ARTURO PARRADO APOIA A POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA BO RUMBO DE ACCESO AO MERCADO LABORAL DE PERSOAS EN SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN SOCIAL
- Contempla o desenvolvemento de itinerarios de inclusión sociolaboral, clases de competencias clave, formación para obter o permiso de conducir e un curso de manexo de carretillas elevadoras
- A iniciativa, da que se beneficiarán un total de 70 persoas, está impulsada pola Confederación Empresarial de Ourense e conta coa colaboración da Xunta de Galicia
Ourense, 23 de setembro de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acudiu á presentación do programa Bo rumbo, que porá en marcha a Confederación Empresarial de Ourense para evitar a exclusión e fomentar o acceso e a permanencia no mercado laboral daquelas persoas en situacións desfavorecidas.
Este programa, do que se beneficiarán un total de 70 persoas, contempla diversas actuacións entre as que se atopan itinerarios de inclusión sociolaboral, que comprenden a valoración e deseño individual dun itinerario con medidas de acompañamento, orientación social e laboral, busca activa de emprego e mellora de habilidades sociais. Destas 70 persoas, 40 participarán nestes itinerarios e dentro deste grupo de 40 participantes, 30 delas recibirán formación para obter o permiso de conducir. Así mesmo, a través de Bo rumbo, impartiranse clases de competencias clave, orientadas á obtención do título da ESO a outras 15 persoas, así como un curso de manexo de carretillas elevadoras para outras 15 persoas.
Arturo Parrado valorou moi positivamente a posta en marcha deste programa, e gabou o traballo da Confederación en prol da inserción laboral e da integración social das persoas que máis o precisan.
O director xeral sinalou que a formación é “unha das mellores armas para loitar contra a exclusión social” e incidiu en que as “melloras educativas son o vehículo ideal para mellorar a calidade de vida das persoas”. Nesta liña insistiu en que a formación orientada ao traballo é “un dos piares básicos na inserción daquelas persoas que se atopan en situación de risco ou exclusión social”.
ROSA MONTERO GALARDONADA CON EL VII PREMIO JOSÉ LUIS SAMPEDRO DE GETAFE NEGRO
POLÍTICA SOCIAL ASINA UN CONVENIO COA FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA PROMOCIONA PARA A REDUCIÓN DO ABANDONO ESCOLAR
- A Consellería de Política Social outorgará 35.000 euros para acadar taxas máis elevadas de éxito académico do alumnado de etnia xitana a través da normalización educativa durante a etapa de escolarización obrigatoria
- “A elaboración de políticas activas para a poboación xitana co obxectivo de mellorar as súas condicións de vida, e garantir a igualdade de oportunidades no seu acceso aos servizos públicos é unha das nosas prioridades”, explicou o conselleiro José Manuel Rey Varela
Santiago, 23 de setembro de 2016.- A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, vén de asinar un convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano para contribuír ao financiamento do desenvolvemento do ‘Programa Promociona’. Unha iniciativa novedosa que ten por obxecto promover a finalización dos estudos obrigatorios e reducir o abandono escolar na comunidade xitana.
Ao abeiro do convenio subscrito entre ambas entidades, a Consellería de Política Social outorgará 35.000 euros para a posta en marcha deste programa destinado ao apoio aos escolares de etnia xitana e ás súas familias. Así, o obxectivo pasa por acadar taxas máis elevadas de éxito académico a través da normalización educativa do alumnado xitano durante a etapa de escolarización obrigatoria, con especial incidencia no último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º curso) e en Educación Secundaria Obrigatoria (1º a 4º curso). Así mesmo, o Programa “Promociona” promoverá a continuidade en estudios medios, superiores e formación profesional para o que se prestará orientación educativa e familiar e sesións de apoio escolar e reforzo aos alumnos.
“A elaboración de políticas activas para a poboación xitana co obxectivo de mellorar as súas condicións de vida, e garantir a igualdade de oportunidades no seu acceso aos servizos públicos é unha das nosas prioridades”, explicou Rey Varela. Neste sentido afondou que “para que os cidadáns teñan as mesmas oportunidades cómpre que estes teñan o mesmo nivel de formación, por iso hoxe achegamos máis a educación ao colectivo xitano, para que os nosos mozos e mozas teñan unha formación diversa pero equitativa”.
Deste xeito, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, cumpre coa súa competencia de asistencia social e as súas funcións de apoio á familia, á infancia e á adolescencia entre outras. A planificación e coordinación das entidades prestadoras de servizos sociais no sector socio familiar así como a cooperación coas entidades de iniciativa social, son prioridades para o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia.
Fundación Secretariado Gitano Galicia
A FSG é unha entidade social intercultural sen ánimo de lucro que presta servizos para o desenvolvemento da comunidade xitana en Galicia. Dende o ano 2001, desenvolve programas e accións que pretenden fomentar a participación social e a incorporación laboral da comunidade xitana en Galicia, e apoiar as iniciativas que, dende distintas entidades, teñen por obxecto a mellora das condicións de vida das persoas xitanas. Na actualidade atende a preto de 2.000 persoas e conta con sedes en Lugo, Santiago, A Coruña, Narón, Pontevedra e Vigo. Ademais de programas como ACCEDER, a FSG desenvolve outros programas a nivel local, de equipamento para a acción social, de intervención social, de busca de emprego, de muller, de drogodependencias ou de educación de persoas adultas entre outros.
A XUNTA ADXUDICA CINCO VIVENDAS CEDIDAS POR ENTIDADES FINANCEIRAS EN VARIOS CONCELLOS PONTEVEDRESES
- As adxudicacións realizáronse en Vilagarcía de Arousa, Lalín, Nigrán e A Guarda
Santiago, 23 de setembro de 2016.- A Comisión Provincial de Vivenda da provincia de Pontevedra propuxo está mañá a adxudicación dun total de cinco vivendas nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Lalín, Nigrán e A Guarda despois de estudar os expedientes e documentación presentada polos solicitantes. No concello de Vilagarcía proponse a adxudicación de dúas vivendas e no resto de concellos unha en cada caso, correspondendo a adxudicación á conselleira de Infraestruturas e Vivenda.
As vivendas adxudicadas hoxe foron cedidas ao IGVS por Abanca e Sareb e destínanse a realoxos de familias en situación de especial necesidade. A adxudicación realízase en réxime de alugueiro social.
O DOG PUBLICA HOXE A LICITACIÓN DAS OBRAS DA SENDA PEONIL E CICLISTA NA ESTRADA PO-552, NO PASEO MARÍTIMO DE BAIONA, POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 182.000 EUROS
- Esta actuación aproveitará o paseo xa existente, parte da beiravía e a plataforma adoquinada, para construír un novo itinerario, pola marxe dereita da estrada, que permita dividir o tráfico peonil e ciclista
- Este itinerario está enmarcado no Plan de Sendas de Galicia para a comarca de Vigo, que contempla a construción de 11 sendas sustentables e seguras
Santiago, 23 de setembro de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras da senda peonil e ciclista na estrada PO-552, na zona do Paseo Marítimo de Baiona.
Estas actuacións licítanse por un importe de máis de 182.000 euros que serán achegados pola Xunta. O prazo de execución é de 3 meses e a data límite para a presentación de ofertas é o vindeiro día 19 de outubro.
Estas actuacións están enmarcadas no Plan de Sendas de Galicia para a comarca de Vigo, que contempla un investimento de 2,8 millóns de euros para a construción de 11 sendas sustentables e seguras.
A fronte marítima da travesía de Baiona conta cun paseo con zonas diferenciadas para o tránsito de peóns e bicicletas, salvo no tramo final, desde o PK 16+400 (acceso porto deportivo) ao 16+650 (glorieta no acceso ao Parador), no que non existe unha plataforma para os diferentes usos. Neste sentido, este proxecto ten por obxecto a remodelación da plataforma existente neste tramo para executar un carril para bicicletas, que permita segregar o tránsito peonil do ciclista.
Para a súa execución, aproveitarase parte da beiravía e demolerase unha parte do paseo, o que permitirá acadar unha sección tipo: con senda ciclista de 1,8 m e senda peonil de 4 m e con dúas pequenas franxas verdes, para separar a calzada do carril destinado á circulación de bicicletas e este da senda peonil. O carril terá pavimento de pedra, atendendo ao estipulado no Plan especial de protección do Conxunto Histórico Artístico do Concello de Baiona.
REY VARELA ASEGURA QUE A CONSTRUCIÓN DO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE MAÑÓN “MELLORARÁ A CALIDADE DE VIDA DE TODAS AS PERSOAS DO CONCELLO CORUÑÉS”
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegará ao Concello de Mañón unha cantidade máxima de 300.000 euros durante as anualidades 2016, 2017 e 2018
Santiago, 23 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou esta mañá un convenio de colaboración co Concello de Mañón, representado polo seu alcalde, Alfonso Emilio Balseiro Gómez, para o financiamento das obras de construción do centro sociocomunitario sito na localidade de Barqueiro. Rey Varela destacou este fito para todas as persoas do concello coruñés que verán “a súa calidade de vida mellorada grazas a un dos froitos da coordinación entre a Xunta de Galicia e os entes locais para coordinar a atención social dos cidadáns galegos”. “Para que a política social de Galicia chegue a todos os recunchos e a todos os maiores con independencia do lugar no que vivan”, engadiu.
Nas súas verbas, o conselleiro asegurou que “moi pronto poderemos por a disposición dos veciños de Mañón esta nova infraestrutura social”. Ao abeiro do convenio, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegará ao Concello de Mañón unha cantidade máxima de 300.000 euros durante as anualidades 2016, 2017 e 2018 (data na que o convenio quedará sen vigor).
O convenio entre Política Social, a través do Consorcio, e o Concello de Mañón, asínase de acordo coa misión do propio Consorcio de participar na dirección, avaliación e control da xestión dos servizos sociais de ámbito local.
Deste xeito e a través da sinatura do convenio, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar dá cumprimento ás súas competencias de garantir o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade; incrementar os niveis de cobertura, intensidade e calidade de atención dos distintos servizos e prestacións; e realizar unha distribución efectiva dos servizos e prestacións a fin de dar resposta ás necesidades reais da poboación.
REUNIÓN DE MARINAS DEPORTIVAS PARA LA CREACIÓN DE UN CLUSTER EN EL MARCO DEL PLAN BLUE GROWTH PUERTO DE VIGO
Vigo, 23 de septiembre de 2016.- Hoy se han reunido en las dependencias de la Autoridad Portuaria de Vigo los representantes de las Marinas Deportivas directamente involucradas en la posible creación de un Cluster que refuerce la competitividad del sector a nivel local, nacional e internacional. Entre los representantes se encontraban el Real Club Naútico de Vigo, el Real Club Náutico de Bayona, la Marina Davila Sport, la Marina Punta Lagoa y el Liceo Marítimo de Bouzas, así como representantes de la Autoridad Portuaria de Vigo y de Portos de Galicia.
Se trata de la ejecución de una de las Acciones previstas que fueron identificadas en el marco del Grupo de trabajo del Plan Blue Growth Puerto de Vigo.
De forma unánime se aprobó la creación de un Cluster que tendrá como objetivos principales contribuir a la ordenación del espacio portuario y del incremento de demanda mediante la promoción y consolidación de actividades náutico-deportivas, turísticas y servicios náuticos.
Asimismo, entre algunos de los temas tratados, se propone acercar en mayor medida las actividades náutico–deportivas tanto al público local como a las poblaciones interiores de la provincia y de Galicia, sin olvidar el gran potencial que tiene el sector internacional. Como buen ejemplo hacemos referencia a la gran cantidad de yates y embarcaciones que pasan por nuestras costas. La Ría de Vigo y la Bahía de Bayona poseen grandes atractivos para este sector y ofrecen servicios que repercutan positivamente en el sector turístico y hostelero.
De igual modo, se determinaron los pasos a seguir en los próximos meses, que deberán concluir en la constitución definitiva del Cluster, que nace con una clara vocación abierta a todas las entidades relacionadas con el sector marítimo y la ciudad.
A XUNTA DE GALICIA IMPULSA AS CAPACIDADES DOS LÍDERES DE FUTURO NA XORNADA “BÚSQUEDA DO TALENTO NA EMPRESA”
- Ao longo da mañá tiveron lugar dúas mesas redondas sobre “Criterios de contratación de persoal nas empresas” e “5 anos dun talento no mercado galego”
- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, destacou que “a xuventude é o noso principal activo”, motivo polo cal “a tarefa da administración debe ser facilitar as ferramentas que permitan descubrir os líderes do futuro
- O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, informou aos mozos e mozas sobre os mecanismos dos que dispón a Consellería de Economía, Emprego e Industria para favorecer os seu acceso ao mercado laboral e, polo tanto, incrementar as súas oportunidades de atopar un emprego
Santiago, 23 de setembro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e o director xeral de Promoción e Orientación Laboral, José Alfonso Marnotes, presentaron hoxe en Santiago a xornada “Búsqueda do talento na empresa”,1 na que tiveron lugar sendas mesas redondas sobre “Criterios de contratación de persoal nas empresas” e “5 anos dun talento no mercado galego”.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, destacou que “a xuventude é o noso principal activo”, motivo polo cal “a tarefa da administración debe ser facilitar as ferramentas que permitan descubrir e potenciar o talento dos líderes do futuro mediante a súa participación en programas de educación non formal que amplíen o currículo académico dos nosos mozos e mozas”.
Pola súa banda, o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, informou aos mozos e mozas sobre os mecanismos dos que dispón a Consellería de Economía, Emprego e Industria para favorecer os seu acceso ao mercado laboral e, polo tanto, incrementar as súas oportunidades de atopar un emprego.
Marnotes definiu á mocidade galega como “unha peza fundamental no noso futuro inmediato” e, deste xeito, afondou na necesidade de adaptar os seus perfís profesionais cara aos requirimentos actuais do mercado laboral. En concreto, destacou a importancia de adaptarse ás novas demandas da Industria 4.0, entendendo a formación e a capacitación como pancas de cambio. Subliñou, ao respecto, que a Xunta está a reforzar e modernizar os Centros de Formación Profesional para o Emprego e está a adaptar a formación cara ao novo modelo industrial.
Así mesmo, o director xeral fixo fincapé no Programa de Garantía Xuvenil que inclúe diversas iniciativas para os menores de 30 anos como son apoios aos autónomos, os obradoiros de emprego, os incentivos á contratación ou os programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro. A Administración autonómica, ademais, ten a disposición da mocidade 56 técnicos de orientación ou titores que deseñan itinerarios de emprego específicos para os mozos e mozas.
A través de Garantía Xuvenil, existe tamén un programa para facilitar a inserción laboral dos estudantes de FP cuxo prazo para presentar as solicitudes remata o próximo 30 de setembro. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo principal propiciar que os alumnos de FP obteñan un contrato laboral no mesmo centro de traballo onde realizan as súas prácticas.
Por último, referiuse tamén ás lanzadeiras de emprego e programas integrados de emprego que ten en marcha a Administración autonómica para incrementar as oportunidades laborais dos seus participantes. “Con estas medidas o que pretende o Goberno galego é incrementar as oportunidades da mocidade para atopar un emprego e impulsar o traballo estable e de calidade”, rematou
A xornada está enmarcada no Forum Cicerón, un programa de formación e inserción laboral para que o talento dos universitarios galegos se desenvolva en toda a súa expresión. Trátase dunha inmersión de 2 días onde os universitarios participarán nunha serie de obradoiros e actividades que culminarán nunha competición de debate por equipos onde demostrarán os coñecementos adquiridos e habilidades directivas e sociais desenvoltas. Esta iniciativa terá lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío, onde pernoitarán unha noite, e na Cidade da Cultura de Galicia os días 27 e 28 de outubro.
O Forum Cicerón conta con 32 prazas. Os participantes serán seleccionados en base ao seu currículo, que deberá acompañase dunha carta de motivación, e dunha entrevista persoal.
Ademais, deberán estar cursando o último ano dun título de grao en calquera das tres universidades galegas ou ben estar titulado con posterioridade ao curso académico 2013-2014. Estes últimos, non poderán ter máis dun ano de experiencia profesional, excluíndo períodos de práctica ou becas. A inscrición realizarase a través dun formulario da web do Forum Cicerón e a participación será gratuíta.
As actividades que desenvolverán os participantes centraranse na adquisición de competencias individuais como liderado, comunicación, estratexia, orientación a resultados e obxectivos ou resolución de problemas. Tamén traballarán as competencias grupais, como traballo en equipo, deseño de estratexias ou asunción de roles. As accións do Forum Cicerón serán seguidas en tempo real por responsables de recursos humanos de varias empresas galegas, que buscarán futuras fichaxes entre os participantes.
O Forum Cicerón é unha iniciativa conxunta entre as consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Economía, Emprego e Industria; e Política Social.
O espectáculo de danza As catro estacións de Vivaldi chega mañá ao Teatro Afundación de Vigo
O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá mañá as 20.30 h o espectáculo de danza «As catro estacións». A adaptación da ópera de Vivaldi é unha iniciativa do Centro Coreográfico Galego onde as paisaxes galegas protagonizarán a escenografía a través de fotografías. O obxectivo do proxecto é achegar a danza a públicos que non acoden habitualmente a este tipo de espectáculos. As localidades poden adquirirse mediante as canles habituais de comercialización da entidade a través da web de Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500.
¡La Fábrica celebra el otoño con envíos gratuitos durante este fin de semana en tu tienda online! ¡No olvides el código! OTOÑO MARTES 27 DE SEPTIEMBRE 19:30h presentación BORN TO RUN BRUCE SPRINGSTEEN La Fábrica reúne al director de cine Manuel Huerga y al periodista Fernando Navarro (El País, M80 Radio) para presentar la autobiografía de Bruce Springsteen, Born To Run. Un recorrido en primera persona por cuarenta años de rock. Unas vivencias que recoge Literatura Random House y que expresan las vivencias del músico a lo largo de una vida dedicada a la música. COMPRAR VIERNES 30 DE SEPTIEMBRE 19:30h presentación EL LIBRO DE LA SELVA Yann Gross Ganador del Arles Dummy Award 2015, Yann Gross presenta en España la edición en castellano de su último trabajo, El libro de la selva. Para el acto contaremos con la visita de Yann Gross y de Lea Tyrallová, de la editorial RM. En esta obra, el artista suizo evalúa las consecuencias del progreso en un territorio como el Amazonas en un impresionante conjunto fotográfico. COMPRAR VIERNES 30 DE SEPTIEMBRE A DOMINGO 02 DE OCTUBRE ¡ÚLTIMAS PLAZAS! Taller fotográfico DEAD DROPS Carlos Alba y Xavier Fernández Fuentes El taller parte del concepto del libro de Carlos Alba, “The Observation of Trifles” y diseñado por Xavier Fernández Fuentes, que a través de materiales encontrados en la calle, se establece una conexión entre el objeto que un ciudadano ha dejado olvidado y la imagen que se obtiene gracias a este; se utiliza el objeto como punto de partida para conocer tu entorno (tu barrio, tu ciudad…) y sus habitantes. Gracias a estos objetos olvidados o destinados a la basura, podemos contar con más detalle la sociedad en la que vivimos y la vida de una ciudad. Este proyecto colectivo que se llevará a cabo en tres jornadas, consiste en elaborar una publicación en formato PDF. Esta publicación se devolverá a diferentes puntos de la ciudad en forma de “Dead drops” De esta forma devolvemos a la ciudad lo que hemos encontrado en ella. +info APÚNTATE EXPOSICIONES #LaParedRojaDeLaFabrica Enantiodromia Yuri Tuma 08 Sep. – 04 Oct. The Observation of Trifles Carlos Alba 17 Sep. – 01 Nov.
El director del Igape, Javier Aguilera, y el presidente de la institución cameral, evaluaron las próximas convocatorias de misiones empresariales amparadas por el Plan Foexga para 2016 y 2017
- La Cámara de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa lanzará en próximas fechas las convocatorias de misiones que organizará este año, centradas en mercados como Rumanía y Bulgaria, Australia y Nueva Zelanda, Brasil, Centroamérica o Estados Unidos y Canadá, entre otros
Vigo, 23/09/2016. El director general del Igape, Javier Aguilera, y el presidente de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa, José García Costas, evaluaron hoy las convocatorias que publicará esta entidad cameral en próximas fechas para la organización de misiones empresariales amparadas por la nueva edición del Plan Foexga para 2016 y 2017, que ya ha sido publicado en el DOG
Impulsado por la Consellería de Economía, Emprego e Industria y coordinado por el Igape al amparo del convenio de colaboración con las cámaras de comercio, el Plan Foexga tiene entre sus objetivos- asentados también en la complementariedad para evitar duplicidades-, los de fomentar y consolidar la presencia de las empresas gallegas
La Cámara de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa lanzará en próximas fechas sus primeras convocatorias, para misiones plurisectoriales hacia mercados europeos como Rumanía y Bulgaria, o como Croacia, Serbia, Eslovenia y Bosnia; hacia Australia y Nueva Zelanda; hacia mercados americanos como Centroamérica, Brasil, Estados Unidos y Canadá; o hacia mercados africanos como Nigeria, Ghana y Costa de Marfil
A través de las Cámaras de Comercio gallegas participantes, que organizarán y convocarán en su momento las misiones internacionales, el Plan Foexga podrá facilitar la puesta en marcha de iniciativas para favorecer el crecimiento de las exportaciones y la apertura exterior de las pequeñas y medianas empresas. La convocatoria de Foexga que se acaba de activar cuenta este año con 57 mercados de todo el mundo considerados prioritarios para el tejido empresarial gallego.
El Plan Foexga está diseñado para complementar el marco de servicios y ayudas que la Xunta pone a disposición de las empresas gallegas para facilitar el incremento de las exportaciones gallegas en el marco de la Estrategia de Internacionalización de la Empresa Gallega 2020