CECILIA VÁZQUEZ ESCOITA AS EXPERIENCIAS DOS E DAS PARTICIPANTES NOS PROGRAMAS DE XUVENTUDE POSTOS EN MARCHA POLA DIRECCIÓN XERAL EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE VEDRA Recibidos x

  • A directora xeral acudiu a unha xornada de experiencias que ten como obxectivo recoller as súas conclusións e animar a outros mozos e mozas a participar en programas como Iniciativa Xove ou Erasmus+
  • Cecilia Vázquez, destacou o compromiso da administración autonómica de ofrecerlles aos mozos máis e mellores oportunidades cada día, “para que a xuventude sexa unha parte activa da nosa Comunidade, que sintan que todos os seus esforzos e achegas contan, e que iso sirva como estímulo para conseguir a súa implicación, o seu espírito activo e a súa participación social”

 

Vedra (A Coruña), 30 de setembro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acudiu a unha xornada de intercambio de experiencias con 15 mozos e mozas que participaron nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral e colaboración co Concello de Vedra, entre eles, Iniciativa Xove, Erasmus +, voluntariado europeo e internacional, campos de traballo, Galeuropa ou os cursos de monitor de tempo libre. Ao longo da última década, máis de 150 mozos e mozas da localidade participaron nestas iniciativas de educación non formal.

 

A xornada ten como obxectivo recoller as súas conclusións á hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas suxestións, queixas ou dúbidas para recollelas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para os mozos e mozas de Galicia. Cecilia Vázquez explicou na xuntanza que “estas reunións forman parte das accións de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación desta administración”. Así mesmo, esta xornada tivo como obxectivo animar a outros mozos e mozas a que participen nos programas deseñados pola Dirección Xeral

 

Na súa intervención, Cecilia Vázquez destacou o compromiso da administración autonómica de ofrecerlles aos mozos máis e mellores oportunidades cada día, “para que a xuventude sexa unha parte activa da nosa Comunidade, que sintan que todos os seus esforzos e achegas contan, e que iso sirva como estímulo para conseguir a súa implicación, o seu espírito activo e a súa participación social”.


A directora xeral tamén destacou que en liña coas políticas máis modernas e innovadoras de Europa, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado aposta polos programas de educación non formal, como ferramentas de empoderamento e transformación social ao servizo da mocidade galega, “por iso aumentamos os orzamentos destinados a este programas un 15 % con respecto ao 2015, chegando este ano ata case os dez millóns de euros”

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: