A CIG acusa a CCOO de “mentir, falsear e confundir” a respecto do convenio estatal da conserva que se vén de asinar

Dende a central lembran que foi o propio sector o que decidiu en asemblea ratificar o acordo
Responsábeis da FGAMT-CIG ofreceron esta mañá unha rolda de prensa para denunciar o comportamento que está a ter CCOO tras a aprobación do convenio estatal da conserva e acusan o sindicato español de “mentir, falsear e confundir”. Dende a central nacionalista, que ratificou o acordo xunto a UGT tras consultar o sector en asemblea, sosteñen que o novo convenio colectivo non incrementa a xornada laboral, aumenta os salarios e recupera o plus de antigüidade.
2016 10 03 RoldaPrensaConvenioEstatalConserva01

A secretaria nacional da FGAMT, Dores Martínez, compareceu diante dos medios en Vigo xunto a Rosa Abuín, a persoa que participou nas negociación do convenio, a Suso García, o responsábel de negociación colectiva da federación, para ofrecer a posición da CIG a respecto do convenio estatal da conserva que se vén de asinar despois de que nos últimos días dende CCOO se tivese criticado con dureza un acordo que tamén foi ratificado pola UGT.

As representantes sindicais acusan a CCOO de “intentar confundir o sector” e de “manipular o acordo”. Ao mesmo tempo, lembran que durante todo o proceso a CIG realizou asembleas con afiliados/as e delegados/as para que decidisen sobre as negociacións. “Non foi así no caso deste sindicato, xa que segundo os seus propios argumentos non asinan o acordo ao non estar ratificado polos seus órganos de dirección”, critican.

Neste senso, consideran que as loitas internas que se poidan dar nas centrais “deberan quedar fóra das negociacións dos convenios” e censuran que dende CCOO non se teñan achegado propostas alternativas “xa que durante as conversas en ningún momento dixeron nada en contra do que se estaba a negociar”.

No que respecta ao contido do acordo, dende a CIG explican que chega tras máis de ano e medio de conversas entre os sindicatos e patronal, “unha patronal que pretendía incrementar a xornada anual en 40 horas, introducir o pagamento en especie e que se traballase nas fins de semana”. Mais o novo convenio non recollerá finalmente ningún aumento da xornada (que queda en 1730 horas ao ano como na actualidade), fixa unha subida salarial do 1,30% para 2016, do 1% para 2017 e 2018 e do 1,5% para 2019 e 2020.

Ao mesmo tempo, establécese un plus de antigüidade que varía segundo o tempo de permanencia na empresa, que até o de agora só cobraban as persoas contratadas en 1993 ou antes, xa que este concepto foi conxelado en 1994. As que asinasen o seu contrato con posterioridade a esta data percibirán agora un plus de 750 euros a modo de compensación.

En canto ás acusacións de CCOO polo feito de que a patronal se reserve a distribución irregular do 10% da xornada, dende a central nacionalista lembran que se trata dunha cuestión que foi introducida na última reforma laboral e que za está consolidada no Estatuto dos Traballadores/as. “Ademais, é totalmente falso o que están a dicir de que en base a isto a xornada poderá prolongarse até as 12 horas diarias”.

Críticas e acusacións de irresponsabilidade

Con todo, dende a CIG incidiron en que a pesar de que valoran positivamente un acordo que foi ratificado polo sector seguen a reivindicar un convenio galego para a conserva, “sobre todo se temos en conta que o 90% do persoal se atopa en Galiza”.

Ademais, amósanse moi críticos/as coa actitude de CCOO. “Están a actuar como uns auténticos farsantes, botarates e feirantes xa que nos parece un acto de total irresponsabilidade que critiquen en público aspectos do convenio que non levaron á mesa de negociación”, sinalan.

Finalmente, sosteñen que se non estaban de acordo con algúns aspectos o normal é que trasladasen propostas alternativas, “pero en vez diso limítanse a dicir que non asinan porque o acordo non foi ratificado polos seus órganos de dirección”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: