Archive | octubre 6, 2016

La colaboración entre WOS Festival y Curtocircuito ofrece esta semana dos noches de música en Santiago de Compostela

La colaboración por segundo año consecutivo de WOS Festival y el Festival de Cine Internacional Curtocircuito ofrece esta semana su segundo acto. Tras la oferta de cine co-comisariada por ambos festivales el mes pasado en la programación de WOS Festival, la cooperación entre ambos eventos ofrece ahora dos noches co-comisariadas de música dentro de la programación del festival de cine.
Mañana jueves, en la Sala Riquela, los barceloneses Celestial Bums ofrecerán la psicodelia hipnótica de su primer larga duración, ‘Ascend’ (EXAG Records, 2016). Les acompañan Camarada Nimoy, desde Vigo, transitando entre el surf, el lounge y el kraut rock. El sabado 8, en la Sala Capitol, la psicodelia de los escoceses The Cosmic Dead, se sumará al pop caleidoscópico de los portugueses Equations. Cerrará la noche Pablo Electrocute a los platos. La programación musical de Curtocircuito incluye, además, los conciertos de Siesta!, Dragão Inkomodo y La Isla del Tesoro el viernes 7, co-comisariados por La Melona Eventos Culturales.
Los abonos para las tres noches de conciertos pueden adquirirse en la página web de Curtocircuito por 18 €. Consulta toda su programación y otras modalidades de abono en www.curtocircuito.org.
Celestial Bums + Camarada Nimoyunnamed-2
Celestial Bums golpea directo al corazón, con un trabajo de psicodelia moderna y líquida. La banda viene de publicar ahora su primer larga duración ‘Ascend’, que disecciona un amplio espectro de psicodélicas paisajes musicales, que van desde una mezcla de rock onírico hasta mantras drónicos repletos de fuzz y progresiones energéticas al estilo Velvet Underground.
Camarada Nimoy no son una banda de surf ni de swing ni de jazz, pero gustan de todos y cada uno de esos géneros. Tampoco sus miembros son unos fanáticos trekkies de orejas en punta, pero están fascinados por la vasta multitarea musical y poética de Leonard Nimoy.
06.10 | 00:00h | Riquela Club | Santiago de Compostela
Entradas: 6€ |  Teatro Principal y entradas.abanca.com
Puedes consultar aquí el evento de Facebook.
The Cosmic Dead + Equations + Pablo Electrocute Djunnamed-1
The Cosmic Dead son uno de los secretos mejor guardados de la música escocesa. Una banda de auténtico rock psicodélico e interestelar, poseedora de un directo demoledor y catártico. Su música se sustenta sobre elaboradas suites sonoras donde dan rienda suelta a su enorme capacidad improvisadora con la que transportan al público a universos eléctricos.
Equations son una de las bandas del momento en Portugal, proceden de la cintura industrial de la zona rural entre Maia e Trofa (Porto, Portugal). Son cinco chicos que se juntaron para imaginar viajes cósmicos, nutriéndose del krautrock y la psicodelia de la década de 1970 y dando origen a música pop universal.
Pablo Electrocute, zahorí de músicas ocultas y coleccionista compulsivo, pondrá fin a la noche con una sesión en vinilo cargada de energía y eclecticismo.
08.10 | 21:30h | Sala Capitol | Santiago de Compostela
Entradas: 12€ |  Teatro Principal y entradas.abanca.com

Guy Braunstein dirixirá a Orquesta Sinfónica de Galicia no Teatro Afundación

guybrauntsteinjpgO Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá o vindeiro 13 de outubro, ás 20.30 h, un concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia, que nesta ocasión será dirixida polo israelí Guy Braunstein que tamén tocará o violín. Con esta actuación inaugúrase a tempada de música clásica de Afundación na cidade de Vigo. Nela, a agrupación sinfónica, interpretará The Lark Ascending de Ralph Vaughan Williams (1872-1958), Havanaise de Camille Saint-Saëns (1835-1921) con arranxo de Walter, o cuarteto de corda 1905 de Anton Webern (1883-1945) e arranxo de C.Poppen, ademais de Trío, op. 8 de Johannes Brahms (1833-1897) e arranxo de Ben-Ari. As entradas están á venda a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500, para todas aquelas persoas que no adquirisen o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Ademais, as persoas con 35 anos ou menos gozarán da oportunidade de conseguir as entradas na billeteira media hora antes de cada concerto a un prezo reducido coa finalidade de promover este tipo de espectáculos entre o público máis novo.

 

A Sede Afundación de Vigo acollerá os obradoiros de «GymArt» dentro da iniciativa solidaria «Gesto Vgo»

A partir de mañá xoves 6 de outubro a Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26) converterase nun dos escenarios que albergará os obradoiros da iniciativa «GymArt» que é parte da proposta solidaria «Gesto Vgo». O proxecto, organizado por Gesto Arte xunto ao Concello de Vigo e Afundación, ten o obxectivo de «xerar e impulsar o espírito de renovación e imaxinación que demanda a sociedade a través da arte». «GymArt» é un ximnasio artístico con 15 obradoiros e actividades no que se empregan todas as disciplinas artísticas. Prolongarase ata o día 30 de outubro e está dirixido tanto a colexios como ao público en xeral. O horario previsto para grupos de estudantes é de luns a venres de 10.00 a 13.30 h, e para o gran público de luns a venres entre as 18.00 e as 20.00 h, e sábados e domingos de 10.00 a 14.00 h. A participación é gratuíta e realizarase, ademais, unha selección semanal das mellores pezas para realizar unha vídeo-creación que condense o proxecto.

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL APOIA A INCLUSIÓN SOCIAL, ACADÉMICA E LABORAL DAS PERSOAS CON SÍNDROME DE DOWN NA PRESENTACIÓN DO PROXECTO “INCLÚEME, UN MÁIS NA VIDA ESCOLAR”

  • _a9a8641O programa, da Asociación Teima Down Ferrol en colaboración coa Fundación Alcampo por la Juventud, está enfocado á coordinación, asesoramento e sensibilización da contorna educativa
  • O conselleiro en funcións, José Manuel Rey Varela, insistiu na condición de iguais das persoas con síndrome de Down e sinalou que “diversidade e pluralidade son as características esenciais da sociedade que vivimos hoxe en día”

 

Ferrol, 5 de outubro de 2016.- O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, participou hoxe na presentación do proxecto “Incluéme, un máis na vida escolar” que desenvolverá a Asociación Teima Down Ferrol en colaboración coa Fundación Alcampo por la Juventud.

 

Este programa está enfocado á coordinación, asesoramento e sensibilización da contorna educativa, e o seu principal obxectivo é promover e fomentar actitudes que favorezan a atención á diversidade e a inclusión, contribuíndo deste xeito ao exercicio dos dereitos dos nenos e nenas e á mellora do rendemento académico. “A consecución da inclusión escolar das persoas con discapacidade intelectual, así como a inclusión a nivel social e laboral, son metas que compartimos con Teima e polas que traballamos día a día dende o departamento que represento”, explicou o conselleiro en funcións.

 

A presentación do proxecto enmárcase no Día da solidariedade que hoxe celebra o establecemento comercial e que coincide co 5º aniversario da fundación Alcampo en España. Co galo desta efeméride, o conselleiro realizou unha visita guiada polas instalacións da firma para coñecer a súa labor en materia de inclusión laboral no seu equipo de traballadores, que conta con dous compañeiros con síndrome de Down. Así mesmo, Rey Varela visitou a exposición de fotografía “Inquedanzas”, realizada por mozos e mozas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.  

 

Rey Varela insistiu na condición de iguais das persoas con síndrome de Down e sinalou que “diversidade e pluralidade son as características esenciais da sociedade que vivimos hoxe en día”. “O colectivo de persoas con síndrome de Down, non é máis que outro grupo que configura a nosa sociedade actual, cos mesmos dereitos e os mesmos deberes”, engadiu. O representante autonómico felicitou tamén á firma comercial e á entidade “polo seu traballo cóbado con cóbado para potenciar o emprego, entendido como a mellor fórmula de inserción laboral das persoas con síndrome de Down”.

 

REY VARELA REFORZA O COMPROMISO DA XUNTA DE GALICIA COAS PERSOAS QUE MÁIS O PRECISAN NESTA NOVA LEXISLATURA

  • concepcion-arenal-2A Xunta de Galicia inviste no Padroado Concepción Arenal un total de preto de 30.000 euros (21.900 euros para o centro de acollida básica e 7.300 euros para a adquisición de equipamentos informáticos e mobiliario)

 

Ferrol (A Coruña), 5 de outubro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá a entidade do Padroado Concepción Arenal, á que definiu como “unha asociación moi ferrolá que leva ademais o nome dunha ilustre ferrolá”. Alí, o conselleiro salientou que a Xunta de Galicia “afondará o seu compromiso coas persoas que máis o precisan nesta nova lexislatura” e neste sentido sinalou ao colectivo de mulleres en risco de exclusión social que é do que se ocupa o Padroado Concepción Arenal desde 1906.

Nesta liña, o titular da carteira de Política Social destacou o traballo da asociación que dá acollida ás mulleres en dificultade social nunha vivenda de inserción social. Deste xeito, o Padroado Concepción Arenal desenvolve un programa de intervención con mulleres en dificultades sociais e os seus fillos a través de Proxectos Personalizados de Inserción Sociolaboral. Rey Varela apuntou que “nesta nova etapa da Xunta de Galicia a coordinación e a colaboración entre administracións e entidades seguirá a ser a nosa bandeira porque é o único xeito de acadar un obxectivo tan ambicioso como a integración plena daquelas persoas que teñen máis dificultades”.

 

Ao abeiro da Orde pola que se establece a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2016 e 2017, a Xunta de Galicia inviste no Padroado Concepción Arenal un total de preto de 30.000 euros (21.900 euros para o centro de acollida básica e 7.300 euros para a adquisición de equipamentos informáticos e mobiliario). O conselleiro avanzou o desexo do Goberno galgo de incrementar a axuda económica a esta asociación no futuro.

 

EL UNIVERSO DE WILLIAM EGGLESTON A TRAVÉS DE SUS RETRATOS

unnamedLa Fábrica publica William Eggleston. Retratos, un volumen que recoge los mejores retratos del artista de la década de los sesenta hasta la actualidad

Obras míticas y retratos inéditos se reúnen en una cuidada edición que incluye una introducción de Sofía Coppola,  un texto del comisario Phillip Prodger y una conversación con el propio fotógrafo 

La publicación del libro coincide con la primera exposición monográfica dedicada a los retratos de Eggleston en la National Portrait Gallery, de Londres

ABANCA crea ABANCA Mar, unha unidade de negocio ao servizo do sector pesqueiro

  • O banco potencia coa nova división a especialización, a proximidade e unha oferta personalizada para as empresas e profesionais de toda a cadea de valor do mar
  • ABANCA achega máis de 1.100 millóns en financiamento a este sector estratéxico para a economía galega e española
20161005-abanca-presentacion-abanca-mar
Stand de ABANCA Mar na Feira Internacional de Produtos do Mar (Conxemar)

 

20161005-abanca-abanca-mar-1
Equipo de profesionais de ABANCA no stand de ABANCA Mar en Conxemar

 

20161005-abanca-mar-x1
Javier Fraga Díaz, director de ABANCA Mar (á esquerda), e Víctor Casal Antón, director de Banca de Pemes e Empresas, no stand de Conxemar.

 

05-10-2016

ABANCA presentou esta mañá en Vigo ABANCA Mar, unha nova unidade de negocio especializada no sector pesqueiro, desde a que ofrecerá un servizo especializado e personalizado que abarcará toda a cadea de valor do mar.

