GALICIA VOLVE BAIXAR O TEMPO DE PAGO A PROVEDORES E MANTENSE ENTRE AS COMUNIDADES QUE PAGAN CON MÁIS AXILIDADE

  • A Xunta pagou no mes de xullo 26 días antes que a media autonómica
  • O período medio de pago da Administración galega redúcese aos 11,7 días, fronte aos 37,4 días do conxunto das CCAA
  • Galicia mantense como a terceira comunidade de réxime común con menor tempo medio de pago

 

Santiago, 30 de setembro de 2016.- Galicia mantense entre as comunidades autónomas que pagan con máis axilidade aos seus provedores, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas referentes ao mes de xullo. O tempo medio de pago volveu baixar ata situarse en 11,2 días en Galicia, o que supón 26 días menos que a media autonómica, que foi de 37,4 días.

 

Os datos do Ministerio de Hacienda mostran que Galicia presenta un tempo medio de pago só inferior en dúas comunidades autónomas (Canarias e Asturias) e nas dúas comunidades de réxime foral. O informe presentado polo Ministerio de Hacienda mostra tamén que seis comunidades incumpriron o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación.

 

O tempo medio de pago en Galicia é tamén o máis baixo dende o mes de novembro de 2014, e leva seis meses consecutivos baixando respecto ao mes anterior. En comparación co mesmo mes de 2015 tamén é máis baixo, xa que en xullo do ano pasado o tempo medio de pago era de 16,57 días.

 

Galicia mantense un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Galicia é tamén a sexta comunidade de réxime común con menor débeda comercial, cunha ratio de débeda/PIB do 0,56%, fronte ao 0,63% de media no conxunto das comunidades. Este indicador situouse en xullo en 324 millóns, un 18% menos que no mesmo mes de 2015.

 

Período Medio de Pago – Xullo 2016 (*CCAA de réxime foral)
Navarra* (5,33) A Rioxa 21,63
País Vasco* (0,30) Castela – A Mancha 24,05
Canarias 10,60 Murcia 31,08
Asturias 11,37 Cantabria 36,49
Galicia 11,75 Media CCAA 37,41
Andalucía 15,29 Madrid 54,53
Estremadura 17,12 Valencia 59,12
Aragón 17,25 Baleares 83,03
Cataluña 21,22 Castela e León 91,73

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: