A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE VISITA O PROXECTO DE INICIATIVA XOVE SABOR EMPRENDEDOR, POSTO EN MARCHA POLA ASOCIACIÓN EFA FONTEBOA DE CARBALLO

  • img_5768Cecilia Vázquez gabou a iniciativa e o espírito emprendedor e creativo dos mozos e mozas participantes, que crearon a aplicación FeiranaPorta, dispoñible para Android, que permite facer encargos e reservas de produtos agrícolas de forma áxil e sinxela

 

Carballo, 13 de outubro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañou hoxe en Carballo aos participantes no proxecto Sabor Emprendedor. Unha iniciativa desenvolvida no marco do programa Iniciativa Xove,  que permite realizar a compra de produtos agrícolas de maneira áxil e sinxela dende o propio móbil e recollela na porta do establecemento. Isto é posible grazas á aplicación denominada FeiraNaPorta, deseñada polos mozos e mozas que integran a Asociación Efa Fonteboa e que está dispoñible para os terminais con sistema operativo Android.

FeiraNaPorta busca a implicación e o interese dos mozos e mozas nos mercados locais ou feiras periódicas aos que acoden os pequenos produtores da zona a vender os seus produtos. Apoiándose nas TICs tratan de contribuír á dinamización e expansión das feiras entre os xóvenes, de xeito que descubran e experimenten unha nova forma de comercio resultado da fusión da feira tradicional e o comercio dixital. Por outra parte, a súa participación no desenvolvemento do software permitiulles aumentar os seus coñecementos

TIC e abrir un amplo abano de posibilidades para experimentar o comercio dixital de cara ao seu futuro profesional.

 

Cecilia Vázquez sinalou que  “actividades coma esta evidencian a capacidade de iniciativa dos nosos mozos e mozas e contribúen a descubrir e potenciar o talento xuvenil, fins últimos do programa de participación xuvenil Iniciativa Xove”. A directora xeral tamén destacou o éxito deste programa, que no ano 2016 permitiu financiar proxectos dun total de 122 entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas, que obtiveron unha axuda para costear o cen por cen do orzamento da iniciativa, cun máximo de 5.000 euros e coa posibilidade de obter un anticipo do 80%.

 

Os mozos e mozas galegos levaron a cabo iniciativas interesantísimas en distintas temáticas, que inciden na mellora das competencias, habilidades e destrezas dos  participantes, cara a incentivar a súa participación social e facilitar a súa inserción laboral, tal e como recoñece o Estudo da Universidade de Santiago sobre Os programas de Educación non formal e a empregabilidade da Xuventude en Galicia, que foi presentando este mesmo ano e que analizou científicamente varios programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, entre eles Iniciativa Xove.

 

Neste estudo, a satisfacción xeral coa formación adquirida no caso dos participantes en Iniciativa xove foi do 82% e ante a pregunta de si recomendarían o programa un 88% responden afirmativamente. En canto á utilidade dos coñecementos adquiridos para o emprego, responden positivamente un 76% dos participantes no programa.

 

A Consellería de Política Social destinou no 2016 preto de 550.000 euros do orzamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ao programa Iniciativa Xove.  

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: