A Escuela de Negocios Afundación de IESIDE inaugura un ciclo de conferencias para mostrar o valor da experiencia das empresas familiares
A Escuela de Negocios Afundación de IESIDE acollerá mañá, na súa sede de Vigo (avenida de Madrid, 60), ás 19.00 h, a conferencia que impartirá Emilio Pérez Nieto, presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar e presidente de honra e conselleiro delegado do grupo de automoción Pérez Rumbao. Neste encontro estará acompañado por Jorge Martínez Martínez, director territorial de ABANCA en Vigo, e Aurelio Villa Sánchez, vicerreitor académico do Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) e director da Escuela de Negocios Afundación de IESIDE. A conferencia, titulada «As empresas que viven aquí», está enmarcada no ciclo «O valor da experiencia como xeradora de coñecemento», unha iniciativa desenvolvida ao abeiro da Escuela de Negocios Afundación de IESIDE e a Asociación Galega da Empresa Familiar, cuxo lema é «Empresas familiares de éxito ensínanche como o fixeron».