MARCO: inauguración MULLERES DO SILENCIO + visita guiada ás 19.00

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN

Mulleres do Silencio, Marco 2016, www.marcovigo.com, Museo de Arte Contemporaneo de Vigo

Mulleres do Silencio, Marco 2016, http://www.marcovigo.com, Museo de Arte Contemporaneo de Vigo

Mulleres do Silencio, Marco 2016, www.marcovigo.com, Museo de Arte Contemporaneo de Vigo

Mulleres do Silencio, Marco 2016, http://www.marcovigo.com, Museo de Arte Contemporaneo de Vigo

MULLERES DO SILENCIO. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz

 

Mañá venres 14 outubro, coincidindo coa inauguración da exposición MULLERES DO SILENCIO,  haberá unha visita guiada ás 19.00, na compaña de Rosario Sarmiento, comisaria da mostra, e algunhas das artistas participantes.

 

 

MULLERES DO SILENCIO

De Maruja Mallo a Angela de la Cruz

 

14 outubro 2016 – 16 abril 2017

Producción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Comisaria: Rosario Sarmiento

Mónica Alonso, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Mª Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro, Mª Antonia Dans, Angela de la Cruz, Mª Victoria de la Fuente, María Xosé Díaz, Dolores Díaz Baliño, Almudena Fernández Fariña, Mª Elena Fernández-Gago, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Julia Minguillón, Rosalía Pazo Maside, Soledad Penalta, Pamen Pereira, Beatriz Rey, Mercedes Ruibal

Esta mostra supón unha relectura actualizada da exposición A arte inexistente —comisariada por Rosario Sarmiento para o Auditorio de Galicia en 1995—, que reunía obras de artistas mulleres en Galicia no século XX. Dende a perspectiva do tempo transcorrido, situámonos no espazo histórico-temporal das primeiras décadas do século XXI, o que permite visualizar relatos, protagonismos e visións máis amplas sobre as achegas e o papel dalgunhas artistas na historia da creación plástica da Galicia contemporánea. A exposición percorre diferentes xeracións de artistas ata chegar a aquelas creadoras que acceden por primeira vez en Galicia a unha formación académica, tras a creación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 1990.

Desde o punto de vista estrutural, a exposición formúlase en catro ámbitos onde se procura analizar e afondar nos contextos nos que estas artistas traballaron, facendo fincapé en cuestións como o seu escaso protagonismo nos movementos de vangarda anteriores á Guerra Civil, a posguerra e a obrigada emigración cara a outros centros artísticos fóra de Galicia, a chegada da democracia, e os novos escenarios culturais e formativos nos que traballan aquelas artistas cuxas traxectorias comezan a desenvolverse nos inicios do século XXI.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: