POLÍTICA SOCIAL PON EN VALOR AS POTENCIALIDADES DO SECTOR DO TEMPO DE LECER NO MARCO DO PROXECTO DE INICIATIVA XOVE “XORNADAS DE TEMPO LIBRE”

  • 20161006_124120A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou en Ourense no faladoiro “Acción Solidaria e Tempo Libre” que leva a cabo o grupo informal  Argalleira

 

Ourense, 6 de outubro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe nas Xornadas de Tempo Libre desenvolvidas polo grupo informal Argalleira e financiadas integramente polo programa Iniciativa Xove da Consellería de Política Social.

 

Trátase dun proxecto que ten como obxectivo principal o de promover a participación e implicación da xuventude na construción dun tempo libre de calidade, así como reivindicar o valor educativo, social e cultural deste sector. Con este fin, estas Xornadas de Tempo Libre eríxense como espazo para coñecer as posibilidades que ofrece o tempo libre, tanto en termos de empregabilidade como no relativo ao desenvolvemento persoal.

 

Para Cecilia Vázquez, “Iniciativa Xove potencia o desenvolvemento de proxectos coma este, que evidencian a capacidade de iniciativa dos nosos mozos e mozas e contribúe a descubrir e potenciar o talento xuvenil”. A directora xeral tamén destacou que “este é o primeiro programa de participación xuvenil de todo o estado no que poden participar tanto asociacións formalmente constituídas como grupos informais de mozos e mozas, como é o caso de Argalleira, promotor desta iniciativa”. Deste xeito, engadiu, “danse as maiores facilidades burocráticas para que a xuventude galega poida organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais son eles mesmos, sen intermediarios”.

 

O éxito das iniciativas vese propiciado polo financiamento íntegro dos gastos dos proxectos subvencionados a través de Iniciativa Xove, ata un orzamento máximo de 5.000 €, ao que se suma a posibilidade dun anticipo do 80% do importe concedido, de xeito que a falta de financiamento non impida a posta en marcha das actividades.

 

A Consellería de Política Social destinou preto de 550.000 euros do orzamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a financiar un total de 122 proxectos promovidos por entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: