A clase traballadora viguesa volve á rúa para demandar “emprego digno” nunha comarca “industrial e con futuro”
A manifestación, que percorreu a distancia entre a Doblada e a farola de Urzaiz, fai parte da campaña que a CIG-Vigo está a desenvolver en demanda de “emprego digno na nosa terra” e para reivindicar unha comarcal “industrial e con futuro” e que pivota sobre catro eixos fundamentais: combater a propaganda oficial que fala de recuperación económica, sinalar os culpábeis da situación de crise, achegar alternativas e promover a mobilización social.
O secretario comarcal da central nacionalista, Alberto Gonçalves, avogou durante a súa intervención ao remate da marcha por combater a propaganda gubernamental “que intenta ocultar a grave situación socioeconómica que padecemos, como amosa a existencia de máis de 80.000 persoas que se atopan no paro na bisbarra, moi enriba das cifras oficiais”.
Neste senso, lembrou que a pesar dos datos que avalarían a suposta recuperación “vemos como continúa a destrución de postos d etraballo e o esmorecemento dos nosos sectores produtivos, ao tempo que aumenta a temporalidade e a precariedade no emprego”.
Ademais, sinalou os culpábeis desta situación, “que non son outros que o PP e o PSOE, xa que aprovaron sucesivas medidas antiobreiras e reformas laborais lesivas para os intereses da clase traballadora ao ditado da Unión Europea e da Troika”. Fronte a isto, lembraou que a CIG achegou unha serie de alternativas que foron recollidas nunha ILP que o PP rexeitou no Parlamento galego.
Finalmente, adiantou que a intención da central é que esta campaña sexa a inicio dunha serie de protestas que se sosterán no tempo co obxectivo de “derrubar as políticas da dereita mediante a mobilización social nas empresas e na rúa”.
Cortes de tráfico no Porriño polas Festas do Cristo
A Policía Local do Porriño informa de que debido á celebración do distintos actos durante as ‘Festas do Cristo’ se procederá ás seguintes restricións de tráfico: o venres, día 23 de setembro, se pechará ao tráfico rodado a rúa Pío XII, dende as 8 da mañá ata as 8 da maña do martes, día 27, permitíndose só o paso a residentes a garaxes desta rúa e de Fontevella.
O sábado, día 24, estará cortada a rotonda da Praza Central dende as 3 da tarde ata as 8 da mañá do domingo, día 25; tamén se cortará a rúa Antonio Palacios-no cruzamento de Sindicatos- entre as 3 da tarde do sábado e ás 8 da maña do domingo, día 25; o luns, día 26, se cortará o tráfico no Cruzamento do Sindicatos dende as 3 da tarde e as 8 da mañá do martes, 27.
Apertura do prazo de entrega de orixinais para o I Certame Literario Manuel Otero Saavedra
O A Xunta Directiva da Asociación de Veciños San Benito e San Sebastián do Porriño presentou hoxe xunto á concelleira de Educación, Lourdes Moure, e do concelleiro de Industria e Comercio, Marcelino Coto, o I Certame Literario Manuel Otero Saavedra, tal e como avanzaron o pasado mes de abril nunha rolda de prensa coa familia do escritor porriñes, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a alcaldesa, Eva García de la Torre.
Este certame, aberto a nenos de 8 a 12 anos na categoría infantil, e de 13 a 18 anos na xuvenil, será de tema libre e sempre en lingua galega. A convocatoria é aberta para todos os nenos e nenas de Galicia que desexen participar.
O prazo para presentar os traballo empeza este mesmo martes, 21 de Setembro e o prazo para presentar os traballos rematará o vindeiro 31 de Outurbo. A continuación o xurado debatirá sobor dos traballos presentados e emitirá o seu fallo a principios de decembro, onde se coñecerá aos gañadores.
Os premios consistirán en 300 euros para o primeiro clasificado de cada categoría e para o segundo un lote de libros en galego cedidos pola Xunta de Galicia.
A extensión mínima dos textos será de 3 a 5 páxinas na categoría infantil e de 5 a 10 páxinas na categoría xuvenil. Deberán presentarse en formato dixital (Word) en tamaño folio DIN A4, de dous mil cincocentos carácteres cada páxina, aproximadamente, espazamento entre liñas de 1 ,5 (espazo e medio) e as follas deberán de estar paxinadas.
Os traballos serán remitidos á dirección de correo electrónico aavv.sbenito.sebastian@gmail.com, no que se adxuntará o arquivo word do traballo, indicando no asundo do correo «Certame Literario Manuel Otero». No texto do email, indicarase o nome completo, a idade e os datos de contacto do participante (dirección postal, email) xunto cun teléfono de contacto.
As bases do certame xa se poden consultar na páxina web da asociación de veciños, https://aavvsbenitosebastian.wordpress.com/certame
Reivindicar a figura de Manuel Otero Saavedra
Decidiuse bautizar o certame co nome do escritor porriñés Manuel Otero Saavedra. Manuel Otero Saavedra foi un escritor e poeta porriñés nacido en 1905 no Porriño que emigrou a Arxentina, onde escribiu a súa obra «O Manoliño», un conxunto de relatos sobre a súa infancia no Porriño. Un conxunto de relatos que constituen un fermoso retrato dunha época e que aportan unha fermosa visión etnográfica e social da época dos anos 10 e 20 do seculo XX no Porriño.
Para elo, logo de coméntalo coa familia do escritor, esta accedeu a ceder o seu nome para o concurso literario, polo que este ponse en marcha.
Este sábado 24 setembro no MARCO: ópera en directo // OTELLO dende Teatro Real
Este sábado 24 de setembro, ás 20.00, o salón de actos del MARCO acollerá a retransmisión en directo da ópera Otello, de Giuseppe Verdi,dende o Teatro Real.
Con esta actividade, promovida dende a Agrupación de Amigos do MARCO, sumámonos de novo á rede de museos e centros que participan desta retransmisión en streaming, con motivo da celebración do bicentenario do Teatro Real.
A entrada será gratuíta hasta completar un aforo máximo de 90 persoas sentadas. As entradas estarán dispoñibles directamente en taquilla a partir das 19.30.
OTELLO
Giuseppe Verdi (1813-1901)
Dramma lirico en catro actos
Nova produción do Teatro Real, en coprodución con English National Opera e Kungliga Operan de Estocolmo
Duración aproximada: 3 horas
Actos I e II: 1 hora e 15 minutos
Pausa de 25 minutos
Actos III e IV: 1 hora e 15 minutos
Nestes links tedes toda a información colgada na web do MARCO:
+ INFO / ficha artística / reparto no dossier que se acompaña, na web do TR:
http://www.teatro-real.com/es/temporada-16-17/opera/otello
Vídeo promocional
A Xunta nega unha aula da Escola Oficial de Idiomas ao Porriño
A concelleira de Educación do Porriño ven de amosar o seu rexeitamento á decisión, “completamente inexplicábel”, do Goberno de Galicia de denegar a petición do Concello de embicar no Porriño unha aula da Escola Oficial de Idiomas.
Lourdes Moure subliña que a solicitude foi aprobada polo voto unánime do Pleno do Concello o pasado 27 de abril deste ano. Axiña, o Goberno local iniciou os trámites para tramitar a concesión da devandita aula, remitindo a súa proposta á Consellería de Educación.
Na memoria adxunta á solicitude, o Goberno local sinalaba que puña a dispor da Xunta un centro educativo con capacidade para esta aula que tiña capacidade para abrir en horario de tarde, coma precisa a Escola Oficial de Idiomas.
A memoria engadía a transmisión do “interese” do IES Ribeira do Louro en acoller nesta aula, ao tempo que se evitaba a Escola Oficial de Idiomas pago da nómina de Conserxería e os gastos de calefacción e luz que eran asumidos polo Concello do Porriño, “de xeito, a Xunta só tería que asumir o custo do perosal docente”.
A concelleira contactou este mesmo martes co responsable do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial, Álvaro Ariño, quen lle transmitiu que a solicitude do Porriño “foi transmitida ao director xeral de Centros e Recursos Humanos e ao conselleiro de Educación [Román Rodríguez González]” ao tempo que sinalaba que a consellería non podía facerse cargo do pago da nómina dun profesor e medio, que é o persoal docente que necesitaría a aula da Escola Oficial de Idiomas do Porriño, e dos gastos de material.
Lourdes Moure subliña que o Concello ofrecía un espazo para aula, evitaba á Xunta o pago da nómina dun conserxe, e asumía o gasto de calefacción e iluminación, “minimizando o orzamento que tiña que acometer a Consellería de Educación”.
Moure lembra que a colaboración do Concello do Porriño coa Xunta é total e que de feito “a Administración galega utiliza distintos inmobles municipais completamente de balde, sen afrontar o pago de alugueiros, de calefacción e de electricidade, que son a conta dos porriñeses, gastos que sí ten que pagar a Xunta noutros concellos nos que non conta con estas facilidades”.
A concelleira lamenta que esta colaboración institucional non teña reciprocidade por parte da Xunta e que sen argumentar a súa negativa, que non ten máis explicación que a diferencia de cor política co Goberno local, deixe ás porriñesas e porriñeses sen esta aula tan demandada por eles.
A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE VISITA AOS PARTICIPANTES DO PROXECTO RE-CRE-ARTE NO LECER, DA ASOCIACIÓN DOWN COMPOSTELA
- Teatro e pintura son os dous eixos centrais dunha actividade que fomenta nos mozos e mozas con síndrome de Down e discapacidade intelectual o desenvolvemento de habilidades sociais, a autonomía e a independencia, ademais da súa participación activa en actividades culturais e de lecer
Santiago, 20 de setembro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, se desprazou esta mañá á sede de Down Compostela para participar nunha das propostas do proxecto Re-Cre-Arte no Lecer. Unha actividade impulsada no marco do programa Iniciativa Xove, da Consellería de Política Social, na que un grupo de mozos e mozas con síndrome de Down e Discapacidade intelectual teñen a oportunidade de desenvolver a súa capacidade creativa a través da pintura e do teatro.
Así as cousas, Cecilia Vázquez explicaba que o obxectivo desta proposta é fomentar nestes rapaces e rapazas “o desenvolvemento de habilidades sociais, a autonomía e a independencia para a xestión, disfrute e participación activa en acción culturais e de lecer”. Nesta liña, a directora xeral lembraba que o programa “Iniciativa Xove está concibido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar actividades dirixidas á xuventude, ao tempo que se fomenta a súa participación, se estimula o talento xuvenil e permite poñer en práctica as súas ideas”.
“En Iniciativa Xove non lles dicimos aos mozos e mozas o que teñen que facer – subliñaba Cecilia Vázquez – senón que lles pedimos propostas para despois apoialas, tratando de que a burocracia ceda o protagonismo á xuventude”. E, ao fío, a directora xeral lembrou o estudo da Universidade de Santiago sobre “Os programas de Educación non formal e a empregabilidade da Xuventude en Galicia”, que foi presentando este mesmo ano e que analizou cientificamente varios programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, entre eles Iniciativa Xove.
Este ano un total de 122 entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas se benefician do programa Iniciativa Xove. Dos proxectos financiados con este programa, 68 corresponden a asociacións xuvenís e 54 a grupos informais de mozas e mozos. Iniciativa Xove financia o cento por cen dos proxectos de interese cun orzamento máximo de 5.000 euros. Así mesmo, todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o soliciten, reciben un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida. Unha vez finalizados os proxectos, os participantes poderán obter un certificado oficial de experiencias de educación non formal en materia de xuventude, como instrumento que permitirá confirmar a participación neste programa e sobre todo valorar as competencias adquiridas.
O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL E O ALCALDE DE VALDOVIÑO ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA IMPULSAR A POSTA EN SERVIZO DUN CENTRO SOCIOCOMUNITARIO NA LOCALIDADE
O acordo subscrito esta mañá permitirá acondicionar un inmoble de titularidade municipal emprazado na parroquia de Atios
Ferrol (A Coruña), 20 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde do Concello de Valdoviño, Alberto González Fernández, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para o financiamento das obras de acondicionamento dun local de titularidade municipal emprazado na parroquia de Atios para destinalo a novo centro sociocomunitario da vila.
Así as cousas, mediante o acordo subscrito esta mañá a Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, compromete unha contribución máxima para o financiamento desta infraestrutura de 150.000 euros; mentres que o concello asumirá a realización dos traballos, así como da xestión do centro, en calquera das modalidades previstas na lexislación vixente, polo que atenderá os gastos de funcionamento do equipamento unha vez construído.
O conselleiro de Política Social salientou a importancia da colaboración entre administracións para que “as políticas sociais cheguen ás persoas que máis o precisan co fin de mellorar a calidade de vida e o benestar dos veciños e veciñas de Valdoviño”. “ As administracións estamos para entendernos e sacar cosas adiante – subliñaba Rey Varela esta maña – e no eido das políticas sociais o esforzo debe ser aínda maior se cabe xa que son patrimonio universal”.
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) inaugura hoxe , martes 20 de setembro, na Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo (rúa Policarpo Sanz, 13) a mostra «Lago Rivera: No principio dun mundo, 1916-2016». Trátase dun proxecto expositivo conformado por 42 pezas cedidas por variadas coleccións públicas e privadas, así como por prestatarios particulares e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. A mostra compleméntase cun completo catálogo cuxo texto analítico está asinado polo propio comisario, Carlos L. Bernárdez. A exposición, que permanecerá aberta ata o 19 de novembro, poderá ser visitada en horario de luns a venres de 17.30 a 20.30 h e sábados e festivos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. O obxectivo da iniciativa é conmemorar, a través da súa obra, o centenario do nacemento do artista.
Vigo, 19 de septiembre de 2016.-La Autoridad Portuaria recibió a la Cooperativa de Armadores del puerto de Urk encabezada por el presidente, D.G. Schutee y director, Teun Visser que se encuentran de visita en nuestra ciudad con el objeto de mantener una reunión con los armadores en su sede de la Cooperativa de Armadores del puerto de Vigo.
Ésta no es la primera vez que visitan el puerto, pero en esta ocasión se trataba de mostrar su preocupación y búsqueda de apoyos frente a la política pesquera de la UE.
Los temas tratados en esta reunión estaban relacionados con el Brexit, políticas de descartes, cuotas, desvío de contratos de venta fuera de las lonjas y otros temas de similar interés.
En este sentido se hizo especial hincapié en la regulación actualmente vigente sobre la política medioambiental; preocupación ésta que se recoge asimismo en el proyecto europeo “Blue Growth Puerto de Vigo” cuyo desarrollo se espera beneficie al sector pesquero en general.
Se trató, en definitiva, de aunar fuerzas entre los sectores implicados de ambos países, como así quedó de manifiesto la pasada semana con la visita del Embajador Matthijs van Bonzel de Los Países Bajos a nuestra ciudad.
Afundación inaugura hoxe en Vigo a mostra «Lago Rivera: No principio dun mundo, 1916-2016»
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) inaugura hoxe , martes 20 de setembro, na Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo (rúa Policarpo Sanz, 13) a mostra «Lago Rivera: No principio dun mundo, 1916-2016». Trátase dun proxecto expositivo conformado por 42 pezas cedidas por variadas coleccións públicas e privadas, así como por prestatarios particulares e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. A mostra compleméntase cun completo catálogo cuxo texto analítico está asinado polo propio comisario, Carlos L. Bernárdez. A exposición, que permanecerá aberta ata o 19 de novembro, poderá ser visitada en horario de luns a venres de 17.30 a 20.30 h e sábados e festivos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. O obxectivo da iniciativa é conmemorar, a través da súa obra, o centenario do nacemento do artista.
Comienza la búsqueda de los mejores emprendedores sociales del mundo
Chivas Regal presenta en España la nueva edición del concurso de emprendimiento social The Venture de la mano de Kike Sarasola y Antonio Fontanini.
- La start-up española elegida competirá por repartirse un millón de dólares de financiación con el resto de proyectos seleccionados por cada país participante.
Chivas Regal presenta la tercera edición de The Venture Internacional, la segunda en la que participa España, un concurso global de ideas que busca descubrir los proyectos de emprendimiento social más innovadores del mundo. Con más de un millón de dólares de fondos y recursos como recompensa, The Venture es una convocatoria abierta a todas las start-ups de éxito que usan los negocios para crear un cambio positivo en las personas, iniciativas extraordinarias que lo son fieles a la idea de que generosidad y éxito van de la mano.
En sus anteriores ediciones resultaron premiadas propuestas tan diversas como un sistema inalámbrico que permite monitorizar y hacer más eficiente el uso del agua en el campo o la ganadora en 2016, un proyecto colombiano que transforma los residuos plásticos en bloques de construcción –parecidos a las piezas de juguetes Lego–, para la edificación de viviendas.
Chivas Regal presentará The Venture ante los asistentes a la conferencia
“Breaking the rules” que el fundador y presidente de Room Mate Hotels, Kike Sarasola, ofrecerá en el Room Mate Oscar (Plaza de Pedro Zerolo, 12). Ya en la pasada edición, Sarasola fue miembro del Chivas Council, el consejo de profesionales de referencia en el mundo del emprendimiento que asesora desde su experiencia a los finalistas de The Venture.
Además, The Venture, representado por Antonio Fontanini, estará presente en la quinta edición de South Summit, el encuentro de emprendedores e innovación empresarial más importante del sur de Europa, que se celebra en Madrid los días 5 y 7 de octubre.
Tras su lanzamiento en octubre de 2014, la primera edición de The Venture reunió a emprendedores procedentes de 16 países. En 2015 esta cifra ascendió a 27 y contó con más de mil participantes de todo el mundo, entre los que se encontraba por primera vez un representante español, Rafael Espinosa de los Monteros, CEO de la plataforma Alzhup, el primer servicio socio-sanitario en la lucha contra el Alzheimer basado en la tecnología como alternativa a las terapias farmacológicas.
«Hemos tenido que buscar financiación debajo de las piedras, incluso pedir
créditos personales. Gracias a The Venture, algunas puertas ya se han abierto.»
Rafael Espinosa de los Monteros
CEO de Alzhup y finalista español de The Venture en 2016
Como en las anteriores ediciones, la propuesta más prometedora de cada país podrá optar a una parte de un millón de dólares para la financiación de su proyecto en la gran final mundial que se celebrará en julio de 2017. Antes, en marzo de ese mismo año, todos los ganadores nacionales habrán participado en The Venture’s Accelerator Week, que tendrá lugar en The Skoll Centre for Social Entrepreneurship en la Universidad de Oxford, donde recibirán formación y asesoramiento de negocio, además de la tutela de algunos de los nombres más grandes e influyentes del mundo del emprendimiento. The Venture Spain premia además con 3.000 euros al ganador nacional y con un programa de mentoring profesional para acelerar el crecimiento a las otras cuatro start-ups finalistas a nivel local.