O LUNS COMEZA A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA DE CURTOCIRCUÍTO

2698a9a5-c4e6-4d60-8ad4-c4736bf55223Santiago de Compostela, venres 30 de setembro. A decimo terceira edición de Curtocircuíto dará comezo o vindeiro luns 3 de outubro, nunha edición na que destacan nomes propios como os directores Abel Ferrara, Sergei Loznitsa, Ana Vaz e Pedro Maia, o crítico de cine Jonathan Rosenbaum, o ex-director da Filmoteca Española Chema Prado, grupos como os escoceses The Cosmic Dead, os cataláns Celestial Bums e os valencianos Siesta! e artistas multidisciplinares como The Legendary Tigerman.

Outro dos nomes que soarán con forza durante o festival será o do compostelán Javi Álvarez, quen empezará a semana impartindo no CGAC “Todo vai ser diferente” un obradoiro sobre procesos de experimentación audiovisual partindo do uso de tecnoloxías sinxelas, dispositivos obsoletos, enxeñaría doméstica e circuit bending (modificación de xoguetes electrónicos). Álvarez, membro do xurado que elixirá a película gañadora da categoría Planeta GZ, tamén realizará un espectáculo de live cinema, titulado “Cando prácticas e non practicas” o mércores 7 na sala Riquela.

O vindeiro luns comezan as proxeccións do programa de cine infantil Criaturas e as películas para adolescentes do programa Teenage Riot, que terán lugar de luns a venres para nenos, nenas, mozos e mozas, polas mañás no Teatro Principal.

Pola tarde, os espectadores que se acheguen ao teatro compostelán poderán asistir ás primeiras proxeccións dos programas internacionais Explora, Radar e Planeta GZ. Neste último, a partir das 22:15, proxectaranse traballos de directores galegos consolidados comoLucía Vilela, Diana Toucedo, David Varela, Iván Castinheiras, Xurxo Chirro, Fernando Redondo, e Isabel Sempere.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: