O PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL PERMITE QUE MÁIS DE 20 MOZOS E MOZAS DE CURTIS COÑEZAN A ACTIVIDADE EMPRESARIAL DA ZONA

  • Os participantes no proxecto promovido pola Asociación Galicia Inxenia, realizarán estadías-visitas en empresas relevantes da comunidade autónoma
  • Deseñando o teu futuro é unha iniciativa piloto de educación non formal  a través da cal mozos e mozas de entre 14 e 18 anos poden realizar pequenas estadías titorizadas en centros de traballo coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas

 

Curtis (A Coruña), 18 de outubro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañou hoxe aos participantes no proxecto promovido pola Asociación Galicia Inxenia no marco do programa Deseñando o teu futuro nunha visita á S.A.T Queinaga, unha das empresas máis relevantes da nosa comunidade autónoma na fabricación de queixos con denominación de orixe Arzúa Ulloa e Tetilla, con proxección internacional. Así mesmo, destaca pola comercialización de manteiga cocida de vaca.

 

Trátase de 21 mozos e mozas do IES de Curtis que a través desta iniciativa da Consellería de Política Social se achegan á realidade do ámbito laboral con estadías-visitas en distintas empresas da zona. Cunha duración de seis días, permiten aos participantes nesta experiencia  coñecer varios proxectos empresariais da zona. Así entre o 4 e 26 de outubro se desprazarán ata as instalacións das firmas Bioetanol Galicia, S.A., Industrias Losán, S.A., Bodeus Delicatessen, S.L.U., S.A.T. Queinaga e S.A.T. A Campa no Concello de Curtis, Milhulloa, S.C.G en Palas de Rei, e a Casa do Queixo e Aldea de Barrio, S.L. en Sobrado dos Monxes.

 

O programa Deseñando o teu futuro é unha iniciativa piloto de educación non formal  a través da cal mozos e mozas de entre 14 e 18 anos poden realizar pequenas estadías titorizadas en centros de traballo. Un proxecto de aproximación dos mozos e mozas galegos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías-visitas en distintos sectores das empresas.

 

Cecilia Vázquez sinalou que “o obxectivo de Deseñando o teu futuro é aproximar aos mozos e mozas á realidade laboral en aquelas profesións e especialidades que eles mesmos desexen coñecer”. Así mesmo engadiu que “fomenta a  iniciativa, a toma de decisións e a responsabilidade que supón calquera posto de traballo, ao tempo que mellora o seu currículo”.

 

No marco deste programa no 2016 fináncianse 13 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitarán que un total de 351 mozos e mozas realicen estadías-visitas en empresas.

 

A titular do departamento autonómico manifestou que “esta experiencia serve para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e futura formación académica e profesional. A finalidade deste programa é ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal, para axudalos na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para que coñezan a realidade da empresa previamente e así decidir a súa traxectoria formativa profesional”.

 

As estadías-visitas en empresas teñen unha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles e se establece unha xornada mínima diaria de catro horas. O número máximo de mozos e mozas participantes por proxecto non pode exceder de 30.

 

A cantidade subvencionable a cada entidade e concello ou agrupación de concellos se calcula a razón de 6 euros por participante día, para cubrir os gastos de manutención e desprazamento do mozo ou da moza e 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías-visitas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: