San Froilán, na Biblioteca Virtual de GaliciaDigital

xulio_xiz-san_froilan.jpgLugo, 04 de outubro de 2016. Galicia Digital, con motivo da festa de San Froilán,
incorpora á súa Biblioteca Virtual o libro SAN FROILÁN, de Xulio Xiz.

Publicado pola Xunta de Galicia, con motivo do Xacobeo 99, é un percorrido pola
historia e a lenda de Froilán, o lucense que acadou a santidade, padroeiro de Lugo e de
León, visto especialmente desde a súa perspectiva humana, con atención especial ao
seu paso por este mundo estudando, predicando, facendo prodixios…

No caso de Froilán, a lenda domina a cotío á propia historia, que o tempo no que viviu
(naceu no lucense Regueiro dos Hortos o ano 833), coa inmensa distancia que del nos
separa, provoca distorsións e silencios, deslumbramentos e paixóns, que só a lenda
pode abranguer pero en nada diminúen a realidade da existencia do santo, e a
devoción especial que Lugo sente polo seu padroeiro.

Desde agora, a través da Biblioteca Virtual de GaliciaDigital pode accederse ao
contido íntegro do libro, para a súa consulta ou impresión. E invitamos a todos os
autores que posúan libros esgotados ou de difícil acceso, que os queiran poñer ao
dispor do público, contacten connosco para a inclusión nesta Biblioteca, de acceso
gratuíto, para que as súas obras non queden no esquecemento.

Trala publicación de SAN FROILÁN, de Xulio Xiz, na Biblioteca Virtual de GaliciaDigital
figura un total de 51 publicacións, cantidade que vai medrando semanalmente con
novas incorporacións.

Máis información:
http://www.galiciadigital.com/biblioteca_virtual
GALICIADIGITAL / Interdix Galicia S.L.
http://www.galiciadigital.com
C/Nóreas, 30 – Entrechán – CP 27001 – LUGO
+34 982 226 309 – correo@galiciadigital.com
1

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: