POLÍTICA SOCIAL ASINA UN CONVENIO COA FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA PROMOCIONA PARA A REDUCIÓN DO ABANDONO ESCOLAR

  • A Consellería de Política Social outorgará 35.000 euros para acadar taxas máis elevadas de éxito académico do alumnado de etnia xitana a través da normalización educativa durante a etapa de escolarización obrigatoria
  • “A elaboración de políticas activas para a poboación xitana co obxectivo de mellorar as súas condicións de vida, e garantir a igualdade de oportunidades no seu acceso aos servizos públicos é unha das nosas prioridades”, explicou o conselleiro José Manuel Rey Varela

 

Santiago, 23 de setembro de 2016.- A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, vén de asinar un convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano para contribuír ao financiamento do desenvolvemento do ‘Programa Promociona’. Unha iniciativa novedosa que ten por obxecto promover a finalización dos estudos obrigatorios e reducir o abandono escolar na comunidade xitana.

 

Ao abeiro do convenio subscrito entre ambas entidades, a Consellería de Política Social outorgará 35.000 euros para a posta en marcha deste programa destinado ao apoio aos escolares de etnia xitana e ás súas familias. Así, o obxectivo pasa por acadar taxas máis elevadas de éxito académico a través da normalización educativa do alumnado xitano durante a  etapa de escolarización obrigatoria, con especial incidencia no último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º curso) e en Educación Secundaria Obrigatoria (1º a 4º curso). Así mesmo, o Programa “Promociona” promoverá a continuidade en estudios medios, superiores e formación profesional para o que se prestará orientación educativa e familiar e sesións de apoio escolar e reforzo aos alumnos.

 

“A elaboración de políticas activas para a poboación xitana co obxectivo de mellorar as súas condicións de vida, e garantir a igualdade de oportunidades no seu acceso aos servizos públicos é unha das nosas prioridades”, explicou Rey Varela. Neste sentido afondou que “para que os cidadáns teñan as mesmas oportunidades cómpre que estes teñan o mesmo nivel de formación, por iso hoxe achegamos máis a educación ao colectivo xitano, para que os nosos mozos e mozas teñan unha formación diversa pero equitativa”.   

 

Deste xeito, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, cumpre coa súa competencia de asistencia social e as súas funcións de apoio á familia, á infancia e á adolescencia entre outras. A planificación e coordinación das entidades prestadoras de servizos sociais no sector socio familiar así como a cooperación coas entidades de iniciativa social, son prioridades para o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Fundación Secretariado Gitano Galicia

A FSG é unha entidade social intercultural sen ánimo de lucro que presta servizos para o desenvolvemento da comunidade xitana en Galicia. Dende o ano 2001, desenvolve programas e accións que pretenden fomentar a participación social e a incorporación laboral da comunidade xitana en Galicia, e apoiar as iniciativas que, dende distintas entidades, teñen por obxecto a mellora das condicións de vida das persoas xitanas. Na actualidade atende a preto de 2.000 persoas e conta con sedes en Lugo, Santiago, A Coruña, Narón, Pontevedra e Vigo. Ademais de programas como ACCEDER, a FSG desenvolve outros programas a nivel local, de equipamento para a acción social, de intervención social, de busca de emprego, de muller, de drogodependencias ou de educación de persoas adultas entre outros.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: