REY VARELA ASEGURA QUE A CONSTRUCIÓN DO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE MAÑÓN “MELLORARÁ A CALIDADE DE VIDA DE TODAS AS PERSOAS DO CONCELLO CORUÑÉS”

  • _a9a6775O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegará ao Concello de Mañón unha cantidade máxima de 300.000 euros durante as anualidades 2016, 2017 e 2018

 

Santiago, 23 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou esta mañá un convenio de colaboración co Concello de Mañón, representado polo seu alcalde, Alfonso Emilio Balseiro Gómez, para o financiamento das obras de construción do centro sociocomunitario sito na localidade de Barqueiro. Rey Varela destacou este fito para todas as persoas do concello coruñés que verán “a súa calidade de vida mellorada grazas a un dos froitos da coordinación entre a Xunta de Galicia e os entes locais para coordinar a atención social dos cidadáns galegos”. “Para que a política social de Galicia chegue a todos os recunchos e a todos os maiores con independencia do lugar no que vivan”, engadiu.

 

Nas súas verbas, o conselleiro asegurou que “moi pronto poderemos por a disposición dos veciños de Mañón esta nova infraestrutura social”. Ao abeiro do convenio, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegará ao Concello de Mañón unha cantidade máxima de 300.000 euros durante as anualidades 2016, 2017 e 2018 (data na que o convenio quedará sen vigor).

 

O convenio entre Política Social, a través do Consorcio, e o Concello de Mañón, asínase de acordo coa misión do propio Consorcio de participar na dirección, avaliación e control da xestión dos servizos sociais de ámbito local.

 

Deste xeito e a través da sinatura do convenio, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar dá cumprimento ás súas competencias de garantir o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade; incrementar os niveis de cobertura, intensidade e calidade de atención dos distintos servizos e prestacións; e realizar unha distribución efectiva dos servizos e prestacións a fin de dar resposta ás necesidades reais da poboación.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: