A XUNTA DE GALICIA PRESENTA UNHA NOVA EDICIÓN DO FÓRUM CICERÓN NO QUE 32 MOZOS E MOZAS GALEGOS AMPLIARÁN O SEU CURRÍCULO, A SÚA FORMACIÓN E AS SÚAS POSIBILIDADES DE INSERCIÓN LABORAL

A directora xeral de Xuventude, Participaci—n e Voluntariado, Cecilia V‡zquez, e o director xeral de Orientaci—n e Promoci—n Laboral, JosŽ Alfonso Marnotes, presentar‡n en rolda de prensa a actividade de formaci—n para o emprego de mozos e mozas ÒF—rum Cicer—nÓ.

A directora xeral de Xuventude, Participaci—n e Voluntariado, Cecilia V‡zquez, e o director xeral de Orientaci—n e Promoci—n Laboral, JosŽ Alfonso Marnotes, presentar‡n en rolda de prensa a actividade de formaci—n para o emprego de mozos e mozas ÒF—rum Cicer—nÓ.

Esta iniciativa terá lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío, onde pernoitarán unha noite, e na Cidade da Cultura de Galicia os días 27 e 28 de outubro

 

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destaca que ”a tarefa da administración debe ser facilitar as ferramentas que permitan descubrir e potenciar o talento dos líderes do futuro”
  • O director xeral de Promoción e Orientación Laboral di que o programa “axudará aos mozos e mozas sen emprego a posicionarse mellor no mercado de traballo a través da adquisición de novas competencias”

 

Santiago, 19 de setembro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e mais o director xeral de Promoción e Orientación Laboral, José Alfonso Marnotes, presentaron hoxe en Santiago o Forum Cicerón, un programa de formación e inserción laboral para que o talento dos universitarios galegos se desenvolva en toda a súa expresión.

 

Trátase dunha inmersión de 2 días onde os universitarios participarán nunha serie de obradoiros e actividades que culminarán nunha competición de debate por equipos onde demostrarán os coñecementos adquiridos e habilidades directivas e sociais desenvoltas. Esta iniciativa terá lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío, onde pernoitarán unha noite, e na Cidade da Cultura de Galicia os días 27 e 28 de outubro.

 

O Forum Cicerón conta con 32 prazas. Os participantes seráns seleccionados en base ao seu currículo, que deberá acompañase dunha carta de motivación, e dunha entrevista persoal.

 

Ademais, deberán estar cursando o último ano dun título de grao en calquera das tres universidades galegas ou ben estar titulado con posterioridade ao curso académico 2013-2014. Estes últimos, non poderán ter máis dun ano de experiencia profesional, excluíndo períodos de práctica ou becas. A inscrición realizarase a través dun formulario da web do Forum Cicerón e a participación será gratuíta.

 

As actividades que desenvolverán os participantes centraranse na adquisición de competencias individuais como liderado, comunicación, estratexia, orientación a resultados e obxectivos ou resolución de problemas. Tamén traballarán as competencias grupais, como traballo en equipo, deseño de estratexias ou asunción de roles. As accións do Forum Cicerón serán seguidas en tempo real por responsables de recursos humanos de varias empresas galegas, que buscarán futuras fichaxes entre os participantes.

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, destacou que ”a tarefa da administración debe ser facilitar as ferramentas que permitan descubrir e potenciar o talento dos líderes do futuro mediante a súa participación en programas de educación non formal que amplíen o currículo académico dos nosos mozos e mozas”.

 

Pola súa banda, o director xeral de Promoción e Orientación Laboral, José Alfonso Marnotes, dixo na rolda de prensa que o programa “axudará aos mozos e mozas sen emprego a posicionarse mellor no mercado de traballo a través da adquisición de novas competencias, de xeito que os rapaces e rapazas poidan incorporarse ás empresas ou crear a súa propia idea de negocio”.

 

O Forum Cicerón é unha iniciativa conxunta entre as consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Economía, Emprego e Industria; e Política Social.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: