POLÍTICA SOCIAL APOIA OS PROGRAMAS CULTURAIS E DE OCIO DIRIXIDOS A PERSOAS CON NECESIDADES DE ATENCIÓN ESPECÍFICA QUE DESENVOLVE A ASOCIACIÓN VELLA ESCOLA EN SANTIAGO E EN NOIA

A directora xeral en funcións de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe o proxecto “Surigam”, financiado ao abeiro de Iniciativa Xove

  • O proxecto “Surigam” procura crear un espazo para que mozos e mozas con necesidades de atención específicas experimenten novas formas de expresión a través da música, a pintura ou o deporte
  • Entidades como Down Compostela, ONCE, Cruz Vermella ou Misela, colaboran tamén nesta acción que, ademais, potencia o emprendemento dos monitores de Escola Vella cara a súa profesionalización no campo do traballo social
  • Este ano un total de 122 entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas se benefician do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia

 

Santiago, 29 de setembro de 2016.- A directora xeral en funcións de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou esta mañá no barrio santiagués de Vite  o proxecto “Surigam” da asociación xuvenil Vella Escola, que está baseado na posta en marcha de programas culturais e experiencias de ocio innovadoras dirixidas a persoas con necesidades de atención específica ou discapacidade. Esta acción, que se desenvolve en Santiago e en Noia e na que tamén colaboran entidades como Down Compostela, ONCE, Cruz Vermella ou Asociación Misela, conta co apoio financeiro da Xunta de Galicia a través do programa Iniciativa Xove da Consellería de Política Social.

 

O programa “Surigam” procura unha dobre finalidade. Dunha parte, crear un espazo para que mozos e mozas con características especiais poidan experimentar novas formas de expresión a través da música, a pintura ou o deporte e; por outra, ofrecerlle aos monitores de Vella Escola a posibilidade de traballar con persoas con necesidades de atención específicas nas que se potencie o seu emprendemento cara a profesionalización no campo do traballo social.

 

Cecilia Vázquez destacou que Iniciativa Xove “é un programa onde a Administración non lle di aos mozos e mozas o que teñen que facer, senón que lles pide propostas para despois apoialas, tratando que a burocracia ceda o protagonismo á xuventude”. Así mesmo, explicou que “este programa Xove está concibido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar actividades dirixidas á xuventude, ao tempo que se fomenta a súa participación, se estimula o talento xuvenil e permite poñer en práctica as súas ideas”.

 

Educación non formal

Ademais, a directora xeral en funcións tamén fixo referencia ao Estudo da Universidade de Santiago sobre Os programas de Educación non formal e a empregabilidade da Xuventude en Galicia, que foi presentando este mesmo ano e que analizou cientificamente varios programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, entre eles Iniciativa Xove.

 

Neste estudo, a satisfacción xeral coa formación adquirida no caso dos participantes en Iniciativa Xove foi do 82% e ante a pregunta de si recomendarían o programa un 88% responden afirmativamente. En canto á utilidade dos coñecemento adquiridos para o emprego, responden positivamente un 76% dos participantes no programa.

 

Este ano un total de 122 entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas se benefician do programa Iniciativa Xove. Dos proxectos financiados con este programa, 68 corresponden a asociacións xuvenís e 54 a grupos informais de mozas e mozos. En liña coas recomendacións da Unión Europea, Galicia foi a primeira comunidade autónoma que financiou proxectos de grupos informais, co fin de que a excesiva burocracia non sexa un impedimento para que leven a cabo os seus proxectos.

 

Iniciativa Xove financia o cento por cen dos proxectos de interese cun orzamento máximo de 5.000 euros. Así mesmo, todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o soliciten, reciben un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida.

 

Unha vez finalizados os proxectos, os participantes poderán obter un certificado oficial de experiencias de educación non formal en materia de xuventude, como instrumento que permitirá confirmar a participación neste programa e sobre todo valorar as competencias adquiridas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: