O paro volve baixar no Porriño que liderou a creación de emprego na Área Meteropolitana en setembro

O paro volveu a baixar o mes pasado en O Porriño que lidera o descendo do desemprego en toda a Área Metropolitana.  En setembro atoparon traballo no concello 60 persoas máis, unha caída que se suma ás 5 do mes de agosto, 118 de xullo, 67 en xuño, 41 en maio ou 46 en abril e que supón que o número de porriñesas e porriñeses desempregados situouse, o pasado día 30, en 1.836.

Dacordo cos datos oficiais sobre a evolución do paro, difundidos este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, dende que actual Goberno local tomara posesión, o paro en O Porriño reduciuse en 303 persoas, pasando de 2.139 desempregados en xuño de 2015 a 1.836 a finais de setembro deste ano.

Esta baixada, é especialmente importante considerando que na Área so en Vigo atoparon traballo máis persoas que en O Porriño-62 na cidade fronte a 60 na capital do Louro-, que na provincia de Pontevedra o número de desempregados aumentou en 361, en Galicia en 1.291 e, segundo os datos do Ministerio de Emprego, no conxunto do Estado, 22.801 traballadores se quedaron na rúa.

No que vai deste ano, o número de desempregados descendeu no concello do Porriño en 269 veciños: dos 2.105 que estaban na procura de traballo a principio de xaneiro, aos 1.836 que están na ofician de emprego na actualidade, o que sitúa a taxa de paro no 20,7%, preto dun 4% menos que cando comezou o actual mandato municipal.

A alcaldesa Eva García de la Torre, acolleu os datos con optimismo e con precaución e volveu a insistir que o Concello ten na creación de emprego o seu principal obxectivo e, nesta liña, seguirá incrementando  o seu esforzo por impulsar a formación, a cooperación coas empresas radicadas na vila, de xeito que esa formación se achegue ás necesidades de persoal destas firmas e, como ven de facer dende o primeiro día, favorecer a actividade económica do comercio local como base da economía porriñesa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: