50 alumnos de Bosnia e de Albania de Erasmus no Porriño

estudantes30 alumnos de dous centros universitarios , da ‘Escola Superior CEPS’, en Kiseljak, preto de Saraxevo, e do ‘Logos Centar College’, en Mostar, que cursan estudos de Económicas, Dereito, Transporte, Tráfico ou Marketing, ensinos todos relacionados coa área de negocios, e outros 20, que proceden da ‘Universidade Aleksander Xhuvani’, de Elbasan, en Albania, que estarán entre 4 e 6 meses no Porriño, visitaron este luns o Concello e coñeceron á alcaldesa, Eva García de la Torre, e á concelleira de Educación, Lourdes Moure.

Acompañados pola directora do IES Ribeira do Louro, Juana Muñoz, por Amador Ordoñez, coordenador de  proxectos europeos do centro, e por os profesores que os acompañan, e que permanecerán no Porriño dúas semanas, os estudantes amosaron a súa satisfacción por ter a oportunidade de ampliar a súa formación neste instituto, e nos de Ricardo Mella e Manoel Antonio dentro do programa Erasmus.

Eva García de la Torre agradeceu a súa visita, animoulles a coñecer e integrarse no Porriño, a relacionarse coas súas veciñas e veciños, e a aproveitar a estadía non so para aprender senón para “amosarnos a vosa cultura, os vosos costumes e deixarnos que os amosemos os nosos”.

Como sinalou o profesor Ordoñez, ao mesmo tempo que estes xoves están no Porriño, alumnos porriñeses  melloran os seus estudos na Escola Superior CEPS, en Kiseljak, e en Elbasan, dentro do programa Erasmus KA 107, que se coordina dende O Porriño e que é, como subliña o profesor, “dos menos frecuentes, xa que é para países de fora da Unión Europea”, e que e se limitaban a estudos de pos grao, “e que agora son para ciclo superior e grao”, e que abrangue, asimesmo, a alumnos da India e de Tailandia.

Dentro deste mesmo programa, indica Ordóñez, xa se estableceron, “ao longo do verán”, contactos con centros de Xordania, Líbano, Camboia e Vietnam, e “imos a recibir no Porriño, antes de final deste mesmo ano, a estudantes e profesores da India e de Tailandia, nun congreso que queremos  organizar, aquí mesmo, en novembro”.  

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: