Archive | octubre 13, 2016

A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE VISITA O PROXECTO DE INICIATIVA XOVE SABOR EMPRENDEDOR, POSTO EN MARCHA POLA ASOCIACIÓN EFA FONTEBOA DE CARBALLO

  • img_5768Cecilia Vázquez gabou a iniciativa e o espírito emprendedor e creativo dos mozos e mozas participantes, que crearon a aplicación FeiranaPorta, dispoñible para Android, que permite facer encargos e reservas de produtos agrícolas de forma áxil e sinxela

 

Carballo, 13 de outubro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañou hoxe en Carballo aos participantes no proxecto Sabor Emprendedor. Unha iniciativa desenvolvida no marco do programa Iniciativa Xove,  que permite realizar a compra de produtos agrícolas de maneira áxil e sinxela dende o propio móbil e recollela na porta do establecemento. Isto é posible grazas á aplicación denominada FeiraNaPorta, deseñada polos mozos e mozas que integran a Asociación Efa Fonteboa e que está dispoñible para os terminais con sistema operativo Android.

FeiraNaPorta busca a implicación e o interese dos mozos e mozas nos mercados locais ou feiras periódicas aos que acoden os pequenos produtores da zona a vender os seus produtos. Apoiándose nas TICs tratan de contribuír á dinamización e expansión das feiras entre os xóvenes, de xeito que descubran e experimenten unha nova forma de comercio resultado da fusión da feira tradicional e o comercio dixital. Por outra parte, a súa participación no desenvolvemento do software permitiulles aumentar os seus coñecementos

TIC e abrir un amplo abano de posibilidades para experimentar o comercio dixital de cara ao seu futuro profesional.

 

Cecilia Vázquez sinalou que  “actividades coma esta evidencian a capacidade de iniciativa dos nosos mozos e mozas e contribúen a descubrir e potenciar o talento xuvenil, fins últimos do programa de participación xuvenil Iniciativa Xove”. A directora xeral tamén destacou o éxito deste programa, que no ano 2016 permitiu financiar proxectos dun total de 122 entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas, que obtiveron unha axuda para costear o cen por cen do orzamento da iniciativa, cun máximo de 5.000 euros e coa posibilidade de obter un anticipo do 80%.

 

Os mozos e mozas galegos levaron a cabo iniciativas interesantísimas en distintas temáticas, que inciden na mellora das competencias, habilidades e destrezas dos  participantes, cara a incentivar a súa participación social e facilitar a súa inserción laboral, tal e como recoñece o Estudo da Universidade de Santiago sobre Os programas de Educación non formal e a empregabilidade da Xuventude en Galicia, que foi presentando este mesmo ano e que analizou científicamente varios programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, entre eles Iniciativa Xove.

 

Neste estudo, a satisfacción xeral coa formación adquirida no caso dos participantes en Iniciativa xove foi do 82% e ante a pregunta de si recomendarían o programa un 88% responden afirmativamente. En canto á utilidade dos coñecementos adquiridos para o emprego, responden positivamente un 76% dos participantes no programa.

 

A Consellería de Política Social destinou no 2016 preto de 550.000 euros do orzamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ao programa Iniciativa Xove.  

A CIG reclama a retirada da orde interna que modifica os coeficientes redutores da idade de xubilación de miles de mariñeiros

A central denuncia que o cambio de criterio por parte da Mariña Mercante afecta á totalidade da flota conxeladora galega
A CIG-Mar anunciou hoxe que presentará mocións nos Concellos e unha iniciativa no Parlamento para reclamar a retirada da orde interna da Mariña Mercante pola que se modifican os criterios de aplicación dos coeficientes redutores da idade de xubilación. Dende a central denuncian que o cambio afecta a milleiros de mariñeiros galegos da flota conxeladora e anuncian que formalizarán unha reclamación conxunta e convocarán asembleas para analizar a situación.
2016 10 13 RoldaPrensaAboiCoeficientesRedutoresPesca01

O responsábel do sector do Mar da FGAMT-CIG, Xabier Aboi, compareceu esta mañá diante dos medios de comunicación para ofrecer máis datos sobre a modificación dos coeficientes redutores da idade de xubilación que afectará a milleiros de mariñeiros galegos e que denunciara publicamente a semana pasada.

O responsábel sindical sostén que a situación é aínda máis grave do que semellaba, “xa que a día de hoxe non hai nin un só barco galego que teña o máximo coeficiente, o 0,40 (o que significa que por cada 10 anos cotizados pódese adiantar a xubilación catro anos).

Diante disto, anunciou que a aesoría da CIG está a preparar unha reclamación colectiva (xa hai algunha individual) en defensa dos milleiros de afectados galegos e que a central convocará varias asembleas para abordar a situación. A primeira delas será o vindeiro martes ás 11.00 horas na Biblioteca de Marín, mentres que pola tarde terá lugar na Guarda. Para o día seguinte, o mércores 19, as asembleas serán en Burela e Celeiro, na Mariña luguesa.

Ademais, adiantou que a central tamén promoverá a presentación de mocións nos Concellos e unha inicitiva no Parlamento galego con catro esixencias básicas. A primeira delas, a retirada da norma interna na que se basea Mariña Mercante e o ISM para aplicar o que cualifica como “o maior recorte social na historia da pesca galega”.

Tamén se demanda a revisión por parte do ISM de todas as pensións dende que se aplica este norma, ademais da creación dunha comisión cos afectados, sindicatos, patronais e Administración para revisar os coeficientes redutores. Finalmente, reclámase a asunción de responsabilidades por parte dos causantes “desta barbaridade”, xa que, segundo denuncia Aboi, trátase dunha decisión políticaaplicada polos altos cargos de Mariña Mercante co aval do Ministerio de Fomento.

Durante a comparecencia, o responsábel sindical amosou un documento do Rexistro Marítimo Español no que se evidencia que un barco ao que se lle reduciu o coeficiente por supostamente tratarse dun palangreiro en superficie figuraba como pesqueiro conxelador, “algo que só pode cambialo Mariña Mercante”.

Ao mesmo tempo, citou unha serie de embarcacións afectadas, como o Río Landro, que traballa no Pacífico, e o Gerardo Entenza, que faena no Atlántico Sur, no Índico e no Pacífico). Ademais, asegurou que o cambio tamén afecta a toda a flota da Guarda.

Tamén os de máis de 1000 toneladas

Outros exemplos esgrimidos foron os barcos conxeladores da empresa Pescaboa, como o Xeitosiño, que estivo a traballar en Angola e despois na Arxentina e de súpeto aparece co coeficiente do 0,35. “O Praia de Barra está en Angola, pero resulta que xa aparece co 0,35”, censura. Neste senso, revela que toda a flota conxeladora xa está fóra do 0,40, segundo o propio ISM. “Isto inclúe os de máis de 1000 toneladas, ao contrario do que pensabamos o outro día”. E isto é porque dende abril de 2016 todos os barcos están como fresqueiros, incluídos os de máis de 1000 toneladas.

No que respecta a barcos con base en Marín, explicou que os pertencentes a Pesmar (catro barcos en Malvinas) e Manuel Nores (barcos en NAFO, Malvinas, Guinea Bissau e Senegal) “tamén están ao fresco segundo o ISM”.

En canto aos tripulantes, aludiu ao caso de Manuel Mundín Guimeráns, mariñeiro dun barco afundido na costa de Perú “e que resulta que agora traballaba ao fresco na costa galega”. Tamén falou doutro mariñeiro ao que en 2014 lle comunicaron que se podía prexubilar “e despois néganllo e queda sen dereito a paro e sen poder xubilarse, polo que tivo que volver ao mar”.

Finalmente, indicou que tras a carta enviada á Administración para que convocara unha xuntanza coas patronais para abordar esta problemática “a Xunta di que a semana próxima é posíbel que convoque, de Madrid non hai resposta e Mariña Mercante di que é unha cuestión comunitaria, algo que non é verdade; pola súa banda, o ISM di que é cousa de Mariña Mercante”.

Firma del Convenio Marco de impulso económico a las comarcas mineras entre Industria y la Junta de Castilla y León

Madrid, 13 de Octubre de 2016. El ministro de Economía y Competitividad y de Industria y Energía en funciones, Luis de Guindos, y el presidente de la Junta de Castilla y León, Juan Vicente Herrera, se han reunido hoy con el objetivo de seguir abordando conjuntamente la situación de la minería del carbón. Compartiendo su preocupación por el sector, han tratado diversas cuestiones y han llegado a los siguientes acuerdos:

-Durante la reunión, se ha procedido a la firma del nuevo Convenio Marco entre la Comunidad Autónoma de Castilla y León y el Ministerio de Industria, Energía y Turismo para el desarrollo de proyectos de reactivación en las comarcas mineras.

Asimismo, han acordado la necesidad de proseguir las reuniones de la Comisión de Cooperación para analizar la situación de los convenios específicos entre ambas administraciones correspondientes a los Planes de la Minería 1998-2005 y 2006-2012.

-Ambas partes han valorado positivamente el refuerzo del sistema de protección para los trabajadores de la minería, mediante ayudas por prejubilaciones y bajas indemnizadas, llevado a cabo durante esta legislatura.

-Con fecha 9 de septiembre se ha publicado la Decisión de la Comisión Europea, de 27 de mayo de 2016, en la que se declaran compatibles con la normativa comunitaria las ayudas a la producción concedidas a las empresas mineras. En dicha Decisión se posibilita además una nueva ayuda adicional para las producciones de carbón, tanto de minería subterránea como a cielo abierto, para el periodo 2016-2018.

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo ha anunciado la inminente modificación de las bases reguladoras de las ayudas a las empresas mineras, para que pueda convocarse esta nueva ayuda adicional en un plazo de un mes, previa autorización preceptiva del Consejo de Ministros.

-Seguir trabajando para facilitar que las centrales térmicas de carbón lleven a cabo las inversiones necesarias para cumplir con la normativa medioambiental.

-La búsqueda de fórmulas que permitan impulsar, en estrecha colaboración con la Junta de Castilla y León y en línea con su plan regional de dinamización, proyectos alternativos para las comarcas mineras, así como una actividad minera competitiva en el ámbito de la normativa europea.

De Guindos y Herrera han reiterado una vez más su compromiso con el sector de la minería y su decisión de mantener el contacto y la máxima colaboración entre ambas administraciones

MARCO: inauguración MULLERES DO SILENCIO + visita guiada ás 19.00

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN

Mulleres do Silencio, Marco 2016, www.marcovigo.com, Museo de Arte Contemporaneo de Vigo

Mulleres do Silencio, Marco 2016, http://www.marcovigo.com, Museo de Arte Contemporaneo de Vigo

Mulleres do Silencio, Marco 2016, www.marcovigo.com, Museo de Arte Contemporaneo de Vigo

Mulleres do Silencio, Marco 2016, http://www.marcovigo.com, Museo de Arte Contemporaneo de Vigo

MULLERES DO SILENCIO. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz

 

Mañá venres 14 outubro, coincidindo coa inauguración da exposición MULLERES DO SILENCIO,  haberá unha visita guiada ás 19.00, na compaña de Rosario Sarmiento, comisaria da mostra, e algunhas das artistas participantes.

 

 

MULLERES DO SILENCIO

De Maruja Mallo a Angela de la Cruz

 

14 outubro 2016 – 16 abril 2017

Producción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Comisaria: Rosario Sarmiento

Mónica Alonso, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Mª Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro, Mª Antonia Dans, Angela de la Cruz, Mª Victoria de la Fuente, María Xosé Díaz, Dolores Díaz Baliño, Almudena Fernández Fariña, Mª Elena Fernández-Gago, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Julia Minguillón, Rosalía Pazo Maside, Soledad Penalta, Pamen Pereira, Beatriz Rey, Mercedes Ruibal

Esta mostra supón unha relectura actualizada da exposición A arte inexistente —comisariada por Rosario Sarmiento para o Auditorio de Galicia en 1995—, que reunía obras de artistas mulleres en Galicia no século XX. Dende a perspectiva do tempo transcorrido, situámonos no espazo histórico-temporal das primeiras décadas do século XXI, o que permite visualizar relatos, protagonismos e visións máis amplas sobre as achegas e o papel dalgunhas artistas na historia da creación plástica da Galicia contemporánea. A exposición percorre diferentes xeracións de artistas ata chegar a aquelas creadoras que acceden por primeira vez en Galicia a unha formación académica, tras a creación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 1990.

Desde o punto de vista estrutural, a exposición formúlase en catro ámbitos onde se procura analizar e afondar nos contextos nos que estas artistas traballaron, facendo fincapé en cuestións como o seu escaso protagonismo nos movementos de vangarda anteriores á Guerra Civil, a posguerra e a obrigada emigración cara a outros centros artísticos fóra de Galicia, a chegada da democracia, e os novos escenarios culturais e formativos nos que traballan aquelas artistas cuxas traxectorias comezan a desenvolverse nos inicios do século XXI.

 

O Teatro Afundación de Vigo acollerá este mes o espectáculo musical The history of rock

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá, o vindeiro sábado 22 de outubro ás 20.00 h, o espectáculo musical The history of rock.Un repaso ao pasado e presente deste xénero nado na década dos cincuenta nos Estados Unidos. Participan músicos de carácter internacional que reinterpretarán temas de artistas e agrupacións tan míticos como Chuck Berry, Elvis Presley ou The Rolling Stones, pasando por Led Zeppelin ou Pink Floyd. As entradas xa están dispoñibles a través das canles habituais de comercialización da entidade: mediante a web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

ARTURO PEREZ REVERTE, JORGE FERNANDEZ DÍAZ SAMUEL BJORK Y LA MÚSICA DE MILES DAVIS PROTAGONISTAS MAÑANA VIERNES 14 DE OCTUBRE EN GETAFE NEGRO

unnamedMesa redonda. Cosecha Negra 01  
Mesa redonda sobre el género policíaco y su actualidad en el mundo, la cultura, la política y la sociedad.
Participan: Samuel Bjørk, Benito Olmo, Marta
Sanz, Ricardo Alía, Rafa Melero
Modera: José Ramón Gómez
17.30 h. Espacio Mercado

Encuentro. A capa y espada con Arturo Pérez Reverte y Jorge Fernández Díaz 
Encuentro entre dos escritores experimientados en el combate
Participan: Arturo Pérez Reverte y Jorge Fernández Díaz
Modera: Juan Cruz
19.30 h. Espacio Mercado

Concierto. Tributo a Miles Davis 
Un grupo de músicos de procedencias y estilos variados se reúnen para rendir homenaje a este genio de la música.
Ali Reza Gholami Shamssabadi (trompeta y fliscorno), Miguel Sacristán (piano), Gonzalo Sánchez (contrabajo)
21 h. Espacio Mercado

AIMEN participa en un proyecto europeo que permitirá fabricar paneles fotovoltaicos autorreparables y de bajo impacto ambiental

  • Una de las principales innovaciones en las que está trabajando el proyecto ECO-Solar es “Cell-Doctor”, un sistema completamente automatizado capaz de identificar problemas en células solares defectuosas y reparar con láser aquellas que pueden ser recuperadas.
  • Gracias a esta iniciativa se alcanzará una reducción de entre el 25 y el 30% en la huella de carbono de la cadena de valor completa de la industria fotovoltaica, mejorará la eficiencia de utilización de recursos en un 40%, y se disminuirá en un 50% el impacto ambiental en la recuperación de módulos fotovoltaicos, entre otros avances

foto2_ecosolar foto1_ecosolar

Pie de fotos: equipo de trabajo del proyecto ECO-Solar, reunido hoy y mañana en el Centro de Aplicaciones Láser de AIMEN Centro Tecnológico.

O PUNTO SMARTPEME DO PORRIÑO ORGANIZA DISTINTAS ACTIVIDADES ATA FINAIS DESTE MES DE OUTUBRO

O punto SmartPeme, pon a súa disposición de autónomos e péquenas empresas servizos gratuítos de información e asesoramento presencial e personalizado en relación ás TIC e ás novas tecnoloxías.

Entre as distintas actividades que desenvolve SmartPeme, que terán lugar este mes de outubro na sede do mesmo no Multicentro do Concello do Porriño, en Torneiros, cabe salientar os seguintes: Martes, día 18 ás 7 da tarde, ‘Linkedin, a túa rede de networking’; Mércores, día 26, á mesma hora, ‘Coñece as claves para a dixitalización documental’; Venres, día 28, ‘A túa páxina web con WordPress’.

Para asistir os eventos, pódese reservar praza, indicando evento, polos  seguintes canles: chamando ao teléfono  886 20 20 20, por Email en oporrino.smartpeme@depo.es e na  Web http://www.smartpeme.depo.es.