A XUNTA DE GALICIA IMPULSA AS CAPACIDADES DOS LÍDERES DE FUTURO NA XORNADA “BÚSQUEDA DO TALENTO NA EMPRESA”

img_5402

  • Ao longo da mañá tiveron lugar dúas mesas redondas sobre “Criterios de contratación de persoal nas empresas” e “5 anos dun talento no mercado galego”
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, destacou que “a xuventude é o noso principal activo”, motivo polo cal “a tarefa da administración debe ser facilitar as ferramentas que permitan descubrir os líderes do futuro
  • O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, informou aos mozos e mozas sobre os mecanismos dos que dispón a Consellería de Economía, Emprego e Industria para favorecer os seu acceso ao mercado laboral e, polo tanto, incrementar as súas oportunidades de atopar un emprego

 

Santiago, 23 de setembro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e o director xeral de Promoción e Orientación Laboral, José Alfonso Marnotes, presentaron hoxe en Santiago a xornada “Búsqueda do talento na empresa”,1 na que tiveron lugar sendas mesas redondas sobre “Criterios de contratación de persoal nas empresas” e “5 anos dun talento no mercado galego”.

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, destacou que “a xuventude é o noso principal activo”, motivo polo cal “a tarefa da administración debe ser facilitar as ferramentas que permitan descubrir e potenciar o talento dos líderes do futuro mediante a súa participación en programas de educación non formal que amplíen o currículo académico dos nosos mozos e mozas”.

 

Pola súa banda, o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, informou aos mozos e mozas sobre os mecanismos dos que dispón a Consellería de Economía, Emprego e Industria para favorecer os seu acceso ao mercado laboral e, polo tanto, incrementar as súas oportunidades de atopar un emprego.

 

Marnotes definiu á mocidade galega como “unha peza fundamental no noso futuro inmediato” e, deste xeito, afondou na necesidade de adaptar os seus perfís profesionais cara aos requirimentos actuais do mercado laboral. En concreto, destacou a importancia de adaptarse ás novas demandas da Industria 4.0, entendendo a formación e a capacitación como pancas de cambio. Subliñou, ao respecto, que a Xunta está a reforzar e modernizar os Centros de Formación Profesional para o Emprego e está a adaptar a formación cara ao novo modelo industrial.

 

Así mesmo, o director xeral fixo fincapé no Programa de Garantía Xuvenil que inclúe diversas iniciativas para os menores de 30 anos como son apoios aos autónomos, os obradoiros de emprego, os incentivos á contratación ou os programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro. A Administración autonómica, ademais, ten a disposición da mocidade 56 técnicos de orientación ou titores que deseñan itinerarios de emprego específicos para os mozos e mozas.

 

A través de Garantía Xuvenil, existe tamén un programa para facilitar a inserción laboral dos estudantes de FP cuxo prazo para presentar as solicitudes remata o próximo 30 de setembro. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo principal propiciar que os alumnos de FP obteñan un contrato laboral no mesmo centro de traballo onde realizan as súas prácticas.

 

Por último, referiuse tamén ás lanzadeiras de emprego e programas integrados de emprego que ten en marcha a Administración autonómica para incrementar as oportunidades laborais dos seus participantes. “Con estas medidas o que pretende o Goberno galego é incrementar as oportunidades da mocidade para atopar un emprego e impulsar o traballo estable e de calidade”, rematou

 

A xornada está enmarcada no Forum Cicerón, un programa de formación e inserción laboral para que o talento dos universitarios galegos se desenvolva en toda a súa expresión. Trátase dunha inmersión de 2 días onde os universitarios participarán nunha serie de obradoiros e actividades que culminarán nunha competición de debate por equipos onde demostrarán os coñecementos adquiridos e habilidades directivas e sociais desenvoltas. Esta iniciativa terá lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío, onde pernoitarán unha noite, e na Cidade da Cultura de Galicia os días 27 e 28 de outubro.

 

O Forum Cicerón conta con 32 prazas. Os participantes serán seleccionados en base ao seu currículo, que deberá acompañase dunha carta de motivación, e dunha entrevista persoal.

 

Ademais, deberán estar cursando o último ano dun título de grao en calquera das tres universidades galegas ou ben estar titulado con posterioridade ao curso académico 2013-2014. Estes últimos, non poderán ter máis dun ano de experiencia profesional, excluíndo períodos de práctica ou becas. A inscrición realizarase a través dun formulario da web do Forum Cicerón e a participación será gratuíta.

 

As actividades que desenvolverán os participantes centraranse na adquisición de competencias individuais como liderado, comunicación, estratexia, orientación a resultados e obxectivos ou resolución de problemas. Tamén traballarán as competencias grupais, como traballo en equipo, deseño de estratexias ou asunción de roles. As accións do Forum Cicerón serán seguidas en tempo real por responsables de recursos humanos de varias empresas galegas, que buscarán futuras fichaxes entre os participantes.

 

O Forum Cicerón é unha iniciativa conxunta entre as consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Economía, Emprego e Industria; e Política Social.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: