Archive | septiembre 29, 2016

Afundación celebra mañá o Día Internacional das Persoas Maiores reivindicando o «Orgullo de ser maior»

Afundación celebrará mañá o Día Internacional das Persoas Maiores, instituído pola ONU en 1990. En 2016 o lema escollido para esta conmemoración é «Tomar partido en contra da discriminación por idade», desafiando os estereotipos negativos e conceptos erróneos verbo das persoas maiores e o envellecemento.

Afundación súmase a esta celebración, dentro do seu proxecto de envellecemento activo, cun acto reivindicativo para dar visibilidade ao papel dos maiores. Deste xeito, instalará un photocall na rúa, en horario de 11.00 a 13.00 h, diante dos centros de maiores de Ferrol, Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra, Monforte, Lugo, Betanzos e Viveiro, e ante as súas sedes de Vigo e A Coruña, convidando a cidadanía a participar fotografándose con mensaxes que apoien a campaña. En Vigo, ophotocall situarase diante da sede de Afundación e contará coa presenza ás 11.30 h de Manuel Bragado, director xeral de Xerais, ademais doutros representantes e membros de distintas asociacións e organizacións da cidade que tamén foron convidados.

 

POLÍTICA SOCIAL APOIA OS PROGRAMAS CULTURAIS E DE OCIO DIRIXIDOS A PERSOAS CON NECESIDADES DE ATENCIÓN ESPECÍFICA QUE DESENVOLVE A ASOCIACIÓN VELLA ESCOLA EN SANTIAGO E EN NOIA

A directora xeral en funcións de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe o proxecto “Surigam”, financiado ao abeiro de Iniciativa Xove

  • O proxecto “Surigam” procura crear un espazo para que mozos e mozas con necesidades de atención específicas experimenten novas formas de expresión a través da música, a pintura ou o deporte
  • Entidades como Down Compostela, ONCE, Cruz Vermella ou Misela, colaboran tamén nesta acción que, ademais, potencia o emprendemento dos monitores de Escola Vella cara a súa profesionalización no campo do traballo social
  • Este ano un total de 122 entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas se benefician do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia

 

Santiago, 29 de setembro de 2016.- A directora xeral en funcións de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou esta mañá no barrio santiagués de Vite  o proxecto “Surigam” da asociación xuvenil Vella Escola, que está baseado na posta en marcha de programas culturais e experiencias de ocio innovadoras dirixidas a persoas con necesidades de atención específica ou discapacidade. Esta acción, que se desenvolve en Santiago e en Noia e na que tamén colaboran entidades como Down Compostela, ONCE, Cruz Vermella ou Asociación Misela, conta co apoio financeiro da Xunta de Galicia a través do programa Iniciativa Xove da Consellería de Política Social.

 

O programa “Surigam” procura unha dobre finalidade. Dunha parte, crear un espazo para que mozos e mozas con características especiais poidan experimentar novas formas de expresión a través da música, a pintura ou o deporte e; por outra, ofrecerlle aos monitores de Vella Escola a posibilidade de traballar con persoas con necesidades de atención específicas nas que se potencie o seu emprendemento cara a profesionalización no campo do traballo social.

 

Cecilia Vázquez destacou que Iniciativa Xove “é un programa onde a Administración non lle di aos mozos e mozas o que teñen que facer, senón que lles pide propostas para despois apoialas, tratando que a burocracia ceda o protagonismo á xuventude”. Así mesmo, explicou que “este programa Xove está concibido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar actividades dirixidas á xuventude, ao tempo que se fomenta a súa participación, se estimula o talento xuvenil e permite poñer en práctica as súas ideas”.

 

Educación non formal

Ademais, a directora xeral en funcións tamén fixo referencia ao Estudo da Universidade de Santiago sobre Os programas de Educación non formal e a empregabilidade da Xuventude en Galicia, que foi presentando este mesmo ano e que analizou cientificamente varios programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, entre eles Iniciativa Xove.

 

Neste estudo, a satisfacción xeral coa formación adquirida no caso dos participantes en Iniciativa Xove foi do 82% e ante a pregunta de si recomendarían o programa un 88% responden afirmativamente. En canto á utilidade dos coñecemento adquiridos para o emprego, responden positivamente un 76% dos participantes no programa.

 

Este ano un total de 122 entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas se benefician do programa Iniciativa Xove. Dos proxectos financiados con este programa, 68 corresponden a asociacións xuvenís e 54 a grupos informais de mozas e mozos. En liña coas recomendacións da Unión Europea, Galicia foi a primeira comunidade autónoma que financiou proxectos de grupos informais, co fin de que a excesiva burocracia non sexa un impedimento para que leven a cabo os seus proxectos.

 

Iniciativa Xove financia o cento por cen dos proxectos de interese cun orzamento máximo de 5.000 euros. Así mesmo, todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o soliciten, reciben un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida.

 

Unha vez finalizados os proxectos, os participantes poderán obter un certificado oficial de experiencias de educación non formal en materia de xuventude, como instrumento que permitirá confirmar a participación neste programa e sobre todo valorar as competencias adquiridas.

 

A XUNTA INICIA NO PORRIÑO O OBRADOIRO DE EMPREGO COVELO PARA OFRECER FORMACIÓN E TRABALLO A 20 PERSOAS DESEMPREGADAS

Este programa mixto de formación e emprego conta con dúas especialidades: albanelería e conservación e mellora de montes 

  • 29092016_inicioooeeporrinoA secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, xunto á concelleira de Emprego, Soledad Girón, deron hoxe a benvida aos 20 alumnos e alumnas
  • A Xunta de Galicia inviste preto de 180.000 euros nesta iniciativa na que o Concello do Porriño aporta ademais outros 40.000 euros máis
  • A administración autonómica concedeu este ano un total de 12 OOEE aos concellos da área territorial de Vigo cun investimento de 1,9 millóns de euros, o que supón un incremento superior ao 60% con respecto ao dato do ano 2015

ABANCA aposta pola innovación e a eficiencia na súa nova sede en Madrid