REY VARELA GABA O TRABALLO DA DIÓCESE DE MONDOÑEDO-FERROL E DE CÁRITAS NA “PROMOCIÓN, ORIENTACIÓN E COORDINACIÓN DA ACCIÓN HUMANITARIA NO NORTE DE GALICIA”

_a9a4683José Manuel Rey Varela visitou a asociación Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol que atende o territorio do norte de Galicia

 

  • Asegura que a Xunta de Galicia seguirá colaborando con esta institución para facer realidade os seus obxectivos en prol dos colectivos máis desfavorecidos

 

Ferrol (A Coruña), 19 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe a sede de Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol, organismo oficial da diócese Mondoñedo-Ferrol e da que destacou o seu traballo en prol da “promoción, orientación e coordinación da acción humanitaria no norte de Galicia”. Ademais, o responsable social da Xunta de Galicia uniu os obxectivos da Consellería cos da asociación de Cáritas no que respecta á “loita contra a pobreza, a exclusión, a intolerancia e a discriminación”. “Acadar a integración plena de todas as persoas na sociedade é un obxectivo que pasa por chegar a grandes acordos con todas as administracións e todas as entidades do tecido social”, concluíu.   

 

Nesta liña, Rey Varela destacou a “grande labor que Cáritas ven realizando dende hai anos para chegar a todos os recunchos de Galicia, tanto urbanos como rurais” ao tempo que lembraba que no caso de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, máis de 8.000 familias recibiron a súa axuda no 2015 “o que demostra o seu compromiso coas persoas que máis precisan a nosa atención e axuda”.  

 

Nas súas verbas, o conselleiro de Política Social tamén quixo enxalzar o labor de voluntarios e profesionais que “constitúen a rede solidaria en acción constante”. Dentro do seu programa, Rey Varela sinalou a importancia do proxecto ‘Dentro-Fora sen teito’ centrado na realización de actividades de promoción de habilidades sociais, economía doméstica e hábitos saudables, cun total de 150 horas  e unha media de 15 usuarios.

 

Dada a importancia desta asociación para a loita contra a pobreza e a exclusión, o conselleiro asegurou que a Xunta de Galicia seguirá colaborando con esta institución para facer realidade os seus obxectivos en prol dos colectivos máis desfavorecidos .  

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: