Archivo | octubre 4, 2016

A XUNTA DE GALICIA APOIA O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS PARA A INTEGRACIÓN E A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DAS PERSOAS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS

  • _phg6145O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, participou hoxe na presentación dos resultados dos proxectos sociais do programa “Connecting for Good Galicia” realizado pola Fundación Vodafone España en colaboración con entidades do CERMI
  • A directora en funcións do AMTEGA, Mar Pereira, lembrou a colaboración deste departamento do goberno autonómico en actividades formativas e de difusión das novas tecnoloxías con empresas do sector

 

Vigo, 4 de outubro de 2016.- O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, subliñou hoxe o importante papel que teñen as novas tecnoloxías na mellora da calidade vida e o benestar das persoas con necesidades específicas de atención. Así o dixo durante a presentación dos resultados dos catro proxectos sociais do programa “Connecting for Good Galicia”, levado a cabo pola Fundación Vodafone España en colaboración con nove asociacións que forman parte do Comité de Entidades de persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI).

 

Na súa intervención, Rey Varela destacou a importancia de que a Fundación Vodafone España, se implique no pleno desenvolvemento e integración das persoas con diversidade, xa que “é unha responsabilidade e un obxectivo que debe ser compartido polo conxunto da sociedade: administracións, organizacións, axentes sociais e iniciativa privada”. Neste sentido, asegurou que a Xunta de Galicia “sempre apoiará todas aquelas accións que aposten pola mellora da calidade de vida das persoas que máis precisan do noso apoio”.

 

Neste contexto, o titular en funcións de Política Social incidiu en que “as novas tecnoloxías son de vital importancia tanto para conseguir a integración plena como para facilitar a igualdade de oportunidades ás persoas con diversidade; sexa esta física, sensorial, intelectual ou mental”. Así mesmo, apuntou que ao facilitar o acceso ás TIC “evitamos a fenda dixital, favorecemos a participación das persoas máis vulnerables na sociedade da información, apoiamos a autonomía persoal e aportamos solucións innovadoras que melloran a calidade de vida e a integración social”, concluíu.

Pola súa banda, a directora en funcións da Amtega sinalou que o seu departamento colabora estreitamente con empresas do sector tecnolóxico de ámbito autonómico, nacional e internacional, tanto para impulsar actividades de difusión e formación en TIC para cidadanía, como para promover proxectos de transformación dixital na Comunidade.

 

Neste sentido, Mar Pereira destacou a colaboración de Vodafone  en ambas liñas. Por unha banda, como aliado dixital do Plan de Inclusión Dixital de Galicia, que ten entre os seus obxectivos incrementar a porcentaxe da poboación galega que accede a Internet habitualmente, especialmente entre as persoas maiores e as persoas con discapacidade, que representan o 30% da poboación galega. Por outra banda, Pereira  lembrou que Vodafone abrirá, en novembro no Gaiás, o Centro Conecting for Good Galicia, que impulsará iniciativas emprendedoras de innovación social dixital con selo galego.

 

Finalmente, Santiago Moreno, Director General da Fundación Vodafone España, explicou que “para a Fundación, Connecting for Good é unha aposta polo desenvolvemento das TIC para o benestar da sociedade, en especial dos colectivos vulnerables. É especialmente importante seguir apoiando a innovación social dixital e a formación en ferramentas TIC dirixidas ás persoas maiores e ás persoas con discapacidade”.

 

3.578 maiores formados no último ano no uso de smartphones e tablets

 

Entre abril de 2015 e marzo de 2016, un total de 3.758 persoas maiores recibiron en Galicia formación no uso dos novos dispositivos móbiles avanzados (smartphones e tablets), a través de cursos organizados pola Fundación Vodafone en colaboración con varias entidades galegas entre as que se inclúen AMTEGA, ATEGAL, FEGAUS, CEOMA, CAUMAS, FASUNEX e a Fundación Esplai.

 

Para este ano, están programados con AMTEGA diferentes talleres que chegarán a 19 aulas da rede CEMIT, que ofertan preto de 300 prazas en toda Galicia. Pola súa banda, con ATEGAL formarase a outros 900 maiores no uso dos dispositivos móbiles avanzados (uns cursos que se presentaron no evento desta mañá). A estas dúas iniciativas súmanse as continuacións das colaboracións coa Cruz Vermella Española en contornas rurais; Fundación Esplai, con 16 talleres en Vigo; e talleres presenciais e semipresenciais organizados por FEGAUS que se imparten en aulas CEMET, nas súas propias sedes e en sedes doutras entidades colaboradoras como COGAVE e COGAMA, cos que se ademais coordinarán diferentes accións formativas online.

 

Formación en TIC para a inserción laboral de persoas con discapacidade

 

A Fundación Vodafone España e DOWN España organizan o proxecto “Eu me prep@ro”, que busca proporcionar aos mozos e mozas con discapacidade intelectual as ferramentas e estratexias necesarias para facilitarlles o acceso ao emprego, a través as diferentes tecnoloxías de uso común.

 

Grazas a este programa, un total de 64 usuarios de Vigo, Santiago de Compostela e Pontevedra recibiron o ano pasado formación prelaboral en novas tecnoloxías, a través destes cursos en Galicia.

 

Na terceira edición do programa, iniciada en abril deste ano e que se prolongará ata xuño de 2017, outros 40 alumnos de Vigo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ourense recibirán formación en TIC dirixida a facilitar a súa inserción laboral.

 

Programa de inserción laboral en colaboración con COGAMI

 

Doutra banda, a Fundación Vodafone España colabora con COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) para potenciar o uso das novas tecnoloxías e o seu desenvolvemento na procura de emprego para persoas residentes no ámbito rural con discapacidade, incapacidade laboral ou dificultades de inserción.

 

Un total de 150 galegos están a recibir unha formación que se estenderá por 12 meses ata finais deste ano e que incluirá talleres presenciais e prácticas laborais en empresas.

 

#conecta2Xaccesibilidad

 

A Fundación Vodafone promove a innovación no uso das novas tecnoloxías dentro da Comunidade “Conectados pola Accesibilidade”. En Galicia, participan 8 entidades (BATA, DOWN CORUÑA, Fogar e Clínica San Rafael en Vigo, SARELA, FADEMGA, ASPRONAGA, ASPACE A Coruña e APAMP Vigo), con máis 100 usuarios entre persoas con discapacidade e profesionais. BATA presentou a súa experiencia destacando como a ferramenta Mefacilyta, desenvolvida pola Fundación Vodafone España axuda no día a día ás persoas con discapacidade intelectual. Este tipo de solucións contribúen ao proceso de Transformación Dixital que lles permite participar dunha forma máis activa na nosa sociedade.

 

A Fundación Vodafone España é unha institución sen ánimo de lucro que contribúe ao impulso da innovación e a utilización das TIC para mellorar a calidade de vida das persoas e, especialmente dos colectivos vulnerables. Desenvolve proxectos de innovación tecnolóxica que facilitan a vida a persoas dependentes, maiores e enfermos crónicos. Promove programas de formación e accesibilidade con diversas Universidades españolas dirixidos á investigación en TIC, a excelencia docente e a integración dos alumnos con discapacidade. Outros obxectivos son a difusión das telecomunicacións na sociedade a través de publicacións, cursos e seminarios.

 

O paro volve baixar no Porriño que liderou a creación de emprego na Área Meteropolitana en setembro

O paro volveu a baixar o mes pasado en O Porriño que lidera o descendo do desemprego en toda a Área Metropolitana.  En setembro atoparon traballo no concello 60 persoas máis, unha caída que se suma ás 5 do mes de agosto, 118 de xullo, 67 en xuño, 41 en maio ou 46 en abril e que supón que o número de porriñesas e porriñeses desempregados situouse, o pasado día 30, en 1.836.

Dacordo cos datos oficiais sobre a evolución do paro, difundidos este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, dende que actual Goberno local tomara posesión, o paro en O Porriño reduciuse en 303 persoas, pasando de 2.139 desempregados en xuño de 2015 a 1.836 a finais de setembro deste ano.

Esta baixada, é especialmente importante considerando que na Área so en Vigo atoparon traballo máis persoas que en O Porriño-62 na cidade fronte a 60 na capital do Louro-, que na provincia de Pontevedra o número de desempregados aumentou en 361, en Galicia en 1.291 e, segundo os datos do Ministerio de Emprego, no conxunto do Estado, 22.801 traballadores se quedaron na rúa.

No que vai deste ano, o número de desempregados descendeu no concello do Porriño en 269 veciños: dos 2.105 que estaban na procura de traballo a principio de xaneiro, aos 1.836 que están na ofician de emprego na actualidade, o que sitúa a taxa de paro no 20,7%, preto dun 4% menos que cando comezou o actual mandato municipal.

A alcaldesa Eva García de la Torre, acolleu os datos con optimismo e con precaución e volveu a insistir que o Concello ten na creación de emprego o seu principal obxectivo e, nesta liña, seguirá incrementando  o seu esforzo por impulsar a formación, a cooperación coas empresas radicadas na vila, de xeito que esa formación se achegue ás necesidades de persoal destas firmas e, como ven de facer dende o primeiro día, favorecer a actividade económica do comercio local como base da economía porriñesa.

Latitudes continúa este otoño con Sweet California, The Chemical Brothers + 2manyDjs + Erol Alkan, Michael Nyman y Leiva

unnamed-1La Asociación de Hostelería de Santiago de Compostela ofrecerá a los asistentes precios especiales para pernoctar en la ciudad

El Ciclo Latitudes, que acogió este verano en Santiago de Compostela los conciertos de Julieta Venegas,Guadi Galego, Xoel López y Anne Etchegoyen, continúa con su programación en los meses de octubre y noviembre, para los que propone 4 propuestas tan interesantes como diferentes: Sweet California, The Chemical Brothers + 2manyDjs + Erol Alkan, Michael Nyman y Leiva, para cuyo concierto ya se han agotado las entradas.

Latitudes es un gran Ciclo musical puesto en marcha por la promotora Esmerarte y cuenta con el patrocinio principal de Turismo de Galicia en el marco de la celebración del Ano da Misericordia. Su objetivo es ofrecer tanto a los gallegos como a los turistas y peregrinos que visitan nuestra Comunidad en este período de celebraciónun valor añadido a su amplia oferta turística.

Y es que el turismo musical es un recurso en alza: crea industria, impulsa el turismo y genera impacto económico en la zona donde se celebra. España es un país mundialmente conocido por sus festivales, y en la Península Ibérica se celebran algunos de los festivales mejor considerados a nivel mundial.

El turismo de eventos es uno de los que más puntos crece anualmente y para ello es necesario mantener unaoferta continuada de eventos que generen especial interés tanto a los visitantes como al turismo de proximidad.

Por ello, Esmerarte plantea para Latitudes propuestas que ayudan a posicionar a Galicia y a Santiago de Compostela en el mapa de grandes producciones musicales a nivel nacional con espectáculos para todas las edades y estilos, con una programación que ayuda a cubrir el vacío que deja en gallegos y turistas la ausencia de grandes conciertos más allá de los que se celebran en momentos muy puntuales.

Se espera gran afluencia de público de toda la Comunidad, de las Comunidades limítrofes y del norte de Portugal, especialmente para el concierto de The Chemical Brothers el 30 de octubre, por tratarse de una figura de gran renombre internacional y coincidir con el Puente de Todos los Santos.
Por ello, Esmerarte trabaja mano a mano con la Asociación de Hostelería de Santiago de Compostela para que los asistentes a los conciertos tengan la  opción de pernoctar en la ciudad a precios especiales, que se concretarán en los próximos días.

Sweet California
16 octubre

Palacio de Congresos
Desde 18€ en Ataquilla

Sweet California es la banda femenina de más éxito en la historia de España. Nunca antes ningún otro grupo o dúo femenino, nacional o internacional, había conseguido el nº 1 en la lista de ventas con dos de sus discos. En2015 se llevaron el Premio MTV Ema al mejor artista español, y a Santiago llegan con su #WonderTour. Es una apuesta de Latitudes para los más pequeños de la casa.

The Chemical Brothers + 2manyDjs + Erol Alkan
30 octubre

Multiusos Fontes do Sar
Desde 44€ en Ticketea, Ataquilla y Clicentradas

El directo de los legendarios The Chemical Brothers es sin duda una de las citas musicales más esperadas del año en Galicia, su concierto está englobado en el puente de noviembre con el fin de atraer a público foráneo que sigue a la exitosa agrupación. Con 9 álbumes de estudio y 25 años de trayectoria, son de los pocos artistas electrónicos del mundo que se han convertido en uno de los cabezas de cartel más codiciados de los mejores y más grandes Festivales de todo el Planeta: Glastonbury, Creamfields, Coachella, Benicassim, Sónar, Nos Alive… ¡y el Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela!.

Han compuesto temas para BSO (Cisne Negro, Los Juegos del Hambre, Hanna, Lara Croft…) o videojuegos(Burnout Revenge, Need for Speed, Project Gotham Racing 3…), y en su palmarés cuentan con 4 Grammys, entre otros premios.
Su big-beat con house, techno, trip-hop, rock electrónico y dance alternativo, los últimos hits de su disco, ‘Born In The Echoes‘, que presentarán en Santiago, y los éxitos de siempre (Hey Boy Hey Girl, Galvanize, Go, Block Rockin’ Beats, Out of control…) harán del concierto de The Chemical Brothers en el Multiusos Fontes do Sar unacita imperdible, en la que estarán acompañados por 2ManyDjs y Erol Alkan.

2manydjs son los hermanos Dewaele. Un dúo que lleva revolucionando la escena electrónica mundial desde el 2000, un imprescindible de los mejores festivales de todo el planeta, que registra sold out y llena estadios de forma sistemática con su combinación de diferentes estilos, sonidos y beats.

Erol Alkan, fundador y responsable del sello Phantasy Sound, es uno de los djs más influyentes de las 2 últimas décadas. En su club Trash en la capital inglesa cambió la percepción que se tenía sobre un club de electrónica, mezclando géneros y formatos.

Michael Nyman
04 noviembre

Palacio de Congresos
19,5€ + gastos en Clicentradas y Ataquilla

Es uno de los compositores y pianistas más innovadores y célebres del Reino Unido. Su incansable creatividad le llevó a crear óperas, componer bandas sonoras (su popularidad se disparó tras la galardonada El Piano (1993), película de Jane Campion), piezas para cuartetos de cuerda y conciertos orquestales. Estudiado en todas las escuelas de música por su gran variedad de repertorio y lo reconocible de su obra.

Leiva
10 noviembre

Palacio de Congresos
ENTRADAS AGOTADAS

Leiva es también conocido como la mitad de Pereza, grupo que se convirtió rápidamente en una de las bandas de pop-rock más populares de nuestro país. Santiago será la 1ª ciudad gallega que disfrutará de Monstruos, sunuevo y tercer disco en solitario, en directo. Para muchos ya es el artista del año.

San Froilán, na Biblioteca Virtual de GaliciaDigital

xulio_xiz-san_froilan.jpgLugo, 04 de outubro de 2016. Galicia Digital, con motivo da festa de San Froilán,
incorpora á súa Biblioteca Virtual o libro SAN FROILÁN, de Xulio Xiz.

Publicado pola Xunta de Galicia, con motivo do Xacobeo 99, é un percorrido pola
historia e a lenda de Froilán, o lucense que acadou a santidade, padroeiro de Lugo e de
León, visto especialmente desde a súa perspectiva humana, con atención especial ao
seu paso por este mundo estudando, predicando, facendo prodixios…

No caso de Froilán, a lenda domina a cotío á propia historia, que o tempo no que viviu
(naceu no lucense Regueiro dos Hortos o ano 833), coa inmensa distancia que del nos
separa, provoca distorsións e silencios, deslumbramentos e paixóns, que só a lenda
pode abranguer pero en nada diminúen a realidade da existencia do santo, e a
devoción especial que Lugo sente polo seu padroeiro.

Desde agora, a través da Biblioteca Virtual de GaliciaDigital pode accederse ao
contido íntegro do libro, para a súa consulta ou impresión. E invitamos a todos os
autores que posúan libros esgotados ou de difícil acceso, que os queiran poñer ao
dispor do público, contacten connosco para a inclusión nesta Biblioteca, de acceso
gratuíto, para que as súas obras non queden no esquecemento.

Trala publicación de SAN FROILÁN, de Xulio Xiz, na Biblioteca Virtual de GaliciaDigital
figura un total de 51 publicacións, cantidade que vai medrando semanalmente con
novas incorporacións.

Máis información:
http://www.galiciadigital.com/biblioteca_virtual
GALICIADIGITAL / Interdix Galicia S.L.
http://www.galiciadigital.com
C/Nóreas, 30 – Entrechán – CP 27001 – LUGO
+34 982 226 309 – correo@galiciadigital.com
1

Os datos do paro do mes de setembro amosan unha nova baixada da afiliación á Seguridade Social en Galiza

Os cotizantes descenden en máis de 6000, mentres que o número de desempregados/as medra en 1291 persoas
Galiza rematou o mes de setembro cun novo incremento do paro e un descenso da afiliación á Seguridade Social. Os cotizantes baixaron neste período en máis de 6000, mentres que o incremento dos desempregados/as foi de 1291, alcanzando un total de 194.336. Este desfase entre o número de afiliados/as que se perden e o de parados/as que aumentan explícase polo aumento da emigración e polo desánimo ou a perda de confianza no Servizo Público de Emprego, xa que moita xente optaría por non anotarse.
RecursoOficinaEmprego

O mes de setembro remata un ano máis remata cun incremento das persoas desempregadas en Galiza. Neste 2016 o aumento foi do 0,67%, o que equivale a 1291 persoas máis, polo que a cifra total de parados/as rexistrados/as nas oficinas do Servizo Público de Emprego (SEPE) sitúase en 194.336. Na media do Estado o incremento foi lixeiramente inferior e atinxiu o 0,62%.

Con todo, este aumento do paro rexistrado non amosa con claridade a perda de emprego (tan só o das persoas rexistradas no SEPE) xa que a perda de afiliados/as á Seguridade Social foi moito maior que o medre dos desempregados/as. A afiliación media descendeu un 0,6% con respecto a agosto, o que equivale a 6218 cotizantes menos. Este desfase explicaríase polo aumento da emigración e polo desánimo ou perda de confianza no SEPE.

É no sector servizos, co remate das contratacións temporais vinculadas ao período estival, onde se produce a maior suba no número de desempregados/as. No caso de Galiza, neste sector medrou o desemprego un 1,86% (1,60 na media estatal). Ao mesmo tempo, o sector industrial galego, ao contrario que no cunxunto do Estado, rematou o mes con máis desempregados/as que en agosto, concretamente un 0,67% máis.

A pesar do descenso da afiliación media e do aumento do paro, o número de contratos rexistrados continúa medrando (un 6,8% no mes de setembro). No noso país formalizáronse neste período un total de 93.788 contratos, que foron maioritariamente de carácter temporal. Trataríase de contratos cunha duración moi escasa e de rotación moi elevada, tendo en conta que a pesar dos preto de 100.000 contratos rexistrados máis contabilizáronse 6000 afiliados/as menos.

Consolidación do traballador/a pobre

O secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Miguel Malvido, denuncia que estes datos amosan un incremento da precariedade laboral e consolidan a figura do traballador/a pobre, cada vez máis maioritaria no noso país: as persoas con dificultades para chegar a fin de mes a pesar de ter un emprego. Ademais, considera especialmente preocupante que o desemprego medre, ademais de no sector servizos tras o remate do período estival, na industria, precisamente o sector que máis capacidade ten de xerar emprego estábel e de calidade.

Diante disto, Malvido reitera a aposta da CIG por un cambio radical nas políticas económicas, laborais e sociais que permita a recuperación dos dereitos recortados polos Gobernos do PP e do PSOE no Estado e na Xunta e que pasaría en primeiro lugar pola derrogación das sucesivas reformas laborais.

La Fábrica. Octubre

LUNES 03 PUBLICACIÓN
ROBERT FRANK
La Fábrica edita por primera vez en castellano ‘Robert Frank en América’, un libro que revisa la obra estadounidense de Frank correspondiente a la década de 1950. El volumen recoge 131 fotografías acompañadas por un extenso ensayo de Peter Galassi en el que traza la evolución de la obra del fotógrafo desde su llegada a los Estados Unidos en 1947 hasta que abandonó su carrera fotográfica a comienzos de 1960.
www.lafabrica.com
JUEVES 06 PUERTAS ABIERTAS
La Escuela SUR presenta sus nuevos planes de estudios: el Máster en Artes y Profesiones Artísticas con la Universidad Carlos III de Madrid y el Fundamental en Artes. Jueves 6 de octubre a las 19.30h. en el Círculo de Bellas Artes. Confirma asistencia en info@surescuela.com
www.surescuela.com
LUNES 10 PUBLICACIÓN
WILLIAM EGGLESTON
La Fábrica publica un volumen dedicado a los retratos de William Eggleston (1939, Memphis, Tennessee), uno de los nombres fundamentales de la fotografía contemporánea. De manera paralela a la muestra que se celebra en la National Portrait Gallery de Londres sobre esta producción del fotógrafo nace este volumen, que incluye además un ensayo del comisario Phillip Prodger.
www.lafabrica.com
MIÉRCOLES 12 FESTIVAL
GETAFE NEGRO
El Ayuntamiento de Getafe organiza la novena edición del Festival de novela policiaca de Madrid, dirigido por Lorenzo Silva. Esta nueva cita con la novela policiaca y la actualidad contará con Argentina como país invitado. Getafe Negro ofrecerá pertinentes reflexiones sobre la actualidad a través de cuatro ejes temáticos: La cultura del abuso, Cervantes desatado, Los refugiados y La ideología en la novela negra. [Del 13 al 25 de octubre].
www.getafenegro.com
JUEVES 13 MÁSTER DIRECTOR
PROYECTOS CULTURALES
¿Todas las organizaciones culturales trabajan igual? ¿Todos los proyectos se dirigen de la misma forma? ¿Todos los Máster de Gestión Cultural se parecen? Descubre la diferencia. Ven a la presentación abierta del Máster La Fábrica y te enseñaremos cómo lo hacemos.

Confirma tu asistencia en info@fundacioncontemporanea.com(18:00h)
www.fundacioncontemporanea.com

JUEVES 13 EXPOSICIÓN
CARLOS SAURA
Desde el 13 de octubre hasta el 13 de noviembre, la obra de Carlos Saura estará expuesta en el Centro Cultural La Alhóndiga, Zamora. ‘España años 50’ es un trabajo documental, un álbum fotográfico sobre los pueblos y gentes de España que Carlos Saura (Huesca, 1932) fue descubriendo en sus diversos viajes por el país.
www.lafabrica.com
DOMINGO 16 INSCRIPCIONES ABIERTAS
La Escuela fundada por el Círculo de Bellas Artes y La Fábrica, propone una nueva forma de enseñar las artes: multidisciplinar, transversal, crítica y práctica. Abierto el plazo de selección para el Máster en Artes y Profesiones Artísticas UC3M-SUR y el Curso Fundamental de Artes y Profesiones Artísticas.
www.surescuela.com
MARTES 18 MÁSTER PHOTOESPAÑA
ESCUELA PIC.A
Comienzan las clases del Máster PHE. Está orientado a ofrecer herramientas que posibiliten a los alumnos su inserción en el ámbito artístico y profesional y está especialmente diseñado para aquellas personas que buscan encaminar su obra de autor y consolidad su actividad en el sector.
www.phe.es
MARTES 18 EXPOSICIÓN
LOUISE DAHL-WOLFE
Inauguración en Le Pavillon Populaire de Montpellier (Francia) de la exposición Louise Dahl-Wolfe, una de las grandes fotógrafas americanas, que modernizó el retrato hollywoodiense y la fotografía de moda de su tiempo y cuya obra tuvo un gran impacto en la cultura visual americana.
www.lafabrica.com
LUNES 24 CURSO ONLINE
JOAN MOREY
Comienza el curso online Herramientas de profesionalización para fotógrafos, impartido por Joan Morey. Organizado por el Máster PHE, se celebra del 24 al 28 de octubre.
www.phe.es
MIÉRCOLES 26 CLASE MAGISTRAL
ÁNGEL MARCOS
Clase magistral de Ángel Marcos, en el Centro de Arte de Alcobendas (Calle Mariano Sebastián Izuel, 9 – 28100 Alcobendas), a las 18:00h.

[imagen: © Ángel Marcos]
www.centrodeartealcobendas.org

SÁBADO 29 PHOTOWALK PHE
LANZAROTE
PHotoEspaña y los Centros de Arte, Cultura y Turismo del Cabildo de Lanzarote organizan por tercer año consecutivo el PHotoWalk PHE, una experiencia en la que los asistentes podrán profundizar en el ámbito de la fotografía y realizar sus propios proyectos de la mano de Miguel Ángel Tornero.
www.phe.es