O Servizo de Prevención do Concello do Porriño organiza o vindeiro día 16 a ‘Andaina dos Sentidos’ que transitará por unha senda de 7 quilómetros e na que poderán participar familias non so do Porriño, senón tamén de Mos e de Salceda de Caselas. O percorrido, que terá cinco paradas sorpresas, ten coma obxectivo propoñer unha xornada de ocio saudable, en compañía, en contacto coa natureza e facendo traballar aos sentidos, de xeito individual e conxuntamente. Haberá saídas de autobús dende O Porriño, na rúa Domingo Bueno á altura da Biblioteca, en Mos, dende o Edificio de Urbanismo, e en Salceda, na Devesa, dende ás 10 e meda da mañá. O día anterior da actividade, o persoal do Servizo de Prevención chamará a cada unha das familias participantes na andaina para concretar a hora exacta do paso do autocar pola súa localidade. Os interesados en participar na mesma poden anotarse chamando ao teléfono 679 151 574. Dende o Concello lémbrase que o número de prazas é limitado.

O Punto SmartPeme do Porriño organiza este xoves, día 13, ás 7 da tarde, o taller ‘Desenrola a túa propia estratexia de e-mail Marketing’ no  Multicentro de Torneiros.

O obxectivo do mesmo é entender que as relación das Pemes cos seus clientes son esenciais, especialmente no mundo dixital. Neste taller os asistentes aprenderán como dar a coñecer o seu negocio, produto e servizo a través do correo electrónico.

No taller coñecerán a importancia de ter unha boa base de datos de contactos, usar unha ferramenta específica para elo e como mellorar o deseño das campañas, medir o seu impacto e coñecer o resultado das mesmas.

Os interesados en poden confirmar a súa asistencia no enderezo electrónico oporrino.smartpeme@depo.es, no teléfono 886 20 20 20 ou entrando no portal web SmartPeme  – http://www.smartpeme.depo.es- e,xa validado o usuario, xa se poderá inscribir neste e noutros talleres de asesoramento TIC, que non teñen custo algún para autónomos e pequenas empresas da provincia.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: