A XUNTA AVANZA UN CORTE DE TRÁFICO NA XORNADA DE MAÑÁ NO CORREDOR DO MORRAZO PARA EXECUTAR TRABALLOS DE ESTABILIZACIÓN DUN NOIRO E GARANTIR A PLENA SEGURIDADE PARA OS USUARIOS E TRABALLADORES DA AUTOVÍA

clip_image002A conselleira de Infraestruturas en funcións, acompañada polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, mantivo unha xuntanza cos alcaldes de Moaña e Cangas e cos responsables da empresa que está a executar as obras desta estrada

 

  • Ethel Vázquez sinala que os traballos no noiro inmediatamente anterior ao viaduto da Moura empezarán ás 8 da mañá para rematar nesa mesma xornada en canto sexa posible
  • Tamén se decidiu estudar con detemento a situación e as alternativas antes de continuar efectuando traballos neste noiro  para avanzar de forma coordinada coas voaduras do treito 2 garantindo a seguridade e reducindo ao mínimo as molestias aos usuarios
  • O vindeiro luns realizaranse novas voaduras noutros puntos que obrigarán a realizar cortes puntuais do tráfico

 

Moaña (Pontevedra), 7 de outubro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións, Ethel Vázquez, anunciou hoxe que esta fin de semana se realizará un corte de tráfico no Corredor do Morrazo  para acometer traballos de estabilización do noiro inmediatamente anterior ao viaduto da Moura, co obxectivo de garantir a plena seguridade dos usuarios e dos traballadores da obra da Autovía. Así o trasladou hoxe durante a visita que realizou a Moaña, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, para manter unha xuntanza coa alcaldesa, Leticia Santos, e co alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, para abordar as decisións técnicas que o avance dos traballos de desdobramento fai necesario adoptar.

 

A titular de Infraestruturas en funcións informou de que, tras as voaduras das semanas pasadas, se detectou que nese noiro en concreto o terreo está a reaccionar de maneira diferente ao inicialmente previsto. Ante esa situación, adoptouse a decisión primeira de acometer de forma preventiva estes traballos de estabilización, que farán necesario cortar o tráfico no corredor.

 

Sinalou que para iso se procurou minimizar a afección ao tráfico polo que se decidiu realizar os traballos na xornada do sábado, cando habitualmente menos coches circulan por esa vía, e se empezarán as tarefas a primeira hora, ás 8 da mañá, para rematalas en canto sexa posible, no entorno das 8 da tarde.

 

Vázquez Mourelle subliñou que ante calquera incidencia para a Xunta “a alternativa é sempre a seguridade” e así o seguirá sendo durante toda a execución das obras. Por ese motivo, indicou que, ademais destas tarefas de estabilización, se  decidiu continuar as obras de desdobramento noutros puntos da traza para, mentres tanto, estudar con detemento a situación do noiro e a maneira de actuar sobre o mesmo.

Segundo dixo a conselleira en funcións, existe unha alta probabildade de que este comportamento do terreo se reproduza durante as voaduras necesarias nalgún punto do treito 2, que se iniciarán nas vindeiras semanas”.

 

A responsable de Infraestruturas do Goberno galego dixo que “estamos ante unhas incidencias derivadas do avance das obras nun terreo tan peculiar como o do Morrazo, e somos conscientes de que os usuarios se verán afectados polas consecuencias e traballamos para reducir as molestias”, adoptando as decisións necesarias desde a prudencia e desde a prioridade absoluta da seguridade.

 

Por último, subliñou que “confiamos en que cando estea rematada esta infraestrutura tan agardada polos veciños do Morrazo, as súas vantaxes nos axuden a esquecer pronto estas molestias”.

 

O corte de tráfico que se realizará mañá afectará ao treito do corredor do Morrazo comprendido entre os PK 0+000 e 0+600.  Os desvíos serán os seguintes:

 

  • Sentido Cangas-Vigo, o tráfico desvíase polo enlace de Meira-Marín pola estrada EP-1102 ata a PO-551.
  • En sentido Vigo-Cangas, desvíase no enlace de Rande pola PO-551.

 

Ademais, o vindeiro luns realizaránse novas voaduras noutros puntos da traza que obrigará a realizar cortes de tráfico puntuais en diferentes momentos do día. Estes cortes para voladuras ordinarias estarán debidamente sinalizados e o tráfico regularase de xeito manual.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: