Mércores 28/09 – Concentración en Nigrán: «CONTRA a CRIMINALIZACIÓN da POBREZA»

28set_nigranA ODS-Coia e o G.A.S. convocamos o mércores 28 de setembro unha concentración baixo o lema: Contra a criminalización da pobreza. Será en Nigrán, diante do concello na praza da Constitución a partir das 11:00. Imos até este municipio para amosar o noso apoio a unha compañeira, perceptora de RISGA, que denunciou o trato recibido polos servizos sociais desa localidade e para visualizar o control e a estigmatización que padecemos aquelas que recibimos prestacións sociais.

Máis alá da mala praxe dunha traballadora social queremos denunciar a imaxe deformada que o poder traslada das perceptoras de axudas sociais. Queren crear a imaxe de que defraudamos, enganamos, vagueamos… e todo para vivir dunhas administracións que só ofrecen faragullas. Fan ruído para que non escoitemos os recortes, as privatizacións de servizos públicos ou a chegada dun modelo baseado no asistencialismo privado.

Fronte ao mal reparto esiximos dereito sociais fortes e medidas que garantan unha vida digna para todas as persoas. Renda Básica das iguais e moito máis!

– –

+info: http://odscoia.arkipelagos.net/2809-concentraci%C3%B3n-en-nigr%C3%A1n-contra-criminalizaci%C3%B3n-da-pobreza

http://odscoia.arkipelagos.net/unha-perceptora-da-risga-fala-do-acoso-que-sofre-por-parte-da-traballadora-social

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: