orientación e coordinación da acción humanitaria no norte de Galicia”. Ademais, o responsable social da Xunta de Galicia uniu os obxectivos da Consellería cos da asociación de Cáritas no que respecta á “loita contra a pobreza, a exclusión, a intolerancia e a discriminación”. “Acadar a integración plena de todas as persoas na sociedade é un obxectivo que pasa por chegar a grandes acordos con todas as administracións e todas as entidades do tecido social”, concluíu.   

 

Nesta liña, Rey Varela destacou a “grande labor que Cáritas ven realizando dende hai anos para chegar a todos os recunchos de Galicia, tanto urbanos como rurais” ao tempo que lembraba que no caso de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, máis de 8.000 familias recibiron a súa axuda no 2015 “o que demostra o seu compromiso coas persoas que máis precisan a nosa atención e axuda”.  

 

Nas súas verbas, o conselleiro de Política Social tamén quixo enxalzar o labor de voluntarios e profesionais que “constitúen a rede solidaria en acción constante”. Dentro do seu programa, Rey Varela sinalou a importancia do proxecto ‘Dentro-Fora sen teito’ centrado na realización de actividades de promoción de habilidades sociais, economía doméstica e hábitos saudables, cun total de 150 horas  e unha media de 15 usuarios.

 

Dada a importancia desta asociación para a loita contra a pobreza e a exclusión, o conselleiro asegurou que a Xunta de Galicia seguirá colaborando con esta institución para facer realidade os seus obxectivos en prol dos colectivos máis desfavorecidos .  

 

La Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa y Down Vigo se unen para promover la inserción de las personas con discapacidad intelectual en el mundo laboral

practicas-down-vigoVigo, 19/09/2016. Alba tiene 27 años y desde esta mañana hace prácticas en la sede cameral de Vigo. Su objetivo es conseguir hacerse un hueco en la plantilla, pero todo dependerá de su capacidad de integración y adaptación a las labores y funcionamiento de la Cámara. Junto a Alba ha llegado su preparadora, Meli, que durante los primeros días tratará de orientarla en el día a día, facilitándole la adquisición de las habilidades sociolaborales necesarias, y que posteriormente irá retirándose de forma gradual hasta que Alba pueda quedarse sola.

 

El objetivo del acuerdo entre la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa no es otro que facilitar la realización de prácticas laborales de los usuarios de Down Vigo en la empresa y promover la inserción de las personas con discapacidad intelectual en el mundo laboral.

 

Alba forma parte del servicio de empleo de Down Vigo que en este momento cuenta con 85 usuarios. Un total de 48 se encuentran trabajando ya en diferentes empresas y administraciones públicas ubicadas en la ciudad, y casi la mitad lo hacen con un contrato indefinido. El resto de los usuarios de este servicio, cuya edad media oscila entre los 25 y 30 años, están haciendo prácticas o cursos de formación que les posibiliten encontrar un empleo en el futuro.

Os socios dos centros de maiores de Afundación viaxarán mañá a Irlanda como parte do programa de envellecemento activo

Hasta el día 27 disfrutarán de esta iniciativa incluida en la programación de Afundación con el objetivo potenciar el papel activo de los mayores en la sociedad

I Está prevista también una visita a Andalucía, entre el 21 y el 26 de octubre, que tendrá una segunda edición en el mes de noviembre

 

19.09.2016. Los socios y socias de los centros de mayores de Afundación viajarán mañana a Irlanda donde, hasta su regreso el día 27, visitarán Dublín, Galway, Connemara, el condado de Kerry y Kilkenny. Esta iniciativa forma parte de las propuestas que el Área de Envejecimiento Activo de Afundación organiza con el objetivo de promover un ocio cultural, saludable y un punto de encuentro, comunicación y sociabilidad para sus participantes.

 

LOS VIAJES

Además del viaje a Irlanda, Afundación ha programado un viaje a Andalucía que se realizará en dos turnos. El primero de ellos tendrá lugar entre el 21 y el 26 de octubre y el segundo será del 6 al 11 de noviembre. Las ciudades que se visitarán serán Sevilla, Córdoba y Granada.

Ambas actividades forman parte de la línea de actuación del Área de Envejecimiento Activo de la entidad. Potenciar el papel de los mayores en la sociedad es una de las prioridades para Afundación en el período 2015-2019 en el marco de sus tres líneas estratégicas. Para ello se desarrolla una oferta con un amplio abanico de actuaciones destinadas a la promoción de hábitos saludables, el disfrute de la cultura y la expresión artística, la formación y el conocimiento y el ocio activo y relacional. La entidad dispone de una red propia de 11 centros de mayores, ubicados en las siete principales ciudades gallegas y en otras cuatro poblaciones (Viveiro, Betanzos, Pontedeume y Monforte).

A mostra «Lago Rivera: No principio dun mundo, 1916-2016» inaugúrase mañá no Teatro Afundación de Vigo

A Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá mañá, 20 de setembro, ás 12.00 h a rolda de prensa da presentación da mostra «Lago Rivera: No principio dun mundo, 1916-2016». Estará aberta ao público ata o 19 de novembro en horario de luns a venres de 17.30 a 20.30 h e sábados e festivos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. A exposición, que se desenvolve en colaboración coa Xunta de Galicia, está conformada por 42 obras cedidas por variadas coleccións, públicas, privadas e prestatarios particulares. Compleméntase cun completo catálogo cuxo texto analítico está asinado polo comisario, Carlos L. Bernárdez, quen será mañá o encargado de presentar aos medios a mostra.

En el supermercado de El Corte Inglés se donaron unos 3.800 kilos de alimentos, mientras que en los centros Supercor de Pontevedra y Portonovo se recogieron unos 5.000 kilos Para la acción solidaria desarrollada durante el viernes y el sábado en las tres superficies comerciales, la ONG movilizó a unos 80 voluntarios que facilitaron la entrega de comida en horario ininterrumpido Desde la Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo se agradece la generosidad por parte de la ciudadanía que respondieron, nuevamente, a la llamada solidaria, así como la implicación de los supermercados por permitir la organización de esta nueva Operación Kilo Vigo, 19/09/16.- La Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recogió este fin de semana cerca de 9.000 kilos de comida e la Operación Kilo simultánea celebrada en Vigo, Pontevedra y Portonovo, según el cómputo realizado hoy, lunes. En cuanto al supermercado de El Corte Inglés la donación de comida ascendió a unos 3.800 kilos, mientras que en los centros Supercor de Pontevedra y Portonovo fueron unos 5.000 kilos (3.500 kilos y 1.500 kilos, respectivamente). Durante esta acción solidaria desarrollada el viernes y el sábado en las tres superficies comerciales citados, participaron unos 80 voluntarios que, con su presencia, facilitaron las donaciones por parte de la ciudadanía. Precisamente, a la ciudadanía es a quien agradece la ONG su sensibilidad con los que peor lo están pasando. Asimismo, el Banco de Alimentos agradece también la implicación de las superficies comerciales por permitir la celebración de esta Operación Kilo, la última antes de la Gran Recogida Solidaria prevista el 25 y 26 de noviembre. La Gran Recogida Solidaria, cita fundamental El Banco de Alimentos lleva meses trabajando en la que será su cuarta Gran Recogida Solidaria (GRS2016). Como en años anteriores, será una acción simultánea que se desarrollará en supermercados e hipermercados de toda España y también a nivel europeo. La GRS2016 supondrá de nuevo una cita fundamental para el acopio de productos de primera necesidad por parte de la ONG. Durante la edición de 2015 fueron más de 300.000 kilos de alimentos los donados por la ciudadanía en los más de 130 establecimientos de la provincia que se sumaron a la iniciativa solidaria. En ella, participaron unos 1.500 voluntarios y la embajadora fue la actriz viguesa María Castro, quien visitó la nave de San Pedro de Sárdoma, donde recibió su peto de voluntaria. En los seis primeros meses de 2016, la Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo repartió unos 600.000 kilos de comida, un 20% más que durante el mismo periodo de 2015.

image001La trabajadora superó un concurso de méritos y firmó un contrato de relevo al 75% con entrada en vigor el día 18 del pasado mes de Julio, fecha en la que la Policía comenzó a prestar servicio en la Policía Portuaria. El día 21 de Julio estando de servicio, el departamento de RRHH la llama y le dice que la mañana siguiente no se presente a trabajar, sin darle más explicación que se trataba de una decisión de la dirección de la Autoridad Portuaria, por lo que la trabajadora les indica que le den por escrito tal decisión y lo pone en conocimiento del comité de empresa. El Comité de Empresa le indica que había obrado bien y que mientras no le notificasen el despido por escrito se presentase a la hora que tenía nombrado servicio, para evitar el despido procedente por falta de asistencia al trabajo.

La policía siguió prestando servicio hasta el día 26 de Julio, fecha en la que la Autoridad Portuaria de Vigo le entrega un escrito en el que le dicen que una resolución de Dirección había anulado el proceso selectivo que había superado, por lo que su contrato quedaba sin efecto y se procedía a anular su alta en la Seguridad Social. Curiosamente la trabajadora tiene una vida laboral impresa el día 26 de Julio en la que figura su relación con la Autoridad Portuaria desde el día 18 de Julio de 2016, pero el día 27 de ese mismo mes al realizar una nueva  consulta de su vida laboral (tras recibir un sms en el que se le indicaba que se había procedido a eliminar su alta en la SS), esa relación con la Autoridad Portuaria había desaparecido, figurando como desempleada y eliminando dicha contratación.

La trabajadora prestó servicio a la Autoridad Portuaria durante 9 días tras haber superado un proceso selectivo que había comenzado el 24 de Mayo de este mismo año.

La resolución de dirección que anula dicho proceso está mal fechada a 20 de Julio ,pues el presidente del Comité de Empresa y la propia trabajadora tuvieron una reunión con la directora de la Autoridad Portuaria para recibir explicaciones el viernes día 22 de Julio y la contestación que recibieron es que los servicios jurídicos de la empresa estaban preparando dicha resolución, que para más inri no presenta ninguna base legal, por lo que el Comité de Empresa exige al Sr. López Veiga, presidente de la Autoridad Portuaria, que readmita a dicha trabajadora, que le pague los días trabajados, pues no recibió salario alguno al simular esta Autoridad Portuaria que la trabajadora nunca había sido contratada, que se le paguen además los salarios de tramitación y una indemnización por el tiempo que pase desde el “despido” hasta la reincorporación al cuerpo de Policía Portuaria.

El comité además de velar por el cumplimiento de un convenio que está en ultractividad, está siempre dispuesto a la charla y negociación y lamenta que se produzcan estas situaciones que rallan la prevaricación. Esta situación ha sido denunciada en Inspección de Trabajo y a la espera del informe de dicho organismo, el comite advierte que de no readmitir a dicha trabajadora no quedará más remedio que pelear por sus derechos en los Juzgados.