Archivo | octubre 8, 2016

O presidente do Círculo de Empresarios apadriña unha nova promoción de programas de mestrado da Escuela de Negocios Afundación de IESIDE

A Escola de Negocios Afundación de IESIDE celebrou hoxe venres 30 de setembro, ás 19.30 h no Pazo de San Roque (Filipinas, s/n), a cerimonia de graduación dos estudantes dos seus programas de posgrao do curso 2015-2016. No acto participaron, ademais dos 71 alumnos e alumnas que obteñen o seu título, Juan Ramón Güel Cancela, presidente do Círculo de Empresarios de Galicia e padriño dos estudantes que se gradúan; Aurelio Villa, director da Escuela de Negocios Afundación de IESIDE; Flor Gómez Novoa, responsable de programas da Escuela de Negocios Afundación de IESIDE (sede Vigo); e Raúl Davila Aparicio, representante da Asociación de Alumnos da Escuela de Negocios Afundación de IESIDE. Juan Carlos Vez Vázquez, profesor de IESIDE, pronunciou a conferencia maxistral titulada «E agora que? Unha realidade cambiante, vibrante e emocionante».