POLÍTICA SOCIAL IMPULSA O PROGRAMA ESCAPADAS MÚLTIPLES IV DA ASOCIACIÓN OURENSÁ DE ESCLEROSE MÚLTIPLE, ELA, PARKINSON E OUTRAS ENFERMIDADES NEURODEXENERATIVAS A TRAVÉS DO PROGRAMA INICIATIVA XOVE

  • A Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado acompañou hoxe aos mozos e mozas participantes neste proxecto, nunha xornada ocio-educativa no acuario do Grove
  • O proxecto está dirixido a mozos e mozas entre 12 e 25 anos que padecen algunha destas enfermidades, co obxectivo de ofrecerlles alternativas culturais e de ocio adaptado

 

O Grove (Pontevedra), 5 de outubro de 2016.- A Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple, Ela, Parkinson e outras enfermidades neurodexenerativas, AODEM, está a desenvolver o proxecto Escapadas Múltiples, que este ano chega á súa cuarta edición, grazas ao financiamento do programa Iniciativa Xove da Consellería de Política Social e ao traballo do equipo da sección xuvenil da asociación.

 

A directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañou hoxe aos mozos e mozas participantes na súa visita ao acuario do Grove, actividade que forma parte desta iniciativa e que trata de ofrecer alternativas culturais e de ocio adaptado a mozos e mozas con enfermidades neurodexenerativas a través dun proxecto liderado por eles mesmos.

Cecilia Vázquez gabou o traballo da Asociación e dos mozos e mozas coa posta en marcha deste proxecto, que sen dúbida contribúe a mellorar a autoestima e a autonomía persoal dos participantes, na liña do espíritu do programa Iniciativa Xove, “concebido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar actividades dirixidas á xuventude, ao tempo que se fomenta a súa participación, se estimula o talento xuvenil e permite poñer en práctica as súas ideas”.

No 2016 un total de 122 entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas puxeron en marcha os seus proxectos a través do programa Iniciativa Xove, que permite o financiamento do cen por cen do investimento ata un máximo de 5000 euros, e coa posibilidade de recibir un anticipo do 80% sobre o total da cantidade concedida, favorecendo a posta en marcha das distintas iniciativas. Dos proxectos financiados con este programa, 68 corresponden a asociacións xuvenís e 54 a grupos informais de mozas e mozos.

Unha vez finalizados os proxectos, os participantes poderán obter un certificado oficial de experiencias de educación non formal en materia de xuventude, como instrumento que permitirá confirmar a participación neste programa e sobre todo valorar as competencias adquiridas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: