A XUNTA FORMA E AMPLÍA AS OPORTUNIDADES LABORAIS DE 15 MOZOS E MOZAS VIGUESES MENORES DE 30 ANOS CO OOEE VIGO PREPARA

  • Este programa mixto de formación e emprego formará aos participantes na especialidade de promoción turística local e información ao visitante
  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina máis de 130.000 euros a esta iniciativa que forma parte do programa de Garantía Xuvenil
  • A Xunta tamén concedeu ao municipio vigués o OOEE Vigo Capacita III por un importe de 180.000 euros onde se formará a outras 20 persoas desempregadas
  • A administración autonómica concedeu este ano un total de 12 OOEE aos concellos da área territorial de Vigo cun investimento de 1,9 millóns de euros, o que supón un incremento superior ao 60% con respecto ao dato do ano 2015

 

Vigo, 30 de setembro de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, deu comezo hoxe no Concello de Vigo o obradoiro de emprego específico para menores de 30 anos Vigo Prepara, no que se ofrece formación e traballo a 15 mozos e mozas desempregados do municipio vigués durante un total de 6 meses.   

 

A iniciativa forma parte do programa de Garantía Xuvenil e para a súa posta en marcha a Xunta inviste máis de 130.000 euros. Este tipo de programas mixtos de formación e emprego se centran na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo para os menores de 30 anos que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

 

Neste caso concreto, o obradoiro formará a 15 mozos e mozas da cidade olívica na especialidade de promoción turística local e información ao visitante durante 6 meses dende hoxe e onde ademais de recibir formación tamén percibirán o salario mínimo interprofesional. Ademais, ao remate do OOEE os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.  

 

O fin do obradoiro é a formación nesta especialidade e, concretamente, entre os obxectos de actuación atópase a promoción de actividades turísticas e información ás persoas visitantes do Concello, o deseño e programación de accións dinamizadoras de educación ambiental dirixidas a distintos colectivos e grupos sociais que visitan a cidade así coma a difusión e divulgación das mesmas a través de stands en feiras, xornadas, etc.

 

A Xunta tamén concedeu este ano ao municipio vigués o OOEE Vigo Capacita III por un importe de 180.000 euros onde se formará a outras 20 persoas desempregadas da cidade nas especialidades de Cociña e Restaurante-Bar, co que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina máis de 310.000 euros para estes dous programas do Concello de Vigo.

 

Obradoiros de Emprego na área de Vigo

A Xunta concedeu neste ano 2016 un total de 12 Obradoiros de Emprego aos concellos da área territorial. Diferéncianse en ordinarios e de garantía xuvenil, estes últimos para menores de 30 anos. Foron 8 obradoiros ordinarios e 4 de garantía xuvenil os concedidos a 10 concellos da área de Vigo cun investimento total de 1,9 millóns de euros, o que supón un incremento superior ao 60% con respecto aos datos do ano 2015.

Os municipios beneficiados onde se imparten os obradoiros son: Vigo, Redondela, O Porriño, Mos, Cangas, Moaña –Padroado Municipal de Beiramar-, Soutomaior e os tres concellos da Mancomunidade do Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar). Os xuvenís teñen lugar en Redondela, Vigo, Mos e Val Miñor. En total se verán beneficiadas 220 persoas en situación de desemprego das que 160 realizarán as súas tarefas nos OOEE ordinarios e 60 nos de garantía xuvenil co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: