ARTURO PARRADO APOIA A POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA BO RUMBO DE ACCESO AO MERCADO LABORAL DE PERSOAS EN SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN SOCIAL

  • Contempla o desenvolvemento de itinerarios de inclusión sociolaboral, clases de competencias clave, formación para obter o permiso de conducir e un curso de manexo de carretillas elevadoras
  • A iniciativa, da que se beneficiarán un total de 70 persoas, está impulsada pola Confederación Empresarial de Ourense e conta coa colaboración da Xunta de Galicia

 

Ourense, 23 de setembro de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acudiu á presentación do programa Bo rumbo, que porá en marcha a Confederación Empresarial de Ourense para evitar a exclusión e fomentar o acceso e a permanencia no mercado laboral daquelas persoas en situacións desfavorecidas.

 

Este programa, do que se beneficiarán un total de 70 persoas, contempla diversas actuacións entre as que se atopan itinerarios de inclusión sociolaboral, que comprenden a valoración e deseño individual dun itinerario con medidas de acompañamento, orientación social e laboral, busca activa de emprego e mellora de habilidades sociais. Destas 70 persoas, 40 participarán nestes itinerarios e dentro deste grupo de 40 participantes, 30 delas recibirán formación para obter o permiso de conducir. Así mesmo, a través de Bo rumbo, impartiranse clases de competencias clave, orientadas á obtención do título da ESO a outras 15 persoas, así como un curso de manexo de carretillas elevadoras para outras 15 persoas.

 

Arturo Parrado valorou moi positivamente a posta en marcha deste programa, e gabou o traballo da Confederación en prol da inserción laboral e da integración social das persoas que máis o precisan.

 

O director xeral sinalou que a formación é “unha das mellores armas para loitar contra a exclusión social” e incidiu en que as “melloras educativas son o vehículo ideal para mellorar a calidade de vida das persoas”. Nesta liña insistiu en que a formación orientada ao traballo é “un dos piares básicos na inserción daquelas persoas que se atopan en situación de risco ou exclusión social”.  

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: