Archivo | octubre 17, 2016

Agenda semanal mimosa café teatro vigo

viernes de 21 OCTUBRE:
a-espera-titeres-2016-verano-facce
teatro: “A Espera”, Títeres para adultos.Monifate teatro | Roberto C. Mouriño
“A Espera”, Títeres para adultos.
A natureza deste espectáculo persegue a exposición, abrir o diálogo sobre o tema que lle ocupa: a memoria histórica.
a partir  de las 22:30 h, aportación 5,
reservas 670517090en Mimosa Café Teatro Vigo, travesía de Vigo nº 72 bajo. Mimosa Café Teatro Vigo, travesía de Vigo nº 72 bajo.

EL FESTIVAL GETAFE NEGRO ENTREGA SUS PREMIOS EN UNA JORNADA QUE ACOGERÁ TAMBIÉN UN ENCUENTRO CON LA ESCRITORA BRITÁNICA LINDSEY DAVIS

getafeMañana martes 18 de octubre a las 13 horas en la Universidad Carlos III de Madrid  

 

EL FESTIVAL GETAFE NEGRO ENTREGA SUS PREMIOS EN UNA JORNADA QUE  ACOGERÁ TAMBIÉN UN ENCUENTRO CON LA ESCRITORA BRITÁNICA LINDSEY DAVIS


Rosa Montero ha sido galardonada con el VII Premio José Luis Sampedro, mientras que la novela El peso del alma de José María Espinar Mesa – Moles ha recibido el XX Premio de Novela Negra Ciudad de Getafe    

La entrega de premios se celebrará en el Rectorado de la Universidad y contará con la presencia de ambos galardonados 

Los amantes de la novela negra histórica podrán disfrutar de un encuentro con una de las más importantes autoras del género, Lindsey Davis, a las 20 horas en el Espacio Mercado

La oferta de Getafe Negro para mañana contará también con la mesa redonda ¿Víctimas? ¡ Supervivientes!, dos presentaciones literarias y la proyección de Garage Olimpo  

Toda la programación en www.getafenegro.com

Dobre exposición no Centro Cultural Municipal dende este mércores día 19

JUAN CARLOS‘MACRO E AUGA’ DO FOTÓGRAFO PORRIÑÉS JUAN CARLOS GIRALDEZ, E ‘AS NENAS E NENOS SOLDADO’ DO SENEGALÉS MOMAR BADIANE, DENDE ESTE MÉRCORES NO CENTRO CULTURAL MUNICIPAL

O vindeiro mércores, día 19 ás 7 e media da tarde, inaugúrase no Centro Cultural Municipal a exposición fotográfica “Macro e auga”, obra do fotógrafo Juan Carlos Giráldez, da parroquia de Atios.

Juan Carlos Giráldez recoñécese especialmente apaixonado pola fotografía macro, que ofrece a posibilidade de destacar o máis imperceptible detalle de plantas, insectos, obxectos… A escala ampliada do obxecto/suxeito retratado, consegue centrar a atención naqueles elementos que habitualmente pasan desapercibidos a simple vista.

Asimesmo, dende ese mesmo día, e tamén no Centro Cultural Municipal, e co respaldo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, ábrese a exposición “ As Nenas e Nendos Soldado’ de Momar Badiane.

Momar Badiane, nacido no barrio de pescadores Yoff Tonghor, a 15 km da capital de Senegal, Dakar, é pintor, escenógrafo, deseñador gráfico e debuxante comprometido co seu tempo. A través da súa pluma, fala do seu mundo. E nesta perspectiva, Badiane elabora a súa exposición ‘As nenas e nenos soldados’ para denunciar unha das prácticas mais inhumanas que existen dentro dos conflitos armados, principalmente dende a súa óptica africana.

Na súa obra, este artista e artesán, que comparte coa cidadanía galega a súa mirada e preocupación polo sufrimento do seu propio pobo, ofrece unha denuncia e reflexión inspirada nas situacións mais problemáticas, como é a das nenas e nenos combatentes.

A exposición ‘As nenas e nenos soldados’, de Momar Badiane, é unha denuncia sobre unha triste realidade, a da utilización de menores de idade nos conflitos armados, que segue a estar presente en aproximadamente 18 países, entre eles Siria, República Centroafricana, Burundi, Colombia, Costa de Marfil, Malí, Nixeria, Birmania, Afganistán, Chad, Líbano, Somalia, Sudán do Sur ou Filipinas, entre outros, e que son vítimas das guerras civís e de diversos enfrontamentos bélicos. Todo isto sen excluír o recrutamento de nenas para fins de explotación sexual e laboral.

Segundo diversas ONGD, a utilización de infantes por parte de exércitos, milicias e grupos armados clandestinos e irregulares, achégase aproximadamente a 250.000 menores de idade, e obedece principalmente a factores determinados pola dinámica do conflito, tomando en conta a vulnerabilidade psicolóxica das e dos pequenos, principalmente pola súa facilidade para o cumprimento de ordes e adoutrinamento, así como para labores de vixilancia, mensaxería e incluso espionaxe. Esta crúa realidade ofrece unha perspectiva dantesca, na que as nenas e nenos vense imposibilitados para acceder á educación, pervertendo a súa formación a través do cometido de atrocidades e sendo recrutados pola forza, baixo ameazas de morte.

No 2000, a ONU, apoiada por unha campaña dirixida pola Coalición para acabar co uso das nenas e nenos soldados, adoptou un tratado internacional que establece como idade mínima de recrutamento os 18 anos, así como a obriga por parte dos Estados de proporcionar rehabilitación e axuda para a reinserción das e dos ex nenos soldados. Ata hoxe, este tratado foi ratificado por 120 países. O 12 de febreiro é considerado como o Día Internacionalcontra a Utilización das Nenas e Nenos como Soldados.

 

Como actividade complementaria a esta exposición, o Fondo Galego de Cooperación ofrece unha charla informativa sobre a problemática das nenas e nenos dentro dos conflitos africanos. Esta charla está programada para o día 21 de outubro, ás 20:00 h. no Centro Cultural Municipal.

Seminario ‘Os datos da miña peme están seguros?’ Aula CeMIT do Porriño

A Aula da Rede CeMIT do Porriño ceebrará este xoves, día 20, de 17 a 20:00 h., na súa sede, o seminario “ Os datos da miña peme están seguros? “. O mesmo será impartido por Carlos Díaz, enxeñeiro e consultor experto en redes de datos e seguridade corporativa. Dende  o ano 2008 traballa como director de proxectos, analizando e implantando solucións de redes e seguirade da información en pemes do eido industrial, da sanidade e a educación privadas entre outros.

Os contidos do seminario serán os seguintes:  os piares da seguridade da información; ameazas externas e internas na organización; xestión e control de internet na peme; a fuga de información; mobilidade e produtividade: smartphone e wifi; virus, vermes e outros bichos; en vivo e en directo ; o que hai que ver ; onde estamos conectados e un selfie … malicioso

As persoas interesadas en asistir deberán facer a súa reserva da praza na propia Aula CeMIT, no teléfono 986.338.217 ou ben enviando un correo electrónico a cemit.oporrino@xunta.es.

AAM: mañá martes ás 20.00, 4º encontro Diálogos coa arte

Mañá martes 18 de outubro ás 20.00 terá lugar no salón de actos do MARCO o 4º encontro-coloquio do ciclo “Dialogando coa arte”. Nesta ocasión, os invitados serán os coleccionistas Luis Sirvent, José Blanco Fondevila, e Sofía Santos Pérez.

 

O obxectivo deste ciclo é fomentar o vínculo entre os membros da Agrupación, e intentar afondar nos temas elixidos a través de encontros con artistas e profesionais do mundo da arte contemporánea.

ABANCA organiza a conferencia ‘¿Estás preparado para mellorar a xestión das túas finanzas persoais?’ en Vigo

17.10.2016. ABANCA organiza o martes 18 de outubro, ás 19.30 horas, no Centro de Maiores de Afundación en Vigo, a conferencia-obradoiro ‘¿Estás preparado para mellorar a xestión das túas finanzas persoais?’ Esta iniciativa forma parte do programa de actividades de educación financeira que impulsa ABANCA en colaboración con Afundación e que ten como obxectivo achegar a toda a cidadanía, independentemente da súa idade, a información e conceptos máis importantes do ámbito financeiro.

Neste caso, a actividade está dirixida ao colectivo de maiores e pretende axudar aos asistentes a tomar conciencia da súa relación co diñeiro e avanzar cara un comportamento financeiramente máis responsable.

 

DATA 18 de outubro de 2016
HORA 19.30 horas
LUGAR Centro de Maiores Afundación

Velázquez Moreno, 53, baixo, Vigo

 

Workshop con Max Pam

Taller fotográfico con Max Pamunnamed

Viernes 4 de noviembre

15:30h a 20:30h

¡sólo 10 plazas!

Durante esta Clase Magistral Max Pam enseñará a los participantes la posibilidad de crear una estructura de metodologías propia. Con estas nuevas ideas aumentarán su productividad tanto en el trabajo de campo como en el del estudio.

La ponencia también analizará las mejores prácticas en temas como el acto en la asamblea creativa o aprender a sacar el mayor rendimiento a los resultados del trabajo de cámara, a través de procesos de edición, para transformarlos en monográficos convincentes, originales y atractivos.

Los participantes:

– Comprobarán cómo pueden re-imaginar fotos antiguas convirtiéndolas en producciones nuevas. Usarán como fuente materiales escogidos de producciones fotográficas pasadas, sus propias imágenes, viejas fotos familiares, prospectos, literatura, componentes de técnicas mixtas y objetos encontrados.

– Descubrirán cómo aumentar y desarrollar su potencial conociendo algunos de los mejores libros de fotografía jamás editados. Fotolibros que rezuman inspiración hurgando, replicando o remezclando imágenes hurtadas y formas y estructuras de otros creadores. Entre las diversas y muchas veces contestarias estrategias incluidas bajo el título de “apropiación“, están las de readymade o precocinado, détournement, pastiche, re-fotografía, re-combinación, simulación y parodia.

Los fotógrafos que asistan saldrán de la ponencia con una idea reforzada de cómo editar su trabajo, qué imágenes funcionan con otras y cómo a través del cuidadoso manejo de cada página doble, el contexto, la edición, la colocación y el diseño pueden crear un futuro de fotolibros vanguardistas que atraparán la imaginación de todo aquel que los abra. +info

A XUNTA ORGANIZA UNHAS XORNADAS SOBRE “AS POLÍTICAS DE INFORMACIÓN XUVENIL EN GALICIA”

Asistiron preto dunha trintena de estudantes e titulados do ciclo formativo de grao superior en Animación Sociocultural e Turística

 

  • A directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, explicou que o obxectivo pasa por dar a coñecer entre a mocidade as liñas de traballo, os recursos e programas da Administración galega neste eido

 

Santiago, 17 de outubro de 2016.- A directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, asistiu esta tarde á xornada “As Políticas de información xuvenil en Galicia”, que se desenvolveu no Centro Coordinador de Información Xuvenil,  en Santiago de Compostela e ao que asistiron preto dunha trintena de persoas vinculadas co sector.

 

Cecilia Vázquez apuntaba logo da actividade que “o obxectivo deste tipo de actividades pasa por ofrecerlle aos asistentes unha visión das Políticas de información xuvenil que se levan a cabo desde a Xunta de Galicia, así como dos programas e equipamentos cos que conta, co fin de que poidan ter un maior coñecemento dos recursos que se ofrecen a mocidade, e así poder prestar un mellor servizo a xuventude como profesionais”.

 

Nesta liña, explicaba que a xornada estivo dirixida principalmente a estudantes e titulados/as do ciclo formativo de grao superior en Animación Sociocultural e Turística, xa que esta nova titulación conta con dous módulos formativos relacionados coa información xuvenil que capacita aos alumnos/as para organizar e xestionar os servizos de información xuvenil, realizando actividades de orientación, información e dinamización que atendan as necesidades e demandas das persoas deste sector de poboación; así como deseñar, implementar e avaliar actividades socioeducativas dirixidas a este sector da poboación, favorecendo a igualdade de oportunidades e aplicando os principios da educación non formal.

 

A información xuvenil é unha actividade de busca, tratamento e difusión da información xunto co asesoramento e orientación prestados á mocidade nos servizos de información xuvenil e que ten por obxecto poñer á disposición a súa disposición os elementos necesarios para unha mellor toma de decisións no exercicio da súa liberdade e autonomía e que fagan posible unha plena integración na sociedade.

 

Desde o ano 1994, Galicia conta con unha Rede de Información Xuvenil que canaliza toda a información para a mocidade a través do Centro Coordinador de Información Xuvenil, dos doce Espazos Xove da Rede Galega de Centros de Xuventude (ubicados nas catro provincias), e mediante as 248 oficinas locais de información xuvenil (OMIX), dependentes dos Concellos. Conta tamén con Puntos de Información xuvenil dependentes das asociacións , así como con correspondentes xuvenís.

 

O ano pasado o número de correspondentes xuvenís (estudantes voluntarios/as de centros de ensino medio e bolseiros das residencias xuvenís)  foi de 483 alumnos/as distribuídos en 83 Antenas de información xuvenil e nas tres residencias xuvenís dependentes da Xunta de Galicia.