O banco deu a coñecer a nova unidade no marco da Feira Internacional de Produtos do Mar (Conxemar) ante máis dun cento de empresarios e representantes do sector. Durante o acto, o director de Banca de Pemes e Empresas, Víctor Casal Antón, resaltou que “ABANCA Mar achega ao conxunto do sector pesqueiro proximidade, especialización e unha oferta financeira integral e personalizada para atender as particularidades dos distintos segmentos: desde o armador, estaleiro ou mariñeiro, a cooperativa de produtores e industria transformadora, ata as empresas comercializadoras e distribuidoras dos produtos”. Tamén asistiu á presentación o director de Red Comercial, Gabriel González Eiroa.

Desde xuño de 2015, ABANCA prestaba servizo a este segmento de clientes a través da súa unidade ABANCA Agro e Mar, na que a entidade financeira concentraba a súa actividade vinculada ao sector primario. A boa acollida que esta iniciativa tivo entre as empresas do sector, o crecemento experimentado nesta liña de negocio e a potencialidade de toda a cadea de valor do mar levaron agora á entidade a dar un paso máis e desglosar a unidade en dúas divisións diferenciadas, unha para o sector agrogandeiro e outra para o mar.

ABANCA Mar prestará servizo ao sector marítimo e pesqueiro a través dunha rede de proximidade formada por 160 oficinas, repartidas en distintas zonas da costa galega. Conta cun equipo de 235 profesionais –coordinados por oito axentes de zona- especializados nas solucións financeiras mellor adaptadas ás características do sector pesqueiro e á súa industria auxiliar.

ABANCA Mar presenta unha ampla variedade de produtos e servizos financeiros, específicos e deseñados ‘ad hoc’ para cubrir as distintas necesidades do sector (circulante, administración e financiamento de facturas, préstamos a curto e medio prazo, préstamos para investimentos, comercio exterior, servizos de mercado de capitais, etc.). “Na oferta destaca o Préstamo Campaña Mar, un novo produto sen xuros e en condicións especiais que ofrece ás empresas e profesionais financiamento a curto e medio prazo para atender os gastos relacionados co ciclo produtivo da súa actividade”, apunta o director de ABANCA Mar, Javier Fraga Díaz. Outros dos produtos máis diferenciais que ofrece ABANCA Mar ao sector son Confir-Mar, un servizo de pago a provedores con opcións de financiamento tanto para o empresario como para o seu provedor, e a Hipoteca Naval, destinada a financiar a construción de buques.

ABANCA, co sector pesqueiro

O investimento crediticio de ABANCA para actividades vinculadas ao sector marítimo e pesqueiro supera os 1.100 millóns de euros, cun crecemento do 6% no último trimestre. A entidade financeira proporciona servizos financeiros na actualidade a máis de 21.000 clientes pertencentes á cadea de valor do mar e xestiona un volume de negocio neste ámbito de 1.900 millóns de euros. Ademais, mantén acordos de colaboración en materia financeira con máis de 20 axentes do sector en Galicia.

La verdadera TRAMA de los fondos europeos perdidos y @XulioFerreiro

La Fiscalía Europa «OLAF» mantiene abierto un expediente sobre CORUÑA FUTURA, EIUDUS CORUÑA; SMARTCITY, EMALCSA y FUNDACIÖN EMALCSA a instancias de PLADESEMAPESGA, que a requerimiento de la Fiscalía de Bruselas, se amplia la denuncia contra el presunto uso ilegal de los fondos europeos y de las instituciones municipales. Por si esto fuese poco, el Director de EMALCSA Jaime Castiñeiras se embolsa más de 11 mil euros al mes bajo la presidencia de @XulioFerreiro apoyado por los vocales de @MareaAtlántica, una entidad municipal de fondos públicos, que no tiene en sus estatutos cargos de alta dirección por lo que se estaría «presuntamente robando» a manos llenas el dinero de los ciudadanos. El anterior Gobierno regalaba más de 700 mil euros de estos fondos al exsocio de Urdangarín para una encuesta de 300 llamadas telefónicas que quedo en nada…
Xulio Ferreiro queda sin más de 15 millones de fondos europeos parea A Coruña por su desmesurada avaricia y ocultación en su gestión..
Comunicado completo de Pladesemapesga y documentos descargables en;