O DOG PUBLICA HOXE A LICITACIÓN DAS OBRAS DA SENDA PEONIL E CICLISTA NA ESTRADA PO-552, NO PASEO MARÍTIMO DE BAIONA, POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 182.000 EUROS

  • Esta actuación aproveitará o paseo xa existente, parte da beiravía e a plataforma adoquinada, para construír un novo itinerario, pola marxe dereita da estrada, que permita dividir o tráfico peonil e ciclista
  • Este itinerario está enmarcado no Plan de Sendas de Galicia para a comarca de Vigo, que contempla a construción de 11 sendas sustentables e seguras

Santiago, 23 de setembro de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras da senda peonil e ciclista na estrada PO-552,  na zona do Paseo Marítimo de Baiona.

Estas actuacións licítanse por un importe de máis de 182.000 euros que serán achegados pola Xunta. O prazo de execución é de 3 meses e a data límite para a presentación de ofertas é o vindeiro día 19 de outubro.

Estas actuacións están enmarcadas no Plan de Sendas de Galicia para a comarca de Vigo, que contempla un investimento de 2,8 millóns de euros para a construción de 11 sendas sustentables e seguras.

A fronte marítima da travesía de Baiona conta cun paseo con zonas diferenciadas para o tránsito de peóns e bicicletas, salvo no tramo final, desde o PK 16+400 (acceso porto deportivo) ao 16+650 (glorieta no acceso ao Parador), no que non existe unha plataforma para os diferentes usos. Neste sentido, este proxecto ten por obxecto a remodelación da plataforma existente neste tramo para executar un carril para bicicletas, que permita segregar o tránsito peonil do ciclista.

 

Para a súa execución, aproveitarase parte da beiravía e demolerase unha parte do paseo, o que permitirá acadar unha sección tipo: con senda ciclista de 1,8 m e senda peonil de 4 m e con dúas pequenas franxas verdes, para separar a calzada do carril destinado á circulación de bicicletas e este da senda peonil. O carril terá pavimento de pedra, atendendo ao estipulado no Plan especial de protección do Conxunto Histórico Artístico do Concello de Baiona.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: