Real Filharmonía de Galicia en Afundación Vigo

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá o vindeiro 26 de outubro, ás 20.30 h, un concerto da Real Filharmonía de Galicia, que nesta ocasión será dirixida por Christoph König. Esta actuación é parte da oferta prevista para a presente tempada de música clásica de Afundación na cidade de Vigo. Nela, a agrupación interpretará Sinfonía núm. 31 en re maior «París», KV 297 de Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791), Le festin de l’araignée, Op. 17 de Albert Roussel (1869-1937), e Sinfonía de cámara de Franz Schreker (1878-1934).

As entradas están á venda a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500, para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Este concerto está encadrado na iniciativa «Quedamos no palco» que permitirá acudir de xeito gratuíto a mozas e mozos de ESO e bacharelato. 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: