CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO ADXUDICA UNHA NOVA OBRA DE REHABILITACIÓN EN SUBIDA AO CASTELO, 12 POR MÁIS DE 355.000 EUROS

  • O Comité Executivo celebrado no día de hoxe tamén adxudicou o servizo para o tratamento preventivo da praga de termitas na zona alta do Casco Vello
  • As obras de recuperación do inmoble comezarán antes de que remate o mes de novembro e contan cun prazo de execución de 12 meses
  • Tras a intervención resultarán 4 novas vivendas de 2 dormitorios cada unha tendo 2 desas vivendas a consideración de ´dúplex´
  • O tratamento para a praga de termitas ten un prazo de execución de 4 anos e seguirá o estudo feito hai meses nos inmobles da zona alta do barrio histórico
  • Seguindo a política do CCVV de mellora da habitabilidade dentro do casco histórico e, a pesares de que excede as competencias propias do organismo, o Consorcio iniciou este estudo coma medida preventivaclip_image002

 

Vigo, 18 de outubro de 2016.- O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo, ven de celebrar hoxe a súa última reunión do Consello de Administración e do Comité Executivo, onde se adxudicou unha nova obra de rehabilitación no número 12 de Subida ao Castelo así coma o servizo para o tratamento preventivo da praga de termitas na zona alta do barrio histórico.

 

A reunión, de carácter mensual e relativa ao mes de setembro, foi presidida polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luís Díez, e nela se deu conta de ambas dúas adxudicacións e tamén da Memoria de Actividades pertencente ao ano 2015.

 

A contratación da obra de rehabilitación en Subida ao Castelo, 12 foi adxudicada á UTE que constituirán as empresas Xestión Ambiental de Contratas, S.L./Construcciones Orega, S.L. por un importe de 355.213,94 euros (sen IVE). Despois da intervención prevista, que se estima comece antes de que remate o vindeiro mes de novembro e conta cun prazo de execución de 12 meses, resultarán 4 novas vivendas de 2 dormitorios cada unha e espazo para balcóns ou xardíns privados seguindo así o proxecto básico elaborado polos arquitectos César Jiménez López, Antonio Davila Alonso, Luís Meijide Rico e Jesús Cordeiro Rodríguez. A vivenda con maior superficie útil será de 76,85 m2 e a de menor superficie, de 54,25 metros cadrados.

 

As catro novas vivendas terán acceso directo desde a rúa, dúas delas con acceso desde os extremos da fachada tendo a consideración de dúplex, ocupando planta baixa e semisoto con xardín mentres que as outras dúas sitúanse na planta alta, con balcóns, onde accédese desde un vestíbulo con acceso desde a fachada principal. A leira sobre a que se actuará ten unha superficie de 161 m2 xa que á súa área orixinal agregáronselle 44 procedentes doutra na contigua rúa Ferrería, tamén adquirida polo CCVV.

 

De acordo coas directrices do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Vello este proxecto terá coma elementos a protexer da edificación orixinal as carpinterías de madeira, debendo substituírse as de aluminio instaladas na actualidade nalgúns ocos do edificio; outras actuacións para desenvolver serán a adecuación da cuberta ao recolleito na ficha do citado documento urbanístico; así mesmo deberase manter a edificación en adecuadas condicións de seguridade e ornato público e procederase a eliminación dás teas asfálticas en fachada.

Contratación para o tratamento da praga de termitas

Outro dos asuntos que se tratou hoxe no Comité Executivo do CCVV foi a adxudicación da contratación do servizo para o tratamento da praga de termitas mediante o sistema de cebos seguindo o estudo preventivo feito hai meses nos inmobles da zona alta do Casco Vello.

 

A contratación do servizo foi adxudicada á empresa Agronerga S.L. por un importe de 46.642,75 euros (sen IVE). O prazo de execución do servizo é de 4 anos e conta cun prazo de garantía de 40 meses. Dende o CCVV estímase que se porá en marcha antes de rematar o vindeiro mes de novembro tras a firma do contrato e a resolución dos trámites administrativos.

 

O Consorcio decidiu levar a cabo esta medida preventiva coa colaboración de todos os propietarios seguindo a súa propia política de mellora da habitabilidade dentro do casco histórico e, sobre todo, da zona alta do barrio. A pesares de que excede as competencias propias do organismo, o Consorcio impulsou hai meses esta iniciativa, tendo ademais unha duración que se alongará no tempo, que hoxe se completa coa adxudicación do servizo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: