Vigo. Afundación celebra o Día Internacional das Persoas Maiores reivindicando o «Orgullo de ser maior»

img_5867A celebración do Día Internacional das Persoas Maiores, instituído en 1990 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, susténtase anualmente en todo o mundo coa reivindicación de que quen superan os 60 anos contan na sociedade: «60+ counts». En 2016, o lema escollido para esta conmemoración é «Tomar partido en contra da discriminación por idade», desafiando os estereotipos e conceptos erróneos acerca das persoas maiores e o envellecemento, que menoscaban os seus dereitos e dificultan a súa contribución ao desenvolvemento social e a súa participación na vida económica, cultural e política.

Afundación súmase a esta celebración, dentro do seu proxecto de promoción do envellecemento activo, coa organización de distintas actividades durante todo o ano que permitan promover unha imaxe positiva das persoas maiores, que ofrezan unha representación fiel e diversa da súa realidade. Así, Afundación instalou hoxe unphotocall diante dos seus centros de maiores de Santiago, Ferrol, Ourense, Lugo, Pontevedra, Monforte, Betanzos e Viveiro, e ante as súas sedes da Coruña e Vigo no que se invitaba a cidadanía a sumarse a esta celebración, facéndose fotos sostendo mensaxes que apoiasen a campaña.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: