Cursos de formación do Plan de Desenvolvemento Xitano

en-pleno-cursoVINTE PERSOAS RECIBIRÁN DURANTE 6 MESES, DENTRO DO PLAN DE DESENVOLVEMENTO XITANO, FORMACIÓN QUE TEN COMO FINALIDADE A SÚA INTEGRACIÓN EFECTIVA E INCORPORACIÓN AO MERCADO LABORAL

Unha vintena de persoas empezaron o pasado día 22, no Centro Multiusos de Torneiros, o primeiro dos tres cursos dos que consta o período formativo correspondente ao popularmente coñecido como ‘Plan de Desenvolvemento Xitano’, organizado pola Concellería de Benestar, dirixida por Soledad Girón, e subvencionado pola Xunta.

Os cursos, que abranguen dende o 22 de setembro deste ano ao 17 de marzo de 2017, teñen coma finalidade a promoción da integración social deste colectivo, así como poñer os medios que faciliten o a súa  incorporación efectiva ao mercado laboral.

O Porriño é un dos concellos de Galicia no que residen maior número de familias de etnia xitana o que incide na importancia de que o Concello desenrole todo artellamento que conquira que os seus integrantes poidan mellorar a súa calidade de vida.

Durante 120 horas, os luns, mércores e xoves, de 9 da mañá a 1 da tarde, os asistentes completarán un curso de restauración de mobles e utensilios de uso cotiá; rematado o mesmo, durante 40 horas, no mesmo horario, coñecerán técnicas de busca de emprego e, finalmente, cunha duración de 60 horas, recibirán formación sobre a procura activa de vivenda.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: