Archivo | octubre 18, 2016

Pladesemapesga denuncia una TRAMA orquestada desde la Presidencia de la Xunta de Galicia para desprestigiar a BNG, Marea, Podemos rivales políticos de Feijóo a la Xunta

Desde la Presidencia de la Xunta de Galicia liderada por Feijóo se orquestaron documentos para campañas de desprestigio contra En Marea y Podemos difundiéndolas a través de los servidores informáticos del ww.PPdeGalicia.com
La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia denunció hoy martes la existencia de un documento que surgió del Gabinete de la Presidencia a la Xunta de Galicia y se distribuyó por toda España y Extranjero a través de los servidores de la web de www.feijoo.gal  y www.ppdegalicia.com orquestando así una “una campaña de desprestigio y gratuita ” que iniciaron altos cargos del equipo político de Feijóo cara a las lecciones Nacionales y Autonómicas, como punto orientativo y directriz para los políticos del Partido Popular poder afectar GRAVEMENTE  “la imagen” En Marea –Anova, Esquerda Unida y Podemos-Galicia los únicos que le podría arrebatar la mayoría a Feijóo.
De esta forma los altos cargos del PP desde la Presidencia de la Xunta de Galicia y a través del “controlado” intermediario en los servidores del PP, pudieron orquestar la campaña política de forma gratuita y con presuntamente recursos públicos, sumándose a la denuncia del uso de PERFILES FALSOS de altos cargos del equipo de campaña de Feijóo.. https://www.google.es/#q=perfiles+falsos+pp+pladesemapesga que esta investigando la Fiscalía en este momento…
Las directrices ordenadas eran precisas y claras:  “No caso concreto de Galicia, asistimos esta semana á desautorización total do líder da formación morada na nosa comunidade, Breogán Riobóo, que fora elixido polos militantes. Ante a imposición da dirección nacional de concorrer ás autonómicas, de novo, xunto a En Marea, Riobóo cuestionou a conveniencia de seguir alimentando o nacionalismo e o independentismo dende Podemos, como xa fixeron nas eleccións xerais”.
El comunicado de PLADESEMAPESGA señala que desde hace algo más de un año “desde que se convocaron las elecciones en España y Galicia” los documentos para incriminar a la oposición en falta de ética, moral, dignidad y política” son claros contra los dirigentes de la oposición del líder del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo., en coordinación con organismos gubernamentales, Xunta y Presidencia de la Xunta, Gabinete de Comunicación, que pagamos todos los contribuyentes, desde donde comenzaron a “montar una trama perversa y tendenciosa” donde se distorsiona la realidad de la “oposición política al objeto de desviar los votos de los indecisos”.
Para que esto surtiera efecto, el titular del Gobierno Gallego ordenó la concesión de jugosas subvenciones a medios impresos de Galicia para que dieran la mayor publicidad posible a las directrices orquestadas del comunicado, utilizando fondos públicos para la campaña de desprestigio.
Pladesemapesga denuncia una TRAMA orquestada desde la Presidencia de la Xunta de Galicia para desprestigiar a BNG, Marea, Podemos rivales políticos de Feijóo a la Xunta

CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO ADXUDICA UNHA NOVA OBRA DE REHABILITACIÓN EN SUBIDA AO CASTELO, 12 POR MÁIS DE 355.000 EUROS

  • O Comité Executivo celebrado no día de hoxe tamén adxudicou o servizo para o tratamento preventivo da praga de termitas na zona alta do Casco Vello
  • As obras de recuperación do inmoble comezarán antes de que remate o mes de novembro e contan cun prazo de execución de 12 meses
  • Tras a intervención resultarán 4 novas vivendas de 2 dormitorios cada unha tendo 2 desas vivendas a consideración de ´dúplex´
  • O tratamento para a praga de termitas ten un prazo de execución de 4 anos e seguirá o estudo feito hai meses nos inmobles da zona alta do barrio histórico
  • Seguindo a política do CCVV de mellora da habitabilidade dentro do casco histórico e, a pesares de que excede as competencias propias do organismo, o Consorcio iniciou este estudo coma medida preventivaclip_image002

 

Vigo, 18 de outubro de 2016.- O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo, ven de celebrar hoxe a súa última reunión do Consello de Administración e do Comité Executivo, onde se adxudicou unha nova obra de rehabilitación no número 12 de Subida ao Castelo así coma o servizo para o tratamento preventivo da praga de termitas na zona alta do barrio histórico.

 

A reunión, de carácter mensual e relativa ao mes de setembro, foi presidida polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luís Díez, e nela se deu conta de ambas dúas adxudicacións e tamén da Memoria de Actividades pertencente ao ano 2015.

 

A contratación da obra de rehabilitación en Subida ao Castelo, 12 foi adxudicada á UTE que constituirán as empresas Xestión Ambiental de Contratas, S.L./Construcciones Orega, S.L. por un importe de 355.213,94 euros (sen IVE). Despois da intervención prevista, que se estima comece antes de que remate o vindeiro mes de novembro e conta cun prazo de execución de 12 meses, resultarán 4 novas vivendas de 2 dormitorios cada unha e espazo para balcóns ou xardíns privados seguindo así o proxecto básico elaborado polos arquitectos César Jiménez López, Antonio Davila Alonso, Luís Meijide Rico e Jesús Cordeiro Rodríguez. A vivenda con maior superficie útil será de 76,85 m2 e a de menor superficie, de 54,25 metros cadrados.

 

As catro novas vivendas terán acceso directo desde a rúa, dúas delas con acceso desde os extremos da fachada tendo a consideración de dúplex, ocupando planta baixa e semisoto con xardín mentres que as outras dúas sitúanse na planta alta, con balcóns, onde accédese desde un vestíbulo con acceso desde a fachada principal. A leira sobre a que se actuará ten unha superficie de 161 m2 xa que á súa área orixinal agregáronselle 44 procedentes doutra na contigua rúa Ferrería, tamén adquirida polo CCVV.

 

De acordo coas directrices do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Vello este proxecto terá coma elementos a protexer da edificación orixinal as carpinterías de madeira, debendo substituírse as de aluminio instaladas na actualidade nalgúns ocos do edificio; outras actuacións para desenvolver serán a adecuación da cuberta ao recolleito na ficha do citado documento urbanístico; así mesmo deberase manter a edificación en adecuadas condicións de seguridade e ornato público e procederase a eliminación dás teas asfálticas en fachada.

Contratación para o tratamento da praga de termitas

Outro dos asuntos que se tratou hoxe no Comité Executivo do CCVV foi a adxudicación da contratación do servizo para o tratamento da praga de termitas mediante o sistema de cebos seguindo o estudo preventivo feito hai meses nos inmobles da zona alta do Casco Vello.

 

A contratación do servizo foi adxudicada á empresa Agronerga S.L. por un importe de 46.642,75 euros (sen IVE). O prazo de execución do servizo é de 4 anos e conta cun prazo de garantía de 40 meses. Dende o CCVV estímase que se porá en marcha antes de rematar o vindeiro mes de novembro tras a firma do contrato e a resolución dos trámites administrativos.

 

O Consorcio decidiu levar a cabo esta medida preventiva coa colaboración de todos os propietarios seguindo a súa propia política de mellora da habitabilidade dentro do casco histórico e, sobre todo, da zona alta do barrio. A pesares de que excede as competencias propias do organismo, o Consorcio impulsou hai meses esta iniciativa, tendo ademais unha duración que se alongará no tempo, que hoxe se completa coa adxudicación do servizo.

O PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL PERMITE QUE MÁIS DE 20 MOZOS E MOZAS DE CURTIS COÑEZAN A ACTIVIDADE EMPRESARIAL DA ZONA

  • Os participantes no proxecto promovido pola Asociación Galicia Inxenia, realizarán estadías-visitas en empresas relevantes da comunidade autónoma
  • Deseñando o teu futuro é unha iniciativa piloto de educación non formal  a través da cal mozos e mozas de entre 14 e 18 anos poden realizar pequenas estadías titorizadas en centros de traballo coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas

 

Curtis (A Coruña), 18 de outubro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañou hoxe aos participantes no proxecto promovido pola Asociación Galicia Inxenia no marco do programa Deseñando o teu futuro nunha visita á S.A.T Queinaga, unha das empresas máis relevantes da nosa comunidade autónoma na fabricación de queixos con denominación de orixe Arzúa Ulloa e Tetilla, con proxección internacional. Así mesmo, destaca pola comercialización de manteiga cocida de vaca.

 

Trátase de 21 mozos e mozas do IES de Curtis que a través desta iniciativa da Consellería de Política Social se achegan á realidade do ámbito laboral con estadías-visitas en distintas empresas da zona. Cunha duración de seis días, permiten aos participantes nesta experiencia  coñecer varios proxectos empresariais da zona. Así entre o 4 e 26 de outubro se desprazarán ata as instalacións das firmas Bioetanol Galicia, S.A., Industrias Losán, S.A., Bodeus Delicatessen, S.L.U., S.A.T. Queinaga e S.A.T. A Campa no Concello de Curtis, Milhulloa, S.C.G en Palas de Rei, e a Casa do Queixo e Aldea de Barrio, S.L. en Sobrado dos Monxes.

 

O programa Deseñando o teu futuro é unha iniciativa piloto de educación non formal  a través da cal mozos e mozas de entre 14 e 18 anos poden realizar pequenas estadías titorizadas en centros de traballo. Un proxecto de aproximación dos mozos e mozas galegos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías-visitas en distintos sectores das empresas.

 

Cecilia Vázquez sinalou que “o obxectivo de Deseñando o teu futuro é aproximar aos mozos e mozas á realidade laboral en aquelas profesións e especialidades que eles mesmos desexen coñecer”. Así mesmo engadiu que “fomenta a  iniciativa, a toma de decisións e a responsabilidade que supón calquera posto de traballo, ao tempo que mellora o seu currículo”.

 

No marco deste programa no 2016 fináncianse 13 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitarán que un total de 351 mozos e mozas realicen estadías-visitas en empresas.

 

A titular do departamento autonómico manifestou que “esta experiencia serve para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e futura formación académica e profesional. A finalidade deste programa é ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal, para axudalos na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para que coñezan a realidade da empresa previamente e así decidir a súa traxectoria formativa profesional”.

 

As estadías-visitas en empresas teñen unha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles e se establece unha xornada mínima diaria de catro horas. O número máximo de mozos e mozas participantes por proxecto non pode exceder de 30.

 

A cantidade subvencionable a cada entidade e concello ou agrupación de concellos se calcula a razón de 6 euros por participante día, para cubrir os gastos de manutención e desprazamento do mozo ou da moza e 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías-visitas.

Actividades Getafe Negro miércoles 19 de octubre

unnamedEl festival Getafe Negro contará mañana miércoles 19 de octubre con las siguientes citas:

Mesa redonda. Cervantes desatado
Participan: Alfonso Mateo-Sagasta, Lorenzo Silva Modera: Jorge Urrutia Gómez
Aula Buero Vallejo. Edificio Concepción Arenal UC3M. 10 horas

Mesa redonda. La tradición del Noir (cine, novela…)
Participan: Rafael Cobos, Javier Maqua, Manuel de la Fuente, Alberto Rodríguez y Víctor Arribas
Modera: Pilar Carrera Álvarez
Aula Buero Vallejo.Edificio Concepción Arenal UC3M. 12 horas

Presentación – Coloquio Asylum / Periodistas contra la xenofobia 
Participan: Rosabel Argote (CEAR Euskadi),
Nicolás Castellano, Paco Garrido (CEAR Madrid)
y Estrella Galán (Secretaria Gral. CEAR)
Carpa Feria del Libro 18 horas

Mesa redonda. La ley contra la justicia 
Participan: Reyes Calderón, Graziella Moreno, Joaquim Bosch
Modera: Lorenzo Silva
Espacio Mercado 18 horas

Encuentro con Lindsey Davis
Biblioteca Pública Central 19 horas

Mesa redonda. El policial Latinoamericano
Participan: Jorge Fernández Díaz, Betina González, Carlos Salem, Javier Sinay, Guillermo Roz, Fernando López, Guillermo Orsi, Gastón Intelisano
Modera: Marcelo Luján
Casa de América 19 horas

Coloquio. Negra e independiente 
Participan: José Ángel Mañas, Lorena Carbajo, Luis Romero, Gastón Segura, Inés Pradilla, Marisol Torres, Luis Rafael Hernández, José Antonio Nieto, Fidel Vilanova, Carlos Augusto Casas y Daniel Pérez Morales
Modera: Maica Rivera
Presenta: Anamaría Trillo
Espacio Leer 19 horas

Presentación Vino y pólvora 
Participa: Susana Martín Gijón
Presenta: Inmaculada Pertusa
Carpa Feria del Libro 19 horas

Ciclo Panorama Literario. Victor Gómez presenta Mediodía
Participa: Víctor Gómez
Centro de Poesía José Hierro 19.30 horas

Presentación A fuego lento / casa de fieras
M.A.R. Editor
Participan: Germán Díez Barrio,Paula Izquierdo y Miguel Ángel de Rus
Carpa Feria del Libro 20 horas

Mesa redonda: Vivir  para contarla: narrativa testimonial en América Latina
Participan: Matías Néspolo, Mónica Ojeda, Santiago Roncagliolo, Sergio Álvarez
Modera: David Barba
Espacio Mercado 20 horas

Real Filharmonía de Galicia en Afundación Vigo

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá o vindeiro 26 de outubro, ás 20.30 h, un concerto da Real Filharmonía de Galicia, que nesta ocasión será dirixida por Christoph König. Esta actuación é parte da oferta prevista para a presente tempada de música clásica de Afundación na cidade de Vigo. Nela, a agrupación interpretará Sinfonía núm. 31 en re maior «París», KV 297 de Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791), Le festin de l’araignée, Op. 17 de Albert Roussel (1869-1937), e Sinfonía de cámara de Franz Schreker (1878-1934).

As entradas están á venda a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500, para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Este concerto está encadrado na iniciativa «Quedamos no palco» que permitirá acudir de xeito gratuíto a mozas e mozos de ESO e bacharelato. 

Zona Franca de Vigo permitiu obras o 12-O

Dobre vara de medir para o 12 de outubro: pau para Badalona, tolerancia co ente vigués
O Consorcio da Zona Franca de Vigo vén de sumar un novo incumprimento á longa lista que a CIG-Construción leva denunciando desde hai meses, tolerando obras na Nave H de Citroën o pasado 12 de outubro, festivo laboral. A administración pública convértese, máis unha vez, en cómplice das prácticas abusivas de subcontratas que obrigan a traballar en festivos, pagan en negro e condenan os operarios a xornadas de até 11 horas.
Zona Franca Vigo

Para a Federación de Construción da CIG esta situación revela a “hipocrisía e cinismo” coa que actúa o goberno do Estado, que non dubida en actuar con contundencia ante a apertura do concello de Badalona no 12 de outubro mentres continúa tolerar traballo en festivos e sobre-explotación en obras para entes públicos.

Deste xeito, e a pesar das numerosas advertencias da CIG, a Zona Franca de Vigo leva anos subcontratando empresas “que se sabe de antemán que van incumprir todas estas materias”, con salarios “moi por baixo do regulado en convenio” e “xornadas de 10 ou 11 horas”. Empresas, nas que ademais “ningunha destas irregularidades se regulariza en nómina”, con salarios “abonados en negro”.

Esta situación foi denunciada repetidamente ante Inspección de Traballo e até en dúas ocasións en reunións con responsábeis do departamento de Obras, así como coa Delegada da entidade. Porén, non só ningún dos compromisos aos que se chegou se ten materializado, se non que a tolerancia coa sobre-explotación e mailo incumprimento coa legalidade sostidos no tempo converten a Zona Franca en “colaboradora activa coa fraude á Seguridade Social e a Facenda”.

Desde a CIG-Construción, aseveran, ademais, que se está a premiar a empresas incumpridoras en detrimento daquelas onde se respeita o convenio, “que nen chegan a optar directamente á licitación de obra”. Tamén que o exceso de xornada provoca que por cada tres operarios “se deixe de crear un novo posto de traballo”.

Por último, comunican que continuarán coas denuncias e iniciarán mobilizacións se na vindeira reunión coa Dirección da Zona Franca non hai avances.

Incumprimentos laborais Zona Franca

Por medio da presente nota de prensa, a CIG-Construción quere denunciar o continuo incumprimento da Zona Franca de Vigo en materia laboral, en relación: co goce dos días Festivos de convenio e Festas laborais anuais, nas obras da construción da súa responsabilidade; así como tamén co exceso de xornadas diarias de traballo e por último en materia salarial, con abono de salarios aos traballadores das empresas subcontratadas por  debaixo do salario regulado en Convenio.

 

Todas estas circunstancias xa veñen sendo denunciadas polo noso sindicato no último ano, con repetidas denuncias por escrito rexistradas tanto na Inspección de Traballo como na propia Zona Franca. Ao mesmo tempo que en dúas reunións que mantivemos con responsábeis do departamento de Obras e da propia Presidenta.

 

Os incumprimentos nas materias antes citadas seguen acontecendo, aínda despois de terse comprometido a reconducir a situación e a cumprir o convenio en materia de xornada e salarios despois da última reunión mantida entre o sindicato e a Presidenta da Zona Franca.

 

Proba do que estamos a dicir é que o pasado 12 de outubro, festivo laboral, na obra que a Zona Franca ten en Citroën (Nave H), se traballou con normalidade.

 

A situación se fai aínda máis grave, ao tratarse de incumprimento por parte da Administración, que tiña que ser o exemplo á hora de cumprir coa lexislación vixente. Neste caso, a Zona Franca está colaborando co fraude á Seguridade Social e a Facenda, pois ningunha destas irregularidades que se están a cometer, se regularizan en nómina, ou o que o mesmo, todos os salarios derivados de esta situación se abonan en negro.

 

Tamén facemos responsable á Zona Franca de subcontratar conscientemente con empresas que saben de antemán que van a incumprir en todas estas materias. As empresas contratan maioritariamente a traballadores que cobran salario hora  moi por debaixo do regulado en convenio, co conseguinte agravio comparativo con empresas galegas que de esta maneira non poden acceder directamente ás licitación das obras.

 

En materia de xornada diaria de traballo, o normal e que estas empresas realicen 10 ou 11 horas de traballo. É dicir que por cada tres traballadores que fan exceso de xornada, se deixa de crear un novo posto de traballo. Non era este o goberno que tanto se preocupa pola creación de emprego? Todo é unha mentira e unha farsa máis.

 

Tampouco podemos deixar pasar a hipocrisía e cinismo manifestado pola administración dependendo do caso. Non lle importa utilizar aos medios de comunicación para denunciar ao Concello de Badalona por abrir as portas no 12 de outubro e que os seus traballadores desenvolvan a súa actividade; pero cando se trata de traballadores da construción na súas obras miran para outro lado, e non lle importa que traballen en día festivo sabendo conscientemente que o están a facer.

 

Con esta nota de prensa a CIG-Construción quere denunciar publicamente o que está a acontecer nas obras da administración, que no lugar de ser o exemplo do cumprimento da Lei, son xusto o exemplo de todo o contrario.

 

De inmediato imos solicitar unha nova reunión coa Dirección da Zona Franca no ánimo de que nas obras da súa competencia se cumpra co convenio colectivo da construción de unha vez por todas. De non ser atendida a nosa petición, de aquí en diante, a CIG-Construción en todas aquelas obras da Zona Franca nas que se incumpra o convenio, non só o imos a seguir denunciando, senón que tamén nos vamos a mobilizar como xa temos feito en outras ocasións  cando a vía da negociación non da resultado ningún.

 

En Vigo a 17 de outubro de 2016

 

Asd. Carlos Méndez Iglesias

Secretario Comarcal CIG- Construción

 

Máis de 1500 persoas en Vigo contra o TTIP

p1190019_rszp1180807_rszMáis de 1500 manifestantes acudiron esta tarde en Vigo á chamada da plataforma “Non ao TTIP”, da cal forma parte a CIG, para berrar contra uns tratados transnacionais que “levan o pobo galego á ruína”. A marcha, que partiu de Vía Norte ás 19 horas, transcorreu baixo unha intensa choiva, e alén das diferentes comitivas das organizacións políticas e sociais os e as asistentes portaban cartaces contra o TTIP, o CETA, o TISA e maila UE. Esta mesma mañá, a CIG desenvolveu en solitario diferentes concentracións nas cidades galegas coa mesma reivindicación. Para Xesús Seixo, secretario xeral da central nacionalista,  “O que buscan é favorecer cada vez máis o control dos mercados: o laboral, o de mercadorías ou o financeiro por parte das grandes empresas multinacionais tanto europeas como norteamericanas”.