REY VARELA MARCA AS POLÍTICAS SOCIOSANITARIAS COMO UN DOS PIARES BÁSICOS DA NOVA LEXISLATURA “PARA ENGLOBAR TODA A COORDINACIÓN PÚBLICA PARA PENSAR NAS PERSOAS”

  • _a9a9396A Consellería de Política Social e AFAES preparan o Día da Saúde Mental cunha serie de actividades que concentrarán a atención mundial na identificación, tratamento e prevención destes trastornos
  • O conselleiro en funcións referendou a colaboración da Xunta con este tipo de asociacións e lembrou que no curso 2016, o Goberno autonómico investiu en AFAES un total de 31.140 euros, un 76% máis que en 2015 cando se investiron 17.656 euros

 

Narón (A Coruña), 7 de outubro de 2016.- O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, visitou na mañá de hoxe a Asociación de Familiares e Amigos dos Enfermos Psíquicos AFAES sita en Narón e que desenvolve a súa labor na área sanitaria de Ferrol. Alí o conselleiro fixo unha alegación en prol da inserción social daquelas persoas que sofren algunha discapacidade ou enfermidade mental e destacou a “gran contribución” que estas persoas tamén fan a Galicia. “Seguimos traballando para coñecer a todas as entidades de Galicia das diferentes discapacidades, entre as que está a enfermidade mental”, apuntou. Nesta liña, o conselleiro en funcións asegurou que un dos obxectivos fundamentais nesta nova lexislatura é “dar un pulo ás políticas sociosanitarias para tratar de englobar toda a coordinación pública para pensar nas persoas”.

 

Co gallo do Día da Saúde Mental que se celebra o vindeiro 10 de outubro e que ten como obxectivo concentrar a atención mundial na identificación, tratamento e prevención dos trastornos emocionais ou de conduta, AFAES Portanova levará a cabo unha serie de actividades durante toda a semana entre as que destacan exposicións, charlas, magostos ou a disposición dunha mesa informativa no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O conselleiro en funcións animou a toda a sociedade a participar neste dia de concienciación da realidade destes problemas xa que “a sensibilización e a empatía son o único camiño posible cara un país diverso no que todos sexamos tratados por igual e contemos coas mesmas oportunidades”.

 

Asemade, o conselleiro en funcións sinalou que con motivo do Día da Saúde Mental, celebrarase a I carreira andaina pola Saúde Mental, promovida por AFAES. Serán 5 quilómetros que terán comezo no paseo marítimo de Xuvia.

 

O máximo responsable da carteira social do Goberno galego, salientou a importancia de asociacións como AFAES que “forman parte do movemento asociativo a favor das persoas con enfermidade mental”. Nas súas verbas uniu os obxectivos da Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, cos de AFAES Portanova como poden ser o desenvolvemento de actividades que promovan a saúde e o benestar do enfermo mental, a súa recuperación psicosocial e laboral, a súa integración no medio no que vive e o apoio aos seus familiares.       

 

O conselleiro en funcións referendou a colaboración da Xunta de Galicia con este tipo de asociacións e destacou que ano tras ano medra a confianza da Consellería de Política Social con AFAES. Así, sinalou que desde o Goberno autonómico “seguiremos apoiando o traballo destas asociacións nos vindeiros anos”. Nesta liña lembrou que no curso 2016, o Goberno autonómico investiu en AFAES un total de 31.140 euros, un 76% máis que en 2015 cando se investiron 17.656 euros.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: