Archivo | septiembre 23, 2016

AGENDA SEMANAL LA FÁBRICA 26 Sep. – 02 Oct.

¡La Fábrica celebra el otoño con envíos gratuitos durante este fin de semana en tu tienda online!
¡No olvides el código!
OTOÑO

MARTES 27 DE SEPTIEMBRE 19:30h

presentación
BORN TO RUN
BRUCE SPRINGSTEEN

La Fábrica reúne al director de cine Manuel Huerga y al periodista Fernando Navarro (El País, M80 Radio) para presentar la autobiografía de Bruce Springsteen, Born To Run. Un recorrido en primera persona por cuarenta años de rock. Unas vivencias que recoge Literatura Random House y que expresan las vivencias del músico a lo largo de una vida dedicada a la música.

VIERNES 30 DE SEPTIEMBRE 19:30h

presentación
EL LIBRO DE LA SELVA
Yann Gross
Ganador del Arles Dummy Award 2015, Yann Gross presenta en España la edición en castellano de su último trabajo, El libro de la selva. Para el acto contaremos con la visita de Yann Gross y de Lea Tyrallová, de la editorial RM. En esta obra, el artista suizo evalúa las consecuencias del progreso en un territorio como el Amazonas en un impresionante conjunto fotográfico.

VIERNES 30 DE SEPTIEMBRE A DOMINGO 02 DE OCTUBRE

¡ÚLTIMAS PLAZAS!

Taller fotográfico
DEAD DROPS
Carlos Alba y Xavier Fernández Fuentes

El taller parte del concepto del libro de Carlos AlbaThe Observation of Trifles” y diseñado por Xavier Fernández Fuentes, que a través de materiales encontrados en la calle, se establece una conexión entre el objeto que un ciudadano ha dejado olvidado y la imagen que se obtiene gracias a este; se utiliza el objeto como punto de partida para conocer tu entorno (tu barrio, tu ciudad…) y sus habitantes. Gracias a estos objetos olvidados o destinados a la basura, podemos contar con más detalle la sociedad en la que vivimos y la vida de una ciudad.

Este proyecto colectivo que se llevará a cabo en tres jornadas, consiste en elaborar una publicación en formato PDF. Esta publicación se devolverá a diferentes puntos de la ciudad en forma de “Dead drops” De esta forma devolvemos a la ciudad lo que hemos encontrado en ella. +info

APÚNTATE

EXPOSICIONES

#LaParedRojaDeLaFabrica
Enantiodromia
Yuri Tuma

08 Sep. – 04 Oct.
The Observation of Trifles
Carlos Alba

17 Sep. – 01 Nov.

A XUNTA DE GALICIA COLABORARÁ NO DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA AVÓS E AVOAS COIDADORES DE CRUZ VERMELLA NAS SETE CIDADES GALEGAS

  • Implantaranse escolas para maiores educadores nos centros sociocomunitarios de titularidade autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo durante os meses de outubro, novembro e decembro
  • Con esta iniciativa pioneira tratarse de ofrecer unha resposta a avós e avoas que exercen labores parentais de coidado e crianza, a través de espazos grupais de formación e auto soporte, así como un traballo individual en función das necesidades concretas

 

Santiago, 23 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e a presidenta de Cruz Vermella de Galicia, María del Carmen Colmeiro Rojo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun programa pioneiro de soporte psicosocial a persoas maiores que exercen labores parentais con menores de idade a través dunha escola de avós e avoas educadores/as.

 

Así as cousas, Rey Varela explicaba logo da sinatura que a realidade social actual pon de manifesto que moitas persoas maiores se fan cargo da educación e crianza de netos e netas menores de idades, como fonte esencial de apoio á conciliación familiar e laboral, así como de apoio social cando os pais e nais non poden facerse cargo dos seus respectivos fillos e fillas. “Estas funcións de apoio poden en moitos casos supoñer un factor de estrés que afecta á calidade de vida dos maiores”, sinalaba o titular de Política Social. Así mesmo, ponse de manifesto que os problemas familiares son en moitos casos transxeneracionais, xa que determinadas pautas educativas que puideron xerar disfuncións en determinados grupos familiares, poden repetirse nas novas xeracións.

 

Con base a estas premisas, Cruz Vermella creou un programa de apoio psicosocial a persoas maiores que exercen labores parentais de coidado e crianza de netos e netas que actualmente se está a desenvolver de xeito experimental en Carballo e Narón.

 

Considerando o interese social do programa tanto para o benestar das familias, como para a prevención no ámbito de menores daqueles grupos familiares afectados, a Consellería de Política Social asinou hoxe este convenio de colaboración para facilitar o desenvolvemento do programa nas sete grandes cidades de Galicia. Para elo, implantaranse escolas de avós e avoas educadores nos centros sociocomunitarios de titularidade autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo durante os meses de outubro, novembro e decembro.

 

Así e a través desta iniciativa tratarase de ofrecer unha resposta a aquelas persoas maiores que exercen labores parentais de coidado e crianza, a través de espazos grupais de formación e auto soporte, así como un traballo individual en función das necesidades concretas.

Nos obradoiros formativos desenvolveranse habilidades específicas que capaciten a estas persoas para o manexo de situacións cotiás na crianza e educación dos nenos e nenas ao seu cargo, orientándoos e apoiándoos en todos os aspectos que leva consigo a crianza. Ademais de prestarlle un apoio psicosocial para fortalecer as habilidades de autocoidado necesarias para afrontar esta situación dunha maneira segura e saudable.  A escola de avós e avoas propicia tamén a constitución de grupos de axuda mutua integrados por voluntarios, avós e avoas e netos e netas, para que unha vez finalizadas as actividades das sucesivas escolas, as persoas participantes poidan seguir mantendo unha vinculación e axudándose mutuamente.

 

O conselleiro de Política Social valorou de xeito moi positivo a posta en marcha deste convenio de colaboración “que axudará á conciliación da vida persoal e laboral dos pais e nais, e no benestar dos nenos e nenas”.

 

NUTRENDO PONE EN MARCHA EN VIGO UNA CAMPAÑA PARA PROMOVER HÁBITOS DE VIDA SALUDABLES Y UNA ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA

Entre los meses de octubre y diciembre, el equipo dirigido por la Doctora Bertina Ferrández, organizará una serie de sesiones teórico-prácticas gratuitas, dirigidas a sus pacientes y al público en general, en las que se abordarán diferentes temáticas relacionadas con la nutrición.

▪    El primero de los talleres, que tendrá lugar los días 10 y 21 de octubre, tiene por objetivo ayudar a entender de manera didáctica cómo deben ser las raciones de una dieta saludable y equilibrada, basándose en el Método del Plato.

PULL&BEAR VUELA CON IBERIA EXPRESS CON MOTIVO DE LA PRESENTACIÓN MUNDIAL DE SU NUEVA SEDE ECOEFICIENTE

Iberia Express lleva la celebración de la nueva sede central  de Pull&Bear, marca perteneciente al Grupo Inditex (Zara, Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, Zara Home y Uterqüe) a más de 30.000 pies de altura. La aerolínea ha personalizado un avión A320 de su flota con la imagen de esta conocida marca de moda española, sumándose como patrocinador a las acciones de marketing que Pull&Bear está realizando en el marco de la #pullandbearhouse, una campaña que celebra la inauguración de su innovadora sede ecoeficiente en Narón (A Coruña) y sus 25 años de historia, y cuyo invitado de honor es Brooklyn Beckham.
Avión A320 de Iberia Express personalizado con la imagen de Pull&Bear

O SÁBADO 24, CONCERTO FOLK DO GRUPO NA VIRADA EN DETRÁS DO MARCO

14361438_1757795241156465_2290850508476678709_oO grupo musical galego Na Virada ofrecerá este sábado 24 de setembro (20:30 horas)  un concerto de música folk en Detrás do Marco. Música e poesía para compartir. Entrada gratuíta.

POLÍTICA SOCIAL ASINA UN CONVENIO CON APAMP PARA A MELLORA DA INTERVENCIÓN EDUCATIVA COS NENOS E NENAS DE 0-3 ANOS AFECTADOS DE PARÁLISE CEREBRAL E TRASTORNOS AFÍNS NA ÁREA DE VIGO

  • O departamento autonómico e a entidade colaborarán na sensibilización e na difusión de materiais e documentos que permitan un maior coñecemento das circunstancias específicas asociadas aos menores que padecen estas doenzas
  • Os beneficiarios deste convenio serán os nenos e nenas afectados escolarizados nos centros da rede galega de escolas infantís situados na cidade olívica e na súa área metropolitana

 

Santiago, 22 de setembro de 2016.- A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) para a mellora da intervención educativa cos nenos e nenas de 0-3 anos afectados de parálise cerebral e trastornos afíns.

 

A atención á diversidade do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo require dunha acción integrada das administracións públicas e das asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que dediquen o seu esforzo a este fin. Nesta liña e de acordo ao convenio asinado hoxe, a Consellería de Política Social e APAMP colaborarán conxuntamente para mellorar a intervención educativa co alumnado da rede galega das escolas infantís. Tamén na sensibilización e na difusión de materiais e documentos que permitan un maior coñecemento das circunstancias específicas asociadas aos menores con estes tipos de trastornos.

 

As persoas beneficiarias deste programa serán os nenos e as nenas afectados/as de parálise cerebral e trastornos afíns, escolarizados/as nos centros da rede galega de escolas infantís 0-3 situados na cidade de Vigo e na súa área metropolitana e que son os seguintes: escola infantil de Baiona, Cangas “A Choupana”, Cangas “O Hío”, Gondomar, Moaña, Mos-Porteliña, Mos-Coto Torrón, Nigrán, O Porriño- Torneiros, O Porriño- Diantes de Sangue, Marisma Santa Mariña, Salvaterra do Miño, Soutomaior, Complexo Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo- A Estrela, Bouzas, Rosalía de Castro (Coia), Relfas (Moledo), Caeiro (Cabral), Vigo-Valadares, San Paio e Vigo-Rúa Palencia.

 

En virtude do convenio asinado hoxe, as escolas infantís mencionadas que o desexen, poderán solicitar a colaboración do persoal profesional da APAMP como axuda e apoio á intervención educativa específica con estes nenos e nenas. Ademais, poderán outorgar información e formación naqueles aspectos que o persoal educativo requira, de asesoramento e orientación sobre as metodoloxías de intervención cos nenos e nenas afectados, sobre as adaptacións curriculares necesarias en cada caso e sobre a avaliación das intervencións.

 

Cómpre destacar que a dirección do centro e o persoal educativo serán responsables de coordinar o conxunto das intervencións concretas das persoas especialistas de APAMP en cada un dos casos e de manter informada a cada unha das familias.

 

Mediante a sinatura deste convenio, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, cumpre coas súas competencias e funcións en materia de acción social, nomeadamente de prestación de apoio á familia e á infancia. A planificación e coordinación das entidades prestadoras de servizos sociais no sector socio familiar así como a cooperación coas entidades de iniciativa social, son prioridades para o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral

APAMP é unha entidade sen ánimo de lucro prestadora de servizos sociais creada no ano 1977 e orientada á prestación de servizos de carácter integral ás persoas con parálise cerebral e con trastornos afíns, así como ás súas familias ao longo do seu ciclo vital. Ten como misión contribuír ao desenvolvemento do proxecto de vida de cada persoa con parálise cerebral ou trastorno afín.

 

TÉCNICOS DA XUNTA PRESENTAN NO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS A PROPOSTA PARA A SENDA DE PARDERRUBIAS, NA ESTRADA PO-411

  • clip_image002A senda identificouse como prioritaria para a comarca de Vigo dentro do Plan de Sendas de Galicia da Consellería de Infraestruturas e Vivenda
  • Na reunión presentáronselle ao Concello os planos preliminares da implantación da senda ao longo da estrada autonómica PO-411
  • Estenderase ao longo de dous quilómetros e contará cunha sección cun mínimo de 1,8 m de paso libre para peóns

 

Salceda de Caselas (Pontevedra), 22 de setembro de 2016.- Técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) mantiveron hoxe unha reunión de traballo no Concello de Salceda de Caselas na que se presentou a proposta de implantación da senda que ao longo da estrada PO-411 permitirá conectar Parderrubias coa capitalidade do municipio.

 

Esta actuación, promovida pola Xunta de Galicia, mellorará a mobilidade dos veciños e incrementará a seguridade viaria neste municipio, e foi considerada prioritaria dentro da primeira fase do Plan de Sendas de Galicia que se está a desenvolver en sete comarcas galegas, entre as que se atopa a de Vigo. Os veciños de Salceda poderán dispoñer, deste modo, dunha senda segura, sostible e integrada na paisaxe que empregarán nos seus desprazamentos habituais, por exemplo, habilitando un itinerario a pé ata o IES Pedras Rubias.

 

A proposta de senda, dunha lonxitude de dous quilómetros, contará cun paso libre mínimo de 1,8 m, de uso mixto para peóns e ciclistas, e a súa configuración irase adaptando con esa premisa ás circunstancias de cada punto.

 

Prevese que o proxecto construtivo estea redactado a finais do ano 2016, o que permitirá iniciar a tramitación para a súa execución. O investimento estímase inicialmente nuns 320.000 euros, aínda que o importe definitivo será concretado no proxecto construtivo.

 

LOS CENTROS TECNOLÓGICOS INTEGRADOS EN ATIGA COLABORAN CON LA XUNTA DE GALICIA Y EL IGAPE PARA CONSOLIDAR EL DESARROLLO E IMPLANTACIÓN DE LA INDUSTRIA 4.0 EN GALICIA

El Consello de la Xunta de Galicia ha aprobado hoy la firma del convenio de colaboración entre IGAPE, ATIGA y los centros tecnológicos integrados en esta Alianza para la detección y análisis de oportunidades sectoriales para las empresas industriales gallegas en el marco de la Industria 4.0.

▪    ATIGA y sus centros tecnológicos se encargarán de elaborar un informe que permita conocer la realidad de los diferentes sectores de la economía gallega y realizar las recomendaciones más adecuadas para el desarrollo e implantación de nuevos sistemas 4.0 que hagan a las empresas más competitivas.

▪    Este convenio, dotado con cerca de 500.000 euros, se enmarca dentro de la hoja de ruta fijada por la “Axenda de Competitividade Industrial Galicia Industria 4.0“ promovida por la Xunta de Galicia con el objetivo consolidar un nuevo modelo productivo basado en la innovación y el conocimiento e incrementar el peso de la industria en el PIB hasta alcanzar el 20%.

EL PUERTO DE VIGO NO VA A CONSENTIR QUE LA MERCANCÍA CONTENERIZADA SE DESVÍE A OTROS PUERTOS POR TRABAS EXCESIVAS EN LOS TRÁMITES DE IMPORTACIÓN

Vigo, 22 de septiembre de 2016.-  En el Puerto de Vigo le damos una importancia estratégica a la atracción de inversiones que capten nuevos tráficos de nuevos productos que refuercen nuestros sectores estratégicos clásicos. Y así queremos que siga siendo, porque Vigo es un puerto de los denominados import-export, es decir, que todo lo que se importa alimenta nuestra industria, y todo lo que se exporta es el producto de nuestra industria.

Sin embargo, a la vista de lo sucedido en los últimos meses, como los rechazos de contenedores de pesca congelada por documentación incompleta o certificados argentinos en los que se alega que se borra la tinta, del todo injustificables, esta Autoridad Portuaria tomará las medidas necesarias, como no puede ser de otra manera, para evitar la pérdida de tráficos que con mucho esfuerzo llevó a consolidar al Puerto de Vigo como puerto de referencia en Europa.

Son innumerables las quejas que, como éstas, recibe esta Administración por el bloqueo administrativo y sanitario que se produce en la terminal PIF, porque éste sigue siendo el caballo de batalla del Puerto de Vigo, a pesar de las nuevas bocas y la entrada en funcionamiento de la Ventanilla Única.

Es por ello que hemos transmitido nuestra preocupación al Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente así como al Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad porque los últimos hechos acaecidos son del todo intolerables y una falta de consideración a la Administración Pública Argentina, a  la que esta Autoridad Portuaria presentará formalmente sus disculpas. Independientemente de ello se ha abierto una investigación para la aclaración de los hechos y se presentará los resultados de dicho informe en el próximo Consejo de Administración del 30 de septiembre.

Nos gustaría hacer constar que nuestras quejas no van, en ningún modo dirigidas, hacia la Administración de Aduanas o Agencia Tributaria con las cuales existen excelentes relaciones y cooperación, sino más bien, hacia determinadas actuaciones de exceso de celo que resultan probablemente inadecuadas